3 de abril de 2019



    BEFORE







  AFTER


Onte, martes 2 de abril, tivemos un acto ben interesante na Biblioteca. A profesora Carme Saborido, impartiu unha charla sobre a lingua portuguesa para o alumnado de 1º ESO e 2º ESO. O devandito acto foi xestionado polo Equipo de Normalización Lingüística -coordinado por Matilde Pena- ao que Carme pertence.

Nesta charla, que durou dúas horas, o alumnado tivo a oportunidade de prestar atención a algo no que talvez non reparara moito: A IMPORTANCIA DO PORTUGUÉS NO MUNDO.  Carme mencionou entón moitos dos lugares nos que se usa este idioma na vida cotiá, lugares tan singulares como unha parte da India ou de China. Tamén lles fixo ver a pertinencia de estudar esta lingua, dende un punto de vista práctico, para poder buscar traballo no Brasil, que, a día de hoxe, é unha das principais potencias económicas. Non ten de ser moi difícil para nós, como galegas/os, adquirir a destreza lingüística de nos comunicar nun idioma que xa sen o estudar comprendemos, algo lóxico se temos conta de que son galego e portugués son dúas linguas irmás...

A charla de Carme dividiuse entón en dúas partes. A primeira centrouse na visibilización da UTILIDADE e importancia de estudar portugués, pois, dende o punto de vista  sociolingüístico e socioeconómico pode facilitar un desenvolvemente laboral exitoso.

A segunda parte da charla, a nosa profe centrouse en aspectos propiamente lingüísticos, amosando, por exemplo, as similitudes entre o galego e mais o portugués, así é que tirou cara a unha liña máis práctica.


Dende a Biblioteca, queremos dar os parabéns ao Equipo de Nromalización por esta iniciativa tan interesante e necesaria. Abrir a visión para que o alumnado adquira maior perspectiva parécenos imprescindíbel. Grazas, Carme Saborido! Queréseche moito aquí!!

Ningún comentario: