Amosando publicacións coa etiqueta concursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concursos. Amosar todas as publicacións

11 de abril de 2021

II CONCURSO DE HAIKUS 2021

 O pasado 26 de marzo fíxose na Biblioteca a entrega de premios do II Consurso de kaikus Bibliomacías. As gañadoras foron Iria López Rial de 3º ESO B (Primeiro Premio), Paula Reboredo Blanco de 3º ESO A (Segundo Premio) e Mención especial para Leticia Lorenzo González de 3º ESO B.

    Dende o equipo da Biblioteca queremos agradecervos a vosa participación e a ilusión con que presentastes os vosos traballos ao concurso. 

                                                        Paula lendo o seu haiku


                                                         Iria lendo o haiku gañador


                                                        

                                                       A mención especial foi para Leticia

8 de febreiro de 2021

NOVAS

 


En breve, publicaranse as bases do II concurso de Haikus namorados. Preparadevos para deixar voar os vosos sentimentos, inquedanzas e desexos. Recordade que haberá uns marabillosos premios para os mellores haikus.



Segue a pleno funcionamento o concurso de micrrorelatos, Micromaciatos Namodeados, con grande aceptación por parte do alumnado.

1 de decembro de 2016

I CONCURSO DE TUITS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Xa temos gañadora!!!



Despois de reunido o xurado do I CONCURSO DE TUITS contra a Violencia de Xénero, resultou gañadora do mesmo ALICIA REY VIGO, alumna de  4º de ESO...
 
Aquí o tendes:

 
 A intelixencia erradica, o maltrato arraiga. Se intelixente!

31 de outubro de 2016

I CONCURSO DE TUITS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Resultado de imagen de twitter

I CONCURSO DE TUITS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
IES Macías o Namorado

Con motivo do 25 de novembro, día Internacional contra a Violencia de Xénero, o IES Macías o Namorado convoca o I CONCURSO DE TUITS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2016. Buscamos mensaxes, lemas ou expresións de repulsa contra a violencia de xénero que se realicen a través da rede social twitter.

BASES DE PARTICIPACIÓN


1. Poderán participar no concurso todos os membros da comunidade educativa que o desexen. Cada participante poderá enviar un máximo de tres tuits.

2. Os tuits que participen no concurso deberán incluir o hastag #MaciasSenViolencia.

3. As persoas que presenten os seus tuits serán responsables da orixinalidade e a autoría dos mesmos.

4.   A DATA Límite de presentación de tuits será o 21 de novembro do 2016.

5.  Un xurado será o encargado de avaliar os tuits presentados. Procurarase que haxa unha presenza equilibrada de homes e mulleres no xurado.

6. Os criterios de avaliación serán :  contido e tratamento do tema (4 puntos), orixinalidade (3 puntos) e capacidade de impacto (3 puntos).

7. O agasallo consistirá nunha tarxeta por valor de 20 €  canxeable nos cines Cinesa.

8. A presentación de tuits ao presente concurso supón a aceptación plena das bases.

9 de marzo de 2015

8 de marzo. DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

O 8 DE MARZO celébrase o día da muller traballadora. Este día foi instaurado en 1917 por Nacións Unidas e según a versión máis extendida, conmemora os sucesos ocurridos en 1908 en Nova Iork, cando un grupo de costureiras industriais se declararon en folga para protestar polas súas condicións laborais pedindo aumento dos salarios e a reducción da xornada laboral. Durante esta folga 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, provocado polos donos da fábrica.


Hoxe en día, o 8 de marzo convertiuse nun día de reivindicación por unha igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laboral, social e político.

Para conmemorar o 8 de marzo, a biblioteca instalou unha exposición na entrada do centro que incluía unha selección de libros e audiovisuais sobre mulleres, prestando especial atención as mulleres matemáticas, dada a temática deste curso nas bibliotecas escolares. Ademáis expuxemos un gran número de biografías de MULLERES QUE FIXERON (E SEGUEN A FACER) HISTORIA, e a presentación 8 de marzo. Un día especial, que recolle a historia deste día e da loita feminista e sufraxista.

O alumnado participou no concurso "ELAS", buscando información na biblioteca e na exposición que lle permitise relacionar biografías de mulleres co seu nome.

  8 de marzo. DÍA DA MULLER TRABALLADORA. on PhotoPeach

18 de febreiro de 2015

FELIZ DÍA DO AMOR


Chega febreiro e volve San Valentín. Como cada ano, aproveitando o fermoso nome do noso centro, adicamos este mes ao amor.
Temos unha exposición de literatura e cine na entrada do centro, xunto cun buzón donde podedes depositar as vosas cartas de amor. As mellores cartas serán agasalladas con amorosos premios.

Mes do AMOR 2015 on PhotoPeach

11 de decembro de 2014

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS Contos do Samaín



Rematado o prazo de presentación de orixinais ao concurso Contos de Samaín, o xurado decidíu otorgar o premio do mesmo ao alumno de 4º de ESO Julián Ares Costa pola sús obra Antón.

PARABÉNS!!!

