9 de novembro de 2020

NOVAS

CLUBE DE LECTURA

Estanse a organizar os grupos para o clube de lectura Bibliomacías. Cando estean fixados indicaranse como quedan conformadosos os grupos e os libros para ler este trimestre.

                                                                                       


 MES DA CIENCIA EN GALEGO




 Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Deixámosvos un enlace ao manifesto publicado por Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela:

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/files/Manifiesto_mesdacienciagalegob14.pdf

 Deixámosvos tamén un enlace a unha selección de libros de divulgación científica publicados en galego:

https://www.pinterest.es/bescolaresgal/ciencia-en-galego-nas-bibliotecas-libros-informati/  

 

 LETRAS GALEGAS 2020




 CERTAME "Musicando Carvalho Calero".

Para dar a coñecer a obra de Ricardo Carvalho Calero , a Radio Galega e a Associaçom Galega da Língua (AGAL) convocou o concurso 'Musicando Carvalho Calero'. Xa hai gañador! Trátase do grupo Clásicos Libres, co tema Ferrol 1916. Escoitádea, a ver se vos gusta!

 https://www.youtube.com/watch?v=szASCsHN19I&feature=emb_logo  

 

                      

 

 

 

 

 

Ningún comentario: