Amosando publicacións coa etiqueta Visitas de Autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visitas de Autores. Amosar todas as publicacións

1 de decembro de 2016

VISITA DE LEDICIA COSTAS

O luns 28 de novembro tivemos o pracer de contar na nosa biblioteca coa visita de Ledicia Costas, gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil coa súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta, da que veu falar co alumnado de 1º da ESO e do Club de Lectura de Primeiro Ciclo.


Con esta obra quixemos achegarnos ao mundo do Alén, dos non vivos, dos seres que nunca marchan no imaxinario colectivo dos galegos e galegas, que non os deixamos ir e queremos que formen parte das nosas vidas. Xusto no remate deste mes de Santos, despedimos o Samaín e as historias de medo da man destas personaxes que tanto nos fixeron disfrutar. 
Grazas, Ledicia pola túa visita, unha vez máis . A túa presenza foi un auténtico agasallo para todos nos.



22 de abril de 2015

VISITA DE PEDRO FEIJOO

O pasado xoves 15 de abril, como anticipo á celebración do Día do Llibro, recibimos na nosa biblioteca a visita de Pedro Feijoo, que presentou ao alumnado de 1º de Bacharelato e do Club de Lectura de Segundo Ciclo a súa novela A memoria da choiva. Escollemos esta obra pola súa trama trepidante de novela negra coa poesía de Rosalía  e a síua fundación , en Padrón,  como pano de fondo. A idea pareceunos xenial e a lectura da obra resultoulles apaixoante.
Nas  páxinas da súa novela atopamos, ademáis, un retrato ben irónico da cultura literaria galega e