8 de xullo de 2025

 ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

TORNEOS DE XADREZ

Entre os meses de Novembro de 2024 e Xuño de 2025 celebrouse o III Torneo de Xadrez Biblomacías, o II Torneo de Xadrez Intercentros Macías o Namorado e o I Torneo de Xadrez do Profesorado.

O campión do III Torneo Bibliomacías foi un alumno de 2º de Bacharelato e o subcampión de 1º de Bach. A representante do IES Félix Muriel de Riveira foi a gañadora do II Torneo Intercentros, no que tamén participaron, ademais do noso centro, o IES Camilo José Cela e o IES Espiñeira de Boiro. O profesor David Rodríguez Miguéns foi o campión do I Torneo do Profesorado.

CLUBES DE LECTURA

Clube de Lectura Bibliomacías deste curso estivo formado por tres grupos de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bach. As lecturas propostas tiveron unha moi boa acollida e foron do agrado dos e das participantes, disfrutando non so da lectura senón tamén da conversa e do debate nas reunións, así como a interrelación entre compañeiras/-os.

As lecturas deste curso foron a seguintes:

REUNIÓNS E LECTURAS DO CLUBE

3º ESO

1º Trimestre

O conserxe. Xosé Luis Vázquez Somoza

Editorial Xerais

Martes, 17 de decembro de 2024; de 15, 00 a 15,45h. (Paula). Aula de referencia

2º Trimestre

Mentira. Care Santos

Martes, 8 de abril de 2025; de 15, 00 a 15,45h. (Paula). Aula de referencia


3º Trimestre

A ladroa da biblioteca de Meirás. Eva Mejuto


Xoves, 17 de xuño de 2025; de 15, 00 a 15,45h. (Ana). Aula de referencia

4º ESO

1º Trimestre

No son mariposas, son elefantes. Sonia Mirón

Editorial Círculo Rojo SL

Martes, 26 de novembro de 2024; de 15, 00 a 15,45h. (Lourdes). Biblioteca

2º Trimestre

O home que matou a Antía Morgade de Arantza Portabales

Martes, 8 de abril de 2025; de 15, 00 a 15,45h. (Lourdes) Aula de referencia

3º Trimestre

O Souto dos catro ventos. Masría Oubiña

Martes, 17 de xuño de 2025; de 15, 00 a 15,45h. (Lourdes) Aula de referencia

1º BACH

1º Trimestre

Golpes de luz. Ledicia Costas

Martes, 17 de decembro de 2024; de 15,00 a 15,45h. (Miguel Ángel). Biblioteca

2º Trimestre

La chica del tren. Paula Hawkins

Martes, 8 de abril de 2025; de 15, 00 a 15,45h. (Miguel Ángel). Biblioteca

3º Trimestre

O bosque dos raposos aforcados. Arto Paasilinna

Martes, 17 de xuño de 2025; de 15, 00 a 15, 45h. (Miguel Ángel) Biblioteca

COORDINADOR DA BIBLIOTECA: MIGUEL ÁNGEL PRIETO RODRÍGUEZ

COLABORADORASLOURDES LEMA PORTEIRO, PAULA ANTÍA REY BALIÑA ANA SOTO PERALBA


III XUNTANZA CLUBES DE LECTURA DA CONTORNA EN PADRÓN

O noso centro organizou neste mes de xuño III Encontro de Clubes de Lectura da contorna, no que participaron o IES Félix Muriel de Rianxo, o IES Espiñeira e o IES Cachada de BoiroO alumnado participante tivo a oportunidade de visitar a Casa de Rosalía de Castro, a Fundación Camilo José Cela e facer unha xincana cultural-literaria polas rúas de Padrón.

Formáronse tres grupos para facer o percorrido alternando cada actividade; mentres un grupo visitaba a casa de Rosalía, o outro grupo visitaba a Fundación Cela. O grupo do noso instituto fixo a visita á Fundación Cela e posteriormente xuntouse cos grupos visitantes para facer a xincana por Padrón.

