2 de outubro de 2024

                                                                                                                                      BIBLIOMACÍAS

 

HORARIO DE EMPRÉSTITO

 

1º RECREO (10, 25 - 10,45 h.): MARTES, XOVES E VENRES

 

ATENDEN: VERÓNICA E ISABEL

                                       

 

2º RECREO (12, 25 - 12,45 h.): MARTES

 

ATENDE: VERÓNICA

 

 

 

HORARIO DE DEVOLUCIÓNS

 

1º e 2º RECREO: DE LUNS A VENRES: (10, 25 - 10,45 h./12, 25 - 12,45 h)

 

                     ATENDE: PROFESOR/-A DE GARDA

28 de maio de 2024

Gañadores do concurso "Sae do sal"

O pasado venres 24 de maio fíxose entrega dos premios aos gañadores do concurso Sae do sal! organizados polo equipo Nutriactívate do Macías e que contou coa colaboración da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Os proxectos presentados polo alumnado estiveron expostos no vestíbulo do edificio principal para que toda a comunidade escolar se concienciase sobre os riscos dun consumo excesivo do sal. Os gañadores foron:

1º Premio

Cartaz deseñado por NPD e MZM


2º Premio:

Cartaz deseñado por SFT e MBP

XVI Xornada de Clubs de lectura

O martes 14 de maio o coordinador da nosa biblioteca, Miguel Ángel, acudeu á XVI Xornada de Clubs de lectura que tivo lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Nesa xuntanza, á que acudiron máis de 400 coordinadores de bibliotecas escolares, entregouse o Premio dos Clubs de lectura 2024. A autora premiada este ano foi Arantza Portabales que, como podedes ver na imaxe, adicounos un dos seus libros.

O resto da xornada, tiveron lugar diversos obradoiros de poesía e teatro así como mesas nas que se compartiron experiencias arredor dos clubs de lectura.

Dedicatoria de Arantza Portabales


30 de abril de 2024

CONCURSO SAE DO SAL

O Departamento de Ciencias, a Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística convocan ao alumnado do IES Macías ao concurso SAE DO SAL! que da comezo a partires do xoves 2. O prazo de entrega dos proxectos será do 2 ao 8 de maio e a exposición terá lugar do 13 ao 19 de maio. Os traballos pódense entregar na Biblioteca, aos profesores encargados ou ao alumnado colaborador (estes traballos deixaránse no mostrador de empréstito).

Aquí vos deixamos a información sobre o concurso e as bases da convocatoria. Animádevos a participar!






29 de abril de 2024

RESULTADOS I TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS MACÍAS O NAMORADO

O pasado mércores 24 de abril, o noso centro foi o escenario do emocionante I Torneo de Xadrez Intercentros Macías o Namorado, que reuniu os xogadores máis talentosos dos IES da contorna, o IES Camilo José Cela e o IES Espiñeira. O ambiente estaba cargado de competitividade e emoción, creando unha atmosfera única para os amantes do xadrez.

Os finalistas de cada centro que participaron neste evento foron os seguintes:

IES Macías o Namorado:

  • S.A.O.C. (4º ESO)
  • A.B.V. (1º Bacharelato)

IES Espiñeira:

  • A.C.R. (2º ESO)
  • S.S.R. (2º Bacharelato)

IES Camilo José Cela

  • P.G.R. (2º ESO)
  • H.G.F. (1º Bacharelato)
Despois de 6 rondas, os resultados foron os seguintes:

Nun emocionante xiro dos acontecementos, dous destacados xogadores, S.A.O.C do IES Macías o Namorado e S.S.R. do IES Espiñeira lograron un empate no I Torneo de Xadrez Intercentros con 4 puntos cada un. Ante esta situación de paridade, fíxose necesario recorrer a un desempate para determinar ao campión indiscutible do torneo.
O desempate baseouse na vitoria obtida na partida na que ambos os xogadores se enfrontaron directamente e polo tanto S.S.R. do IES Espiñeira se fixo co título de campión deste I Torneo Intercentros Macías o Namorado.

Porén, na clasificación por centros participantes, o noso IES fíxose co campionato no I Torneo de Xadrez Intercentros, demostrando o talento e a dedicación dos nosos xogadores. Noraboa a todos os participantes por este logro!



22 de abril de 2024

I TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS MACÍAS O NAMORADO

Bo día, xadrecistas!

