Clube de Lectura de 3º de ESO
As rapazas do 3º de ESO mergulláronse este trimestre no libro Mentira de Caré Santos.
A historia trata de Xenia, unha moi boa estudante que namora de Marcelo, un rapaz ao que coñece por internet. Ela quere saber cousas del e comeza a investigar… Agárdaa unha sorpresa non moi agradable: nin a foto nin o nome do seu namorado son reais. Quen é en realidade o rapaz do que namorou? Un paquete que lle envían desde o correccional de menores vai aclarar todo.
Moitas grazas ás nosas lectoras.