O próximo martes, 24 de outubro, celebraremos a primeira reunión dos clubs de lectura ÁGORA.
Xuntarémonos na Biblioteca do centro ás 15:15.
O alumnado de primero e segundo, coordinado pola profesora Anabel, comentará o libro de Agustín Fernández Paz, Rapazas.
¿Que estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Que
sucede cando se mantén unha estarrecedora relación cun fantasma? ¿Que
segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas
son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de
Agustín Fernández Paz. Rapazas, un dos clásicos da nosa literatura para
adolescentes, recolle seis historias moi diversas, pero cun fío común:
todas elas teñen unha rapaza como protagonista. Deste xeito, as páxinas
de Rapazas achégannos un retrato plural desa etapa fronteiriza chamada
adolescencia. A nova edición de Rapazas dentro da colección Fóra de Xogo
foi totalmente revisada polo autor, que reescribiu cada un dos contos
publicados por Xerais en 1993.
As rapazas e rapaces de 4º e de 1º de Bacharelato, acompañados pola súa profesora Lourdes, farán o mesmo, pero co libro de Marjane Satrapi, Persépole.

Contamos con vós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario