Velaquí tendes a
Palmira -alumna de Ciclo Medio de Xestión Administrativa, 2º curso-, na segunda sesión sobre
MANGA co alumnado de 1º ESO A ,
ao que tamén acudiu o profe de Lingua e Literatura Galega, Xesus, e mais Carmen, a xefa do Departamento de Orientación. A verdade é que nos gustou moito este Obradoiro de Manga. Daquela, agradecemos a Palmira a xenerosidade de seu ao querer colaborar co Equipo de Dinamización da Biblioteca partillando os seus coñecementos sobre o tema.
Con esta actividade desexamos facer visíbel, unha vez máis, que as persoas atopan maior beneficio na colaboración que no individualismo. Por esa razón, e dado que tamén somos da opinión de que todos aprendemos de todas -e viceversa-, estamos satisfeitas de materializar este tipo de aprendizaxe que, alén de coñecementos concretos, favorece a integración e a posta en valor de habilidades que non sempre son percibidas no noso sistema educativo. Palmira constitúe un bo exemplo disto que explicamos.
Moitas grazas Palmira! PASÁMOLO MOI BEN CONTIGO E APRENDEMOS UN MONTÓN!!
Grazas tamén a Carmen, a nosa Orientadora, e mais a Xeus e Ana Pose por estardes dando apoio co voso exemplo ao participardes neste Obradoiro de Manga co que nos agasallou Palmira!