Bo día, campións de xadrez!
Estamos emocionados de anunciar os resultados do torneo de xadrez que tivo lugar nos recreos dos últimos meses! Foi unha batalla axedrecística chea de estratexia, intelixencia e moita diversión.
Aquí tendes as iniciais e curso dos 4 primeiros clasificados.
- 1º Premio: SOC (4º ESO)
- 2º Premio: ABU (1º BACH)
- 3º Premio: DUL (1º CS ADMIN)
- 4º Premio: ABA (1º ESO)
O reparto de premios terá lugar hoxe día 22 de abril no 2º recreo no salón de actos. Este reparto quedará da seguinte maneira:
- Terceiro e cuarto clasificado: un bono para empregar na cafetería.
- Primeiro e segundo clasificado: un bono para empregar na cafetería e trofeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario