20 de maio de 2010

A primeira lectura de un minuto


O alumno Alberte Villamarín e a profesora Maruxa Guitián foron os primeiros en ler un texto para todos os asistentes da biblioteca. Os textos foron estes:

Seda, de Alessandro Baricco
Fica así, quero mirarte moitas veces, pero non eras para min, agora es para min, non te achegues, por favor, queda tal como estás, temos unha noite para nós, e eu quero mirarte, non te vira nunca así, co teu corpo para min, a túa pel, fecha os ollos , e acaríciate, por favor,
dixo Madame Blanche, Hervé Joncour escoitaba,
non abras os ollos se es capaz, e acaríciate, son tan fermosas a túas mans, soñeinas tantas veces que agora as quero ver, gústame velas na túa pel, así, segue por favor, non abras os ollos, eu estou aquí, ningén nos pode ver e eu estou ao teu carón, acaríciate señor meu amado, acaricia o teu sexo, por favor, a modo,
ela detívose, Continúe, por favor, dixo el,
é fermosa a túa man no teu sexo, non pares, a min gústame mirala e mirarte, señor meu amado, non abras os ollos, aínda non, non debes ter medo, estou ao teu carón, séntesme? estou aquí, podería rozarte, isto é seda, séntela?, é seda do meu vestido, non abras os ollos e terás a miña pel,

Como unha novela, de Daniel Pennac
O verbo ler non soporta o imperativo. Aversión que comparte con algúns outros:o verbo "amar"... o verbo "soñar".
Desde logo, sempre se pode intentar. Imos ver: "¡Ámame!" "¡Soña!" "¡Le!" "¡Pero, le dunha vez, por Deus!" "¡Ordénoche que leas!".
- ¡Sube ó teu cuarto e le!
- ¿Resultado?
- ¡Nada!
Durmiuse enriba do libro. A fiestra, de súpeto, pareceulle inmensamente aberta sobre algo fascinante... e por alí botouse a voar. Para lle escapar ó libro. Pero é un sono vixiante: o libro permanece aberto diante del. A pouquiño que abramos a porta da súa habitación, atoparémolo sentado á súa mesa de estudio, obedientemente ocupado na lectura. Aínda que subamos moi silandeiros, desde a superficie do seu sono, oiranos chegar.
- ¿Que, gústache?
- Xamais dirá que non, iso sería un crime de lesa maxestade. O libro é sagrado. ¿ Como non lle vai gustar ler? Non, vainos dicir que as descripcións son demasiado longas.
Tranquilizados, regresamos ó noso posto fronte á tele. Mesmo pode acontecer que esta reflexión suscite un apaixonante debate entre nós e os nosos...
- Encontra demasiado longas as descripcións. Hai que comprendelo, estamos no s
eculo dos audiovisuais, evidentemente, os novelistas do XIX tiñan que describilo todo...
- ¡Iso non é unha razón para lle deixar saltar a metade das páxinas!
Non nos fatiguemos. Volveuse durmir.

Ningún comentario: