Este martes reunise o clube de lectura de 4º de ESO para partillar impresións sobre o libro O FARO ESCURO de María López Sande. Grazas a todos os participantes, foi ben interesante e divertido escoitar as vosos comentarios.
As dúas
protagonistas da novela son profesionais
de éxito: Marta, xornalista galega de
sona, e Elisa Neira, inspectora de
policía. As dúas mulleres van ter que tomar decisións difíciles e arriscadas
que influirán no decorrer da súa vida e tamén na dos demais. Un asasino en serie, un secuestro, un faro
escuro… Se che gusta a novela negra,
anímate tamén a lelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario