ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA
TORNEOS DE XADREZ
Entre os meses de Novembro de 2024 e Xuño de 2025 celebrouse o III Torneo de Xadrez Biblomacías, o II Torneo de Xadrez Intercentros Macías o Namorado e o I Torneo de Xadrez do Profesorado.
O campión do III Torneo Bibliomacías foi un alumno de 2º de Bacharelato e o subcampión de 1º de Bach. A representante do IES Félix Muriel de Riveira foi a gañadora do II Torneo Intercentros, no que tamén participaron, ademais do noso centro, o IES Camilo José Cela e o IES Espiñeira de Boiro. O profesor David Rodríguez Miguéns foi o campión do I Torneo do Profesorado.
CLUBES DE LECTURA
O Clube de Lectura Bibliomacías deste curso estivo formado por tres grupos de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bach. As lecturas propostas tiveron unha moi boa acollida e foron do agrado dos e das participantes, disfrutando non so da lectura senón tamén da conversa e do debate nas reunións, así como a interrelación entre compañeiras/-os.
As lecturas deste curso foron a seguintes:
REUNIÓNS E LECTURAS DO CLUBE | |
3º ESO | |
1º Trimestre O conserxe. Xosé Luis Vázquez Somoza Editorial Xerais | Martes, 17 de decembro de 2024; de 15, 00 a 15,45h. (Paula). Aula de referencia |
2º Trimestre Mentira. Care Santos | Martes, 8 de abril de 2025; de 15, 00 a 15,45h. (Paula). Aula de referencia |
3º Trimestre A ladroa da biblioteca de Meirás. Eva Mejuto | Xoves, 17 de xuño de 2025; de 15, 00 a 15,45h. (Ana). Aula de referencia |
4º ESO | |
1º Trimestre No son mariposas, son elefantes. Sonia Mirón Editorial Círculo Rojo SL | Martes, 26 de novembro de 2024; de 15, 00 a 15,45h. (Lourdes). Biblioteca |
2º Trimestre O home que matou a Antía Morgade de Arantza Portabales | Martes, 8 de abril de 2025; de 15, 00 a 15,45h. (Lourdes) Aula de referencia |
3º Trimestre O Souto dos catro ventos. Masría Oubiña | Martes, 17 de xuño de 2025; de 15, 00 a 15,45h. (Lourdes) Aula de referencia |
1º BACH | |
1º Trimestre Golpes de luz. Ledicia Costas | Martes, 17 de decembro de 2024; de 15,00 a 15,45h. (Miguel Ángel). Biblioteca |
2º Trimestre La chica del tren. Paula Hawkins | Martes, 8 de abril de 2025; de 15, 00 a 15,45h. (Miguel Ángel). Biblioteca |
3º Trimestre O bosque dos raposos aforcados. Arto Paasilinna | Martes, 17 de xuño de 2025; de 15, 00 a 15, 45h. (Miguel Ángel) Biblioteca |
COORDINADOR DA BIBLIOTECA: MIGUEL ÁNGEL PRIETO RODRÍGUEZ
COLABORADORAS: LOURDES LEMA PORTEIRO, PAULA ANTÍA REY BALIÑA E ANA SOTO PERALBA
III XUNTANZA CLUBES DE LECTURA DA CONTORNA EN PADRÓN
O noso centro organizou neste mes de xuño III Encontro de Clubes de Lectura da contorna, no que participaron o IES Félix Muriel de Rianxo, o IES Espiñeira e o IES Cachada de Boiro. O alumnado participante tivo a oportunidade de visitar a Casa de Rosalía de Castro, a Fundación Camilo José Cela e facer unha xincana cultural-literaria polas rúas de Padrón.
Formáronse tres grupos para facer o percorrido alternando cada actividade; mentres un grupo visitaba a casa de Rosalía, o outro grupo visitaba a Fundación Cela. O grupo do noso instituto fixo a visita á Fundación Cela e posteriormente xuntouse cos grupos visitantes para facer a xincana por Padrón.
A xornada da mañá comezou ás 10 horas e rematou sobre as 12,45, cun descanso de quince minutos ás 11.00 horas. De volta ao instituto, o alumnado puido visitar o noso centro ata as 13,45, hora prevista para xantar.
Inicialmente estaba previsto facer o xantar no Santiaguiño (área recreativa preto do Instituto), pero a choiva obrigou a facer modificacións no programa e o alumnado tivo que xantar nos lugares habilitados no instituto (cuberta traseira e cafetería).
Tras o xantar, o alumnado puido desfrutar cos xogos populares que se tiñan preparados no ximnasio do centro e dos xogos de mesa da Biblioteca, e ás 16,00 horas, como remate das actividades, o alumnado asistiu a representación teatral de Os vellos non deben de namorarse de Castelao, interpretada polo alumnado de 2º de ESO e dirixida polas profesoras Natividad e Alba, representación que foi do agrado tanto da rapazada como do profesorado, ao tempo que se presentaba tamén como homenaxe a Castelao polo seu aniversario.
Aínda que a preparación da xuntanza esixiu tempo e esforzo, pagou a pena ver como o alumnado participou, interactuou e se divertíu nunha xornada na que a lectura converteuse nun punto de encontro para facer novas amizades, intercambiar impresións e coñecer o noso centro e a súa contorna.
Foi unha experiencia coa que aprendeu tanto o alumnado como o profesorado e esperamos que teña continuidade o curso que ven.
VOLUNTARIADO
Este curso volvemos contar con dúas alumnas e seis alumnos voluntarios/-as para colaborar na xestión, ordenación de materais e empréstito da Biblioteca. A súa aportación foi de grande axuda para o coordinador ao tempo que unha actividade entretida e de aprendizaxe para o alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario