Derradeira reunión do club de lectura
Esta semana fixemos a derradeira reunión do club de lectura de terceiro de ESO. Parabéns ás nosas lectoras e moito ánimo para non deixardes nunca de ler.
O libro que nos serviu para baixarmos a persiana do club é unha novela negra, O CONSERXE, de X.L. Vázquez Somoza.
Un triste acontecemento perturba a vida nun IES: o cadáver de Iria, unha alumna de 1º de bacharelato , aparece colgado no aro dunha canastra. A policía cre que se trata dun sucicidio, pero o conserxe do instituto non está de acordo, así que comeza unha investigación pola súa conta que o leva a descubrir que nada é o que parece.
Unha novela que atrapa desde o comezo e que pode ser unha boa
lectura para este verán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario