Visita das escritoras Andrea Maceiras e María Reimóndez
Non se pode dicir que non aproveitamos ben esta semana. Aínda que de xeito virtual, tivemos o pracer de recibir no instituto a dúas escritoras: Andrea Maceiras e María Reimóndez.
O luns, María Reimóndez comentou co alumnado de 4º de ESO a súa obra A dúbida. María foi esmiuzando os temas reflectidos no libro: violencia de xénero, abusos sexuais a menores, pederastia, explotación de menores etc. Pero tamén lembrou as mulleres valentes coma Deli, a protagonista, que loitan por sacar a verdade á luz. Ler esta obra lévanos a reflexionar sobre un tema tan grave e que non sempre está suficientemente visibilizado.
Comentamos
con Andrea a actitude dos
personaxes, os capítulos que máis nos impactaron, o proceso de
creación do libro etc. Pero tamén falamos de acoso, de acosadores activos e
pasivos, de respostas, de solucións… e aínda nos quedou tempo de coñecer unha das súas gatas.
Moitas grazas ás dúas escritoras pola súa visita
Ningún comentario:
Publicar un comentario