24 de marzo de 2009

JULI Y LOS LOBOS




Este venres, 27 de marzo, terá lugar na aula 28, a reunión do Club de Lectura "Liñas de fuga" para os máis cativos, 1º E.S.O. Será durante o primeiro recreo. Comentaremos a novela "Julie y los lobos", proposto para o clube pola profesora de lingua española, Ángeles Sandino, de quen tamén partiu a idea de ler unha selección dos artigos de Larra. Este ano conmemóranse os 169 anos da súa morte, xa que logo consideramos interesante propoñelo para os rapaces de 3º e 4º E.S.O.

3 de marzo de 2009

A VISITA DE ANXO ANGUEIRA

No mes de xaneiro, tivemos o pracer de contar con Anxo Angueira no centro e puidemos escoitar na súa voz as palabras de Rosalía. A potencia e a forza interpretativa do poeta de Manselle emocionaron a alumnas e alumnos. Ao profesorado tamén.
Eis parte deste fermoso recital:



19 de febreiro de 2009

ALBERTE VILLAMARÍN, PROTAGONISTA DA SEMANA

En todas partes onde alguén pranta unha semente, pode agromar sen dúbida un froito que, de cando en vez, resulta exquisito para o noso padal. É o curioso e sutil fío que ensarilla sensibilidade e intelixencia orixinando un suxeito creador que é quen de sublimar a percepción da realidade e das emocións nuns trazos fabulosos...

Alberte Villamarín, moi aprezado por compañeir@s e profesor@s, vén de gañar o 1ª Premio do Certame Novos Valores 2008 convocado polo Concello de Brión.
A entrega do premio, presidida polo edil Xosé Luís García e a Concelleira de Cultura Patricia Vázquez, entre outros, tivo lugar no Hotel Balneario Compostela o venres 13 de febreiro, un día que Alberte xa non esquecerá.
Dende a nosa Biblioteca e o noso Club de Lectura "Liñas de fuga", do que Alberte é un dos participantes máis activos,queremos darlle os parabéns a este alumno e ao seu profesor de Plástica, Manuel de la Rosa, que en todo momento potenciou o talento de Alberte facendo xurdir este froito saboroso.
Alberte,aquí, no instituto, estamos orgullosos de ti.






10 de febreiro de 2009

A LINGUA DO AMOR NA BIBLIOTECA

Amei-te tanto esta tarde
cando non estavas,
e estaba o ceu como un atlas de auséncia
esbarando nas horas!
Que estraño é todo isto, este amor que se agolpa
e verte a súa fúria por acima de unha
sen piedade!

Non sei por que estes días en que te amo tanto
e tan fundo e tan duro e tan tristeiro,
dias en que quixera aniquilar-te
de tanto amor como me tinxe o corpo
e me lastima os dentes.
Esta tarde amei-te como invasión de escumas
en sartegos tenrísimos.

Non sei que estrañas aves aniñaron en min
para que así te ame,
non sei que tortas roitas ou mans confabuladas
me trouxeron a ti,
non sei por que camiños navegou o meu sangue
para chegar a ti.
Non sei se faro ou torre ou terra prometida
foron marcando o norte dos meus sucos.
Só sei que aquí me tés, a ti ofrecida,
sen culpa deste amor que caeu sobre min
non sei se como pedra ou lóstrego ou fervenza.
Esta tarde amei-te como nunca,
pero ti non estavas.

"Sétima soidade" Pilar Pallarés
Colección Esquío de Poesía.


Imaxe da poeta

19 de xaneiro de 2009

PALESTINA

GA(LI)ZA CON PALESTINA.

Eis unha imaxe da magnífica resposta do pobo galego en defensa de Palestina, masacrada polo aberrante ataque do Estado de Israel.




Diferenciemos entre pobo e estado porque é moi importante:


O Estado de Israel está representado por un goberno sionista que practica a violencia contra a poboación civil inocente (nenas/os, homes/mulleres e vellas/os) levando a cabo un auténtico xenocidio que está a converter Gaza no campo de exterminio do século XXI.


O pobo de Israel, pola contra, está constituído pola poboación civil israelí que pode ou non estar de acordo con este ataque. Diferenciamos porque non quereriamos meter nun mesmo saco ás vítimas dun goberno de asasinos e aos propios asasinos, os seus gobernantes. Vexamos algún exemplo disto.

GUSH SHALOM
Unha das organizacións máis fortes en Israel, e que conseguiu reunir a 10.000 persoas en Tel Aviv para manifestarse en contra da ofensiva a Gaza do pasado día 3.
Unha organización cuxo principal obxectivo é a conciliación entre o pobo palestino e o israelita.

OS SHMINISTIM
Xoves obxectores que se negan a entrar no exército que ocupa os territorios palestinos.

Agora quereriamos que prestásedes atención ao seguinte vídeo, realmente estremecedor.

Descoñecemos as palabras exactas pero a linguaxe da dor, a raiva, o desespero son universais, por iso cremos que non precisan de traducción. Todas e todos intuímos que a inxustiza e a imcomprensión son quen causa este berro. Escoitade e sentide, é así de fácil:



As imaxes do masacre, as consecuencias dun ataque despiadado e cruel

16 de decembro de 2008

BO NADAL A TODAS E TODOS

Despois dun trimestre, os tempos son chegados e, finalmente, estes quince días de lecer, favorecerán ás nosas mentes para volver con forzas renovadas e continuar o noso labor. Queremos que o pasedes ben coas vosas familias e amig@s e que o voso mellor regalo sexa a ledicia a mans cheas.


4 de decembro de 2008

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Estas son as fotos do acto contra a violancia de xénero, organizado por Cristina Lerma, Matilde e Pilar Cascón, coa colaboración doutros membros do profesorado e, por riba de todo, en colaboración directa coas alumnas do centro.









25 de novembro de 2008

A VISITA DE RIVADULLA

A continuación tedes o vídeo da visita de Rivadulla ao noso centro para falar coas rapazas do Club de lectura:




19 de novembro de 2008

HOXE FOTOS, MIRADE.

Para comezar, aí quedan as imaxes dalgúns membros do Club de lectura de 4º E.S.O. A e 2º E.S.O B que participaron na excursión que realizamos o martes á cidade da Coruña. Os de 1º E.S.O A e B tamén viñeron mais non temos fotos. (Eles sairán aquí, nesta páxina nun vídeo que poremos en breve)
Se vos fixades ben nos alumnos aquí retratados pensaredes que están algo tolos, mais, cando un lles colle cariño, a cousa está clara, bendita loucura! Un bico para eles
























MÁIS FOTOGRAFÍAS:
A profesora de galego, Cristina Lerma, e os seus alumnos de E.S.O. B fixeron no noso centro unha humilde homenaxe ao recentemente premiado Agustín Fernandez Paz, de quen xa falaramos noutro post.
Agora, as nenas e nenos do Club de lectura de 1º E.S.O.están a ler unha das obras deste autor, Rapazas, ed. Xerais
Deixamos aquí unhas fotos para que vexades o traballo da nosa compañeira,Cristina Lerma, sempre implicada cos seus alumnos en actividades extraescolares. Onte, por exemplo,xunto con Matilde, a profe de inglés, organizou o magosto.
Parabéns para elas!






AXIÑA COLGAREMOS NUN POST O VÍDEO QUE RECOLLE A VISITA DE RIVADULLA-CORCÓN AO NOSO CENTRO.

11 de novembro de 2008

O HOME QUE PRANTABA ÁRBORES

Este mércores 12 de novembro, no segundo recreo, faremos a reunión do clube de lectura e falaremos do libro de jean Giono.
Deixo aquí unha carta do propio autor ao Director do Departamento de Augas e Bosques falándolle da novela.

He aquí el texto de la carta que Giono escribió al director del Departamento de Aguas y Bosques, el señor Valderyon, en 1957 haciendo referencia a esta novela.

