CONTOS DE FANTASMAS
NO MUSEO
O martes 26 de abril desprazámonos a Lugo para participar nas actividades que o Museo Provincial organiza arredor do libro Contos de fantasmas no museo, que leu o alumnado dos clubes de lectura da ESO.
O libro, publicado polo museo, componse dunha
serie de relatos ambientados no museo e
elaborados por autores e autoras con moita
aceptación nos clubes de lectura, coma
Andrea Maceiras, Carlos Negro, Ledicia
Costas...
A xornada completouse cun ameno percorrido por lugares
interesantes de Lugo e a súa muralla.
O comportamento dos nosas lectoras e lectores foi
IMPECABLE, deixando impresionados ao persoal do museo e do
á guía do roteiro pola muralla.
Moitísimas grazas a todas e a
todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario