18 de marzo de 2022

Clube de Lectura de 3º de ESO

As rapazas do 3º de ESO mergulláronse este trimestre no libro  Mentira de Caré Santos.


A historia trata de Xenia, unha moi boa estudante que  namora de Marcelo, un rapaz ao que coñece por internet. Ela quere saber cousas del e comeza a investigar… Agárdaa unha sorpresa non moi agradable: nin a foto nin o nome do seu namorado son reais. Quen é en realidade o rapaz do que namorou?   Un paquete que lle envían desde o  correccional de menores vai aclarar todo.

Moitas grazas ás nosas lectoras. 


 

 

Ningún comentario: