Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións

23 de novembro de 2020

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Equipo de Igualdade, en colaboración coa Bilioteca, ten prevista unha serie de actividades con  motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero que se van celebrar na Biblioteca con participación de todos os niveis educativos do centro e do profesorado.

Trátase dunha iniciativa levada a cabo para nos concienciar do grave problema que é o machismo e das respostas que lle debemos dar para frealo, facelo desaparecer e chegar á verdadera igualdade.

Neste blog daremos cumprida conta dos distintos actos programados ao longo da semana, segundo o calendario previsto para cada día.


LUNS, 23 de novembro

6 de maio de 2019

Lecturas de 1 minuto



                                                                                                                                                                            

   Abril é un mes bonito. Ás veces chove, pero non sempre. En todo caso, gostamos da chuvia, así é
   que o noso equipo da biblioteca tira cara a adiante, á marxe das condicións meteorolóxicas.
   Como diría Galeano hai que intentar a utopía, porque, malia non a acadar nunca totalmente, esa
   tendencia de pretendermos un obxectivo difícil contribúe á nosa mellora.

    Isto de "estar en la llama" -eis a expresión que adoitamos empregar para facer referencia á nosa loita
    neste espazo educativo- gústanos, porque xera enerxía para facer cousas diferentes. Neste mes de
    abril, de feito, levamos a cabo varias ben chulas. Obradoiros de Poesía, Lecturas nos recreos...
    Velaquí a nosa favorita: AUTORAS DUN MINUTO


                                                "AUTORAS DUN MINUTO".
   Esta actividade consistía nunha lectura dun texto dalgunha escritora, poeta ou filósofa. Léronse
   pois poemas de Emily Dickinson, Gloria Fuertes, Safo, Ernestina de Champourcín, fragmentos
   de Simone Beauvoir, Despentes ou Hannah Arendt. Tamén fragmentos de Virginia
   Woolf ou Belén Copegui, entre tantas outras. Iso si, fixemos fincapé nas nosas poetas galegas,
   certamente brillantes e luminosas. Recitamos xa que logo poemas de Celia Parra, Alba Cid,
   Arancha Nogueira, Yolanda López, Yolanda Castaño, Lupe Gómez, Olga Novo,
   XELA ARIAS, Ana Romaní, Xiana Arias, MDC -que xa estivo con nós polo skype-,
   María Reimóndez, Berta Dávila, Estíbaliz Espinosa, Olalla Cociña e moitas máis.

  Foi emocionante para nós ver a nosa biblioteca OKUPADA polo alumnado, que, moi
  xenerosamente, cedeu parte do seu tempo de lecer para contribuír ao
  desenvolvemento desta nosa actividade, que se sitúa  na liña do Proxecto Ágora, presentado
  en claustro de xuño, no 2017 .

   Queremos agradecer á Dirección do centro o apoio incondicional que nos brindou para levar á práctica esta actividade, un apoio que se materializou na participación explícita de seu. Estamos moi ledas entón de que Chicho, MERCEDES e Severino depositasen a súa confianza en nós e lesen tamén algún texto. Chicho leu sobre a vida de Madame Curie, unha científica extraordinaria e Mercedes leu un fragmento ben interesante de Elsa Punset sobre a  intelixencia emocional, non sempre ben traballada, malia ser imprescindíbel para mantermos relacións sás. Severino leu un anaco da biografía de Catalina la Grande.

  Lourdes e máis eu procuramos sempre ver o lado positivo das cousas, porque nos gusta CONSTRUÍR, PARTICIPAR, COLABORAR e DAR APOIO ás compañeiras, que, coma nós, acreditan nun sistema educativo INTEGRADOR, INCLUSIVO e POROSO.

 Facemos tamén explícito o noso agradecemento ás compañeiras que non se limitaron
 a observar senón que colaboraron en todo, botando sempre unha man para que todo fluíse.

   Balance positivo!!!




3 de maio de 2019

Festival Olloboi

Biblionamorad@s desexa moita sorte ao alumnado participante no traballo realizado a partires do roterio rosaliano feito en Padrón para celebrar o día de Rosalía.

A curta presentarase o próximo venres 10 de maio na 9ª Edición do Festival audiovisual escolar Olloboi.

Parabéns a todas as personas que fixeron posible o roteiro e a magnífica curta!!!!

 Moitísima sorte!!!!



25 de abril de 2019

Semana do Libro 2019 - Lecturas de 1 minuto




Na semana do 24 de abril e de principios de maio tivemos na nosa Biblioteca
unha actividade incesante !
Organizamos unhas xornadas de lectura nos recreos, AUTORAS DUN
MINUTO, na que tanto o alumnado coma o profesorarado
leron fragmentos das súas escritoras favoritas. O percorrido literario foi
pois longo. De Safo a Despentes. De Beauvoir a Dickinson. De Olga Novo
a Estíbaliz Espinosa. Cada lectura era introducida por un breve comentario
na que a persoa participante explicaba o motivo da súa elección.