3 de decembro de 2014

NOVEMBRO, MES DO TERROR



O mes de novembro adicámolo, coma outros anos, ao Samaín e a literatura de terror. 
A biblioteca volveuse terrorífica por uns días e os nosos libros e películas de terror foron protagonistas.
Lembrámosvos que durante todo o mes está aberto o prazo para participar no noso Concurso de relatos Contos do Samaín.

SAMAIN 2014 on PhotoPeach

25 de abril de 2014

Premios do Concurso de Fotografía "A Ciencia no Día a Día"



Reunido o xurado do concurso de fotografía A CIENCIA NO DÍA A DÍA formado por polos profesores Maruxa Guitián Montero, Nuria Solla Bértolo, Manuel de la Rosa Pérez e por Paula Antía Rey Baliña (alumna de 1º de bacharelato) e Brais Castaño España (alumno de 2º de bacharelato) acordou otorgar os seguintes premios:

ANDREA MARTÍNEZ RIAL (4º ESO A) pola súa fotografía 
Espectro de frecuencias de luz.
DAVID RODRÍGUEZ MIGUÉNS pola súa fotografía  
Pájaros metálicos volando al atardecer sobre las nubes.


A ENTREGA DE PREMIOS TIVO LUGAR O MÉRCORES 23 DE ABRIL (Dia do Libro) NA BIBLIOTECA.
PARABÉNS!!! 

9 de novembro de 2013

A CIENCIA NO DÍA A DÍA



O Día 4 de novembro celébrase desde hai catro anos o Día da Ciencia en Galego, adicado nesta ocasión á Arte e á Ciencia na nosa lingua. Co gallo desta celebración, tentando de unir Arte e Ciencia a Biblioteca organiza durante o mes de novembro un Concurso de Fotografía Científica co título A CIENCIA NO DÍA A DÍA.
Aquí tendes as BASES:


Nos taboleiros e as aulas do centro tendes toda a información. Preguntade na biblioteca e animádevos a participar. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE FOTOGRAFÍAS REMATA O DÍA 11 DE DECEMBRO



27 de maio de 2013

Entre o Libro e as Letras

Estamos de festa! As pegadas dos vosas lecturas enchen a entrada do instituto, baixan as escaleiras e chegan até a biblioteca onde podedes atopar unha mostra dos libros que máis gustaron ó alumnado e ó profesorado.
Temos escollido algúns dos máis salientables para ilustrar esta noticia e para agradecervos o traballo que neles se advirte: non so aparecen os textos dos libros, tamén a vena artística que moitos e moitas quixéchedes deixar neles. Non están todos, pero nesta pequena mostra queremos darvos os parabéns por colaborar nunha actividade tan fermosa. Que se repita!!!




4 de abril de 2013

Premios do concurso de micropoemas

Grazas a todos e a todas polas vosas aportacións ao Concurso da Botica das palabras. Grazas tamén á profesora Rosa Enríquez pola súa colaboración. Aquí están o primeiro e segundo premios de cada categoría, tamén os accésits, que consideramos merecedores de figurar.



A sinxeleza

            Abre as palabras por dentro

garda a semente e a beleza.

Por iso ti – ao falares tan limpo –

tes a flor do lirolai no peito.

            Asombras ás nubes.
 Rosa Enríquez

Categoría A (1º e 2º ESO)
1º PREMIO: Lucía Castro Oliveira (1º B) 
As cinzas do pasado,
dos recordos queimados, 
nestre intre están calados.

2º PREMIO: Carlota Gómez Basadre (1º B)
En mis noches de insomnio,
altas están las estrellas;
en mis noches en vela,
la nieve cae
y arde el fuego a mi vera.  

Categoría B (3º, 4º ESO, 1ºBac) 
PREMIO: Paula Antía Rey Baliña (4º ESO)
Pasear
polo  teu sangue.
Atopar abismos
de incontinencia
verbal. 

 2º PREMIO: Brais Castaño (1º Bac)      
Eternidad amargada
sonaba triste , apagada
la mañana se abre,
existo.
Mujeres felices en la playa,
pájaros sumergiéndose.
La tarde se apaga,
existo.
Eternidad insomne
tú, eterna, feliz y suave
me haces sentir que
existo. 

Categoría A
Accésit: David Vidal Miguéns (1º B) 
Sei que existes,
espero e espero,
pero sempre chegas tarde.

Categoría B
Accésit: Andrea Forján Miguéns, Martín Rubines Miguéns y Xulia V. Gil Miguéns (1º Bac)
Existencia rota
nunha tarde imposible
na que sempre espero
a importante lembranza
daquela néboa azul.
Accésit: Mariña Amo Seco e Andrea Iglesias Pérez (1º Bac)
Pasan as tardes amargas
contemplando ese aleteo
daquelas bolboretas claras
tecendo unha luz no ceo.

Pasan as tardes eternas
recordando aquel pasado
cheo de voces de nenas
aquel recordo apagado.

Pasar as tardes tempradas
facendo a espera da noite,
muller de cara dourada,
nai que ilumina esa noite