A xornada da mañá comezou ás 10 horas e rematou sobre as 12,45, cun descanso de quince minutos ás 11.00 horas. De volta ao instituto, o alumnado puido visitar o noso centro ata as 13,45, hora prevista para xantar.


Inicialmente estaba previsto facer o xantar no Santiaguiño (área recreativa preto do Instituto), pero a choiva obrigou a facer modificacións no programa e o alumnado tivo que xantar nos lugares habilitados no instituto (cuberta traseira e cafetería).

Tras o xantar, o alumnado puido desfrutar cos xogos populares que se tiñan preparados no ximnasio do centro e dos xogos de mesa da Biblioteca, e ás 16,00 horas, como remate das actividades, o alumnado asistiu a representación teatral de Os vellos non deben de namorarse de Castelao, interpretada polo alumnado de 2º de ESO e dirixida polas profesoras Natividad e Alba, representación que foi do agrado tanto da rapazada como do profesorado, ao tempo que se presentaba tamén como homenaxe a Castelao polo seu aniversario.

Aínda que a preparación da xuntanza esixiu tempo e esforzo, pagou a pena ver como o alumnado participou, interactuou e se divertíu nunha xornada na que a lectura converteuse nun punto de encontro para facer novas amizades, intercambiar impresións e coñecer o noso centro e a súa contorna.

Foi unha experiencia coa que aprendeu tanto o alumnado como o profesorado e esperamos que teña continuidade o curso que ven.


VOLUNTARIADO

Este curso volvemos contar con dúas alumnas e seis alumnos voluntarios/-as para colaborar na xestión, ordenación de materais e empréstito da Biblioteca. A súa aportación foi de grande axuda para o coordinador ao tempo que unha actividade entretida e de aprendizaxe para o alumnado.

18 de decembro de 2024

 CLUBE DE LECTURA bibliomacías

   
                                                                     LECTURA  DE 3º ESO          

A vida nun IES de nova creación vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria García, unha alumna de 1º de Bacharelato, colgado no aro dunha canastra. As protocolarias investigacións policiais e xudiciais conclúen, segundo o criterio do conserxe, cun desacertado informe de posible suicidio. A partir de aquí comezan as indagacións oficiosas do propio conserxe, co visto e prace da directora do centro, para tratar de esclarecer as circunstancias da morte da rapaza. 

                                                                   LECTURA DE 4º ESO

A Bruno, desde siempre, lo han etiquetado como el ``malote`` del instituto. Zoe es una chica con mucho carácter que tiene las cosas claras y una filosofía de vida particular. Alan es un chico muy especial e incomprendido por la mayoría de los compañeros que lo rodean. En esta historia se entrecruzan las vidas de estos tres adolescentes únicos, que, aunque no tienen nada en común, se verán inmersos en una aventura emocional que los cambiará para siempre.

                                                                 LECTURA DE 1º BACHARELATO
                          


Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo. Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para ela, volver á casa familiar supón enfrontarse a un pasado cheo de segredos que precisa desvelar. O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles. 


COMPARTE A TÚA EXPERIENCIA LECTORA E COMENTA O QUE MÁIS CHE GUSTOU DO LIBRO QUE LICHES.



28 de maio de 2024

Gañadores do concurso "Sae do sal"

O pasado venres 24 de maio fíxose entrega dos premios aos gañadores do concurso Sae do sal! organizados polo equipo Nutriactívate do Macías e que contou coa colaboración da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Os proxectos presentados polo alumnado estiveron expostos no vestíbulo do edificio principal para que toda a comunidade escolar se concienciase sobre os riscos dun consumo excesivo do sal. Os gañadores foron:

1º Premio

Cartaz deseñado por NPD e MZM


2º Premio:

Cartaz deseñado por SFT e MBP

XVI Xornada de Clubs de lectura

O martes 14 de maio o coordinador da nosa biblioteca, Miguel Ángel, acudeu á XVI Xornada de Clubs de lectura que tivo lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Nesa xuntanza, á que acudiron máis de 400 coordinadores de bibliotecas escolares, entregouse o Premio dos Clubs de lectura 2024. A autora premiada este ano foi Arantza Portabales que, como podedes ver na imaxe, adicounos un dos seus libros.