Alén destas sesións de lectura, houbo dous Obradoiros de Poesía,
impartidos por Rosa, destinados aos dous Clubs de Lectura:

O mércores, 24 de abril: Obradoiro de Poesía
para 1º e 2º ESO (5 horas)
O venres, 26 de abril: Obradoiro de Poesía
para 1º BAC (5 horas)

A verdade é que as persoas que integramos o equipo da
biblioteca -Lourdes Lema, Isabel Mouriño,
Ana Pose e Rosa Enríquez- estamos moi satisfeitas co
ambiente xerado neses días con todas estas actividades.

Seguimos entón facendo camiño para dar luz
e foco a un dos espazos máis necesarios en calquera centro
educativo: a biblioteca escolar.

28 de novembro de 2018

INVISIBLES, DE MONTSE FAJARDO





O xoves, 23 de novembro, Montse fajardo veu visitar o noso centro para falar co alumnado de 4º ESO e 1º BAC sobre o seu libro INVISIBLES. Este encontro foi organizado polo Departamento de Normalización Lingüística coa idea de poñer enriba da mesa un tema moi grave: a violencia contra as mulleres.

Matilde Pena, a coordinadora de Normalización, escolleu este libro entón non só polo tema que aborda, como podería parecer de entrada. Tamén, e moi importante, porque os relatos son reais. As mulleres das que escribe Montse existiron e padeceron a violencia das súas parellas. Dende a Biblioteca entendemos que o Equipo de Normalización quixo facer visíbel que un tema tan grave coma este, do que se ten falado tanto en todos os medios de comunicación, non desaparece, entre outras cousas porque, á hora da verdade, poucas persoas ousan denunciar o seu veciño, pai, tío ou colega. Por esta razón, as nosas amigas, nais, curmás, veciñas non sempre atopan o apoio social que precisan e fica na máis absoluta INIVISIBILIDADE, vitimizadas e soas. Que esta violencia que se produce no espazo íntimo é unha cuestión política e social que nos afecta a todas e todos, é algo que aínda temos que aprender a levar á práctica para non sermos cómplices. Fajardo falou disto, deste silencio que converte en INVISIBLES os maltratadores. Quen son?; como se chaman?; onde viven?

O alumnado estivo moi atento e manifestou grande interese polo que relatou a autora durante a charla. Fixeron pois moitas preguntas, algo que nos agradou, porque se xerou unha conversa moi arriquecedora para toda a comunidade educativa. Dende a biblioteca aplaudimos esta actividade!


15 de maio de 2018

Premio ao mellor guión - Olloboi 2018

Moitísimos parabéns aos 12 alumn@s de 1º, 2º e 4º da ESO do IES Macías o Namorado polo premio ao mellor guión recibido o venres, 11 de maio, no Encontro Olloboi 2018 (festival de cine para escolares).

Curtametraxe realizada no IES Macías O Namorado de Padrón nun obradoiro de audiovisual para tratar o tema da mediación en conflictos. Inclúe a canción de Sés: «Readmirando a condición».


Sentímonos moi orgullos@s do voso traballo e talento!


17 de abril de 2018

Divinas palabras revolution

"El que esté libre de pecado que tire la primera piedra"


Hoxe, dende a calma que  nos proporciona o paso do tempo, e impactad@s pola representación de Chévere no CDG, reflexionamos sobre o mundo da Galicia do século XXI, dominado pola violencia, a irracionalidade e as paixóns humanas.

Os comentarios máis escoitados entre o noso alumnado foron: "necesito reflexionar sobre a obra", "necesito tempo para asimilar a mensaxe"...

O certo é que non deixou a ninguén indiferente!

A obra conseguiu remover conciencias, activar o pensamento crítico, a reflexión...

Grazas mil por "revolucionar" ao noso estudantado!!!


7 de abril de 2018

Divinas palabras Revolution - CDG

O próximo martes 17 de abril, o alumnado de Bacharelato asistirá á representación de Divinas palabras Revolution, unha produción do Centro Dramático Galego a partir do texto de Ramón María del Valle-Inclán.
Deixámosvos esta presentación como "aperitivo"!

15 de marzo de 2018

Encarna Otero. "Mulleres das Irmandades da Fala: María Miramontes"

Onte, mércores 14 de marzo, na biblioteca do IES Macías o Namorado, tivemos  o pracer de escoitar e disfrutar da charla da historiadora e feminista Encarna Otero.

"Mulleres das Irmandades da Fala: María Miramontes" foi o titulo escollido para esta conferencia destinada para o alumnado de Bacharelato.




Escoitamos nomes como Maria Miramontes, Amparo López Jean, Micaela Chao Manciñeiras, Elvira Bao, Pura Lorenza, Coroa González, entre outras. "Mulleres do seu tempo, modernas, traballadoras e activistas", din, que "foron pioneiras en moitos aspectos como o de loitar para que a muller fose suxeito político".












"Elvira Bao" en persoa, grazas á marabillosa colaboración da profesora Carme Saborido, non dubidou en asistir á conferencia para presentar, ao noso alumnado, á historiadora Encarna Otero.