Traemos unha boa nova! Queremos anunciarvos que o noso centro será sede do I Torneo de Xadrez Intercentros Macías o Namorado. Nesta primeira edición contaremos con xogadores do IES Espiñeira de Boiro, o IES Camilo José Cela de Padrón e os campións do noso propio torneo. 

O torneo terá lugar o vindeiro mércores 24 de abril, no salón de actos do noso IES, entre as 10 da mañá e a 1 da tarde. Os mellores xogadores de xadrez de diferentes centros educativos reuniranse para demostrar as súas habilidades e competir polo título de Campión Intercentros.

O torneo constará de partidas de 8 minutos e nas que irán xogando todos contra todos. Será campión ou campioa aquel con mellor puntuación e haberá premios para o 1º e 2º clasificado.


ENTREGA DE PREMIOS DO II TORNEO DE XADREZ BIBLIOMACÍAS


Bo día, campións de xadrez!
Estamos emocionados de anunciar os resultados do torneo de xadrez que tivo lugar nos recreos dos últimos meses! Foi unha batalla axedrecística chea de estratexia, intelixencia e moita diversión.

Aquí tendes as iniciais e curso dos 4 primeiros clasificados.

  • 1º Premio: SOC (4º ESO)
  • 2º Premio: ABU (1º BACH)
  • 3º Premio: DUL (1º CS ADMIN)
  • 4º Premio: ABA (1º ESO)
O reparto de premios terá lugar hoxe día 22 de abril no 2º recreo no salón de actos. Este reparto quedará da seguinte maneira:
  • Terceiro e cuarto clasificado: un bono para empregar na cafetería.
  • Primeiro e segundo clasificado: un bono para empregar na cafetería e trofeo.

5 de febreiro de 2024

PONLLE NOME Á BIBLIOTECA

 Deixa no comentario o teu nome proposto. Tes ata despois da Pascua para participar.



25 de xaneiro de 2024

CLUBE DE LECTURA DE PROFES

LISTAXE DE LECTURAS PROPOSTAS PARA ESTE TRIMESTRE 

ACTUALIDADE

TRILOXÍA DE DOMINGOS VILAR: Ollos de auga. A praIa dos afogados. O último barco

DOMINGOS VILAR: Algúns contos completos

RODRIGO COSTOYA: Misarela

ANTÍA YÁÑEZ: Senlleiras

PAULA CARBALLEIRA: As alumnas (Premio Necional de Teatro 2023)

NARRATIVA/TEATRO CLÁSICO


EDUARDO BLANCO AMOR: A esmorga

RAFAEL DIESTE: A fistra baleira

A. D. R. CASTELAO: Os dous de sempre; Os vellos non deben de namorarse; Cousas e Retrincos.

POESÍA ACTUAL

YOLANDA CASTAÑO: Materia (Premio Nacional de poesía 2023)

ROSA ENRÍQUEZ: Vacastras.Vestíbulo da devastación. Historia do meu corpo en labaradas

ALBA CID: Atlas

OLGA NOVO: Feliz Idade

ORIANA MÉNDEZ: O corazón pronúnciase extenso                                                         

PATRICIA BENITO: Primero de poeta

ANTOLOGÍA:  Poesía española 1990-2010

POESÍA CLÁSICA

XELA ARIAS. Tigres coma cabalos

MANUEL MARÍA: Terra Cha

F.G. LORCA: Poeta en Nueva York

PABLO NERUDA: Veinte poemas de amor y una canción desesperada

DELMIRA AGOSTINI: Los cálices vacíos





Deixa o teu comentario sobre a seleción. Nas seguintes entradas incluiranse os títulos que vexades que tamén se poden recomendar.







16 de xaneiro de 2024

 CLUBE DE LECTURA DE PROFES

Neste mes comezará a súa actividade o Clube de lectura do profesorado do IES Macías o Namorado e estará dirixido polo coordinador da Biblioteca.

O coordinador propondrá un libro de lectura por trimestre, o primeiro dunha lista recomendada da que os membros poderán escoller outro ou propoñer unha lectura non incluida na lista por resultar entretida, interesante, atractiva ou divertida.

Unha vez lido o libro, en lugar de facer unha reunión, comentaremos as nosas impresións e  valoracións sobre a lectura no sección PUBLICAR UN COMENTARIO deste blog.




Así, para romper o xeo, comezaremos coa última novela de Pedro Feijoo, Ninguén contará a verdade, Premio Xerais do ano pasado.





A proposta inicial de Antonio foi a lectura de Revolución I de Gouzael e Locars, 
unha novela gráfica sobre a Revolución francesa, da que tedes unha reseña nos comentarios.