O resto da xornada, tiveron lugar diversos obradoiros de poesía e teatro así como mesas nas que se compartiron experiencias arredor dos clubs de lectura.

Dedicatoria de Arantza Portabales


30 de abril de 2024

CONCURSO SAE DO SAL

O Departamento de Ciencias, a Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística convocan ao alumnado do IES Macías ao concurso SAE DO SAL! que da comezo a partires do xoves 2. O prazo de entrega dos proxectos será do 2 ao 8 de maio e a exposición terá lugar do 13 ao 19 de maio. Os traballos pódense entregar na Biblioteca, aos profesores encargados ou ao alumnado colaborador (estes traballos deixaránse no mostrador de empréstito).

Aquí vos deixamos a información sobre o concurso e as bases da convocatoria. Animádevos a participar!






29 de abril de 2024

RESULTADOS I TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS MACÍAS O NAMORADO

O pasado mércores 24 de abril, o noso centro foi o escenario do emocionante I Torneo de Xadrez Intercentros Macías o Namorado, que reuniu os xogadores máis talentosos dos IES da contorna, o IES Camilo José Cela e o IES Espiñeira. O ambiente estaba cargado de competitividade e emoción, creando unha atmosfera única para os amantes do xadrez.

Os finalistas de cada centro que participaron neste evento foron os seguintes:

IES Macías o Namorado:

  • S.A.O.C. (4º ESO)
  • A.B.V. (1º Bacharelato)

IES Espiñeira:

  • A.C.R. (2º ESO)
  • S.S.R. (2º Bacharelato)

IES Camilo José Cela

  • P.G.R. (2º ESO)
  • H.G.F. (1º Bacharelato)
Despois de 6 rondas, os resultados foron os seguintes:

Nun emocionante xiro dos acontecementos, dous destacados xogadores, S.A.O.C do IES Macías o Namorado e S.S.R. do IES Espiñeira lograron un empate no I Torneo de Xadrez Intercentros con 4 puntos cada un. Ante esta situación de paridade, fíxose necesario recorrer a un desempate para determinar ao campión indiscutible do torneo.
O desempate baseouse na vitoria obtida na partida na que ambos os xogadores se enfrontaron directamente e polo tanto S.S.R. do IES Espiñeira se fixo co título de campión deste I Torneo Intercentros Macías o Namorado.

Porén, na clasificación por centros participantes, o noso IES fíxose co campionato no I Torneo de Xadrez Intercentros, demostrando o talento e a dedicación dos nosos xogadores. Noraboa a todos os participantes por este logro!



22 de abril de 2024

I TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS MACÍAS O NAMORADO

Bo día, xadrecistas!

Traemos unha boa nova! Queremos anunciarvos que o noso centro será sede do I Torneo de Xadrez Intercentros Macías o Namorado. Nesta primeira edición contaremos con xogadores do IES Espiñeira de Boiro, o IES Camilo José Cela de Padrón e os campións do noso propio torneo. 

O torneo terá lugar o vindeiro mércores 24 de abril, no salón de actos do noso IES, entre as 10 da mañá e a 1 da tarde. Os mellores xogadores de xadrez de diferentes centros educativos reuniranse para demostrar as súas habilidades e competir polo título de Campión Intercentros.

O torneo constará de partidas de 8 minutos e nas que irán xogando todos contra todos. Será campión ou campioa aquel con mellor puntuación e haberá premios para o 1º e 2º clasificado.


ENTREGA DE PREMIOS DO II TORNEO DE XADREZ BIBLIOMACÍAS


Bo día, campións de xadrez!
Estamos emocionados de anunciar os resultados do torneo de xadrez que tivo lugar nos recreos dos últimos meses! Foi unha batalla axedrecística chea de estratexia, intelixencia e moita diversión.

Aquí tendes as iniciais e curso dos 4 primeiros clasificados.