Querido Señor:
Siento mucho decepcionarlo, pero Eleazar Bouffier es un personaje inventado. El objetivo de esta historia es el de hacer amar a los árboles, o con mayor precisión: hacer amar plantar árboles (lo que después de todo, es una de mis ideas más preciadas). O, si se considera por el resultado; el objetivo es obtener el mismo resultado de nuestro personaje imaginario. El texto que usted ha leído en "Trees and life" ha sido traducido al Danés, Finés, Sueco, Noruego, Inglés, Alemán, Ruso, Checoslovaco, Húngaro, Español, Italiano, Yddish y Polaco. Cedo mis derechos gratuitamente a todas las reproducciones. Un americano me ha buscado recientemente para solicitarme la autorización para hacer un tiraje de 100 000 ejemplares del texto que van a ser repartidas gratuitamente en América (algo que tengo bien entendido y aceptado). La Universidad de Zagreb ha hecho una traducción al Yugoslavo. Este es uno de los textos que he escrito de los que me siento más orgulloso, porque cumple con la función para la que fue escrito. Dicho sea de paso, esta historia no me aporta ningún céntimo.
Si a usted le es posible, me encantaría que pudiéramos reunirnos para hablar precisamente de la utilización práctica de este texto. Yo considero que es ya el tiempo de que hagamos una política favorable al árbol, a pesar de que la palabra política parezca bastante mal adaptada.
Muy cordialmente,
Jean Giono


E aquí un vídeoarte para que disfrutedes un pouco.


28 de outubro de 2008

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ



O amor está no que tendemos
(pontes, palabras).
O amor está en todo o que izamos
(risas, bandeiras).
E no que combatemos
(noite, baleiro)
por verdadeiro amor.(De "Un río de palabras" de Agustín Fernández Paz)
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ,ganador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo libro O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR
Interésanos este autor e, por suposto, o seu libro. Por iso estará incluído no noso Clube de lectura
Entre a súa estensa produción literaria destacan obras como as que seguen e que vos recomendamos: 'Cartas de inverno', 'Amor dos quince anos', 'Un tren cargado de misterios', 'No corazón do bosque', 'Corredores de sombra', 'Contos por palabras', 'Rapazas', 'Trece anos de Branca' e 'El rayo veloz'. A súa obra está traducida ao castelán, catalán, eúscaro e portugués.
O autor ten unha páxina onde aparecen entrevistas, vídeos, textos e a listaxe de obras.

21 de outubro de 2008

UNHA DE PIRATAS



Despois da experiencia do curso pasado, Liñas de fuga continúa. Temos dous grupos: o dos grandes, de 3º e 4º da E.S.O. e o dos pequenos (1º e 2º E.S.O.)
Comezamos por Made in Galiza, de Sechu Sende e a reunión foi moi moi interesante pois xerou Falaban debate.

Mais agora estamos pendentes da reunión cos pequenos que andan a ler Os piratas da Illa Esperanza, de Rivadulla-Corcón. Axiña virá o propio autor, o mércores 5 de novembro para falar con nós. Temos xa moitas ganas porque o libro está gustando moito.

21 de maio de 2008

DIA DOS NAMORADOS

Galeria de fotos do dia dos Namorados


PARABENS OLIVIA E ALBERTE!!!!


Olivia Figueira Núñez alumna de 3º B da ESO acadou o primeiro premio no 13 CERTAMEN NACIONAL "El CUENTACUENTOS" e Alberte Villamarín de 3ºA quedou finalista.
Este Mércores 11 de xuño no Club de Lectura Liñas de Fuga leremos e comentaremos os contos premiados.

Preme aquí se queres ler os contos premiados:

29 de abril de 2008

CLUB DE LECTURA "LIÑAS DE FUGA"



Este é o noso libro proposto para o mes de maio. A autora mergullase na sociedade afgana e a xeito de crónica mostra aos lectores as contradicións desa sociedade e o papel que desempeña a muller na mesma.

BENVID@S AO NOSO BLOG!!

Comezamos a nosa andaina co desexo de que todos e todas participedes nas propostas que desde aquí botaremos a andar. Este vai ser o noso caderno de bitácora polo que navegaremos polo mundo da literatura, da ciencia, das tecnoloxías, do deseño, da arte, etc...
Queremos que este sexa un espazo de intercambio de opinións, un espazo que en calquer momento puidese xerar debate e que sirva para implicarnos a tod@s nesta aventura colectiva que desde este lugar de Padrón lanzamos ao ciberespazo.
DESPEGAMOS....9 8 7 6 5 4 3 2 1.....0