  • 1º Premio: SOC (4º ESO)
  • 2º Premio: ABU (1º BACH)
  • 3º Premio: DUL (1º CS ADMIN)
  • 4º Premio: ABA (1º ESO)
O reparto de premios terá lugar hoxe día 22 de abril no 2º recreo no salón de actos. Este reparto quedará da seguinte maneira:
  • Terceiro e cuarto clasificado: un bono para empregar na cafetería.
  • Primeiro e segundo clasificado: un bono para empregar na cafetería e trofeo.

5 de febreiro de 2024

PONLLE NOME Á BIBLIOTECA

 Deixa no comentario o teu nome proposto. Tes ata despois da Pascua para participar.



25 de xaneiro de 2024

CLUBE DE LECTURA DE PROFES

LISTAXE DE LECTURAS PROPOSTAS PARA ESTE TRIMESTRE 

ACTUALIDADE

TRILOXÍA DE DOMINGOS VILAR: Ollos de auga. A praIa dos afogados. O último barco

DOMINGOS VILAR: Algúns contos completos

RODRIGO COSTOYA: Misarela

ANTÍA YÁÑEZ: Senlleiras

PAULA CARBALLEIRA: As alumnas (Premio Necional de Teatro 2023)

NARRATIVA/TEATRO CLÁSICO


EDUARDO BLANCO AMOR: A esmorga

RAFAEL DIESTE: A fistra baleira

A. D. R. CASTELAO: Os dous de sempre; Os vellos non deben de namorarse; Cousas e Retrincos.

POESÍA ACTUAL

YOLANDA CASTAÑO: Materia (Premio Nacional de poesía 2023)

ROSA ENRÍQUEZ: Vacastras.Vestíbulo da devastación. Historia do meu corpo en labaradas

ALBA CID: Atlas

OLGA NOVO: Feliz Idade

ORIANA MÉNDEZ: O corazón pronúnciase extenso                                                         

PATRICIA BENITO: Primero de poeta

ANTOLOGÍA:  Poesía española 1990-2010

POESÍA CLÁSICA

XELA ARIAS. Tigres coma cabalos

MANUEL MARÍA: Terra Cha

F.G. LORCA: Poeta en Nueva York

PABLO NERUDA: Veinte poemas de amor y una canción desesperada

DELMIRA AGOSTINI: Los cálices vacíos





Deixa o teu comentario sobre a seleción. Nas seguintes entradas incluiranse os títulos que vexades que tamén se poden recomendar.







16 de xaneiro de 2024

 CLUBE DE LECTURA DE PROFES

Neste mes comezará a súa actividade o Clube de lectura do profesorado do IES Macías o Namorado e estará dirixido polo coordinador da Biblioteca.

O coordinador propondrá un libro de lectura por trimestre, o primeiro dunha lista recomendada da que os membros poderán escoller outro ou propoñer unha lectura non incluida na lista por resultar entretida, interesante, atractiva ou divertida.

Unha vez lido o libro, en lugar de facer unha reunión, comentaremos as nosas impresións e  valoracións sobre a lectura no sección PUBLICAR UN COMENTARIO deste blog.




Así, para romper o xeo, comezaremos coa última novela de Pedro Feijoo, Ninguén contará a verdade, Premio Xerais do ano pasado.





A proposta inicial de Antonio foi a lectura de Revolución I de Gouzael e Locars, 
unha novela gráfica sobre a Revolución francesa, da que tedes unha reseña nos comentarios.
 





6 de xullo de 2023


EXCURSIÓN FIN DE CURSO DO CLUBE DE LECTURA BIBLIOMACÍAS

 O día 20 de xuño o alumnado do Clube de Lectua foi de excursión á Coruña . Alumnado e profesorado desfrutamos da Exposición de Picasso no Museo de Belas Artes e, posteriormente, puidemos interactuar, aprender e divertirnos coas actividades que ofrece a  Domus. 


                                                    O alumnado do clube á entrada do Museo

19 de xuño de 2023

 

DEIXA O TEU COMENTARIO SOBRE A LECTURA 

QUE MÁIS CHE GUSTOU NESTE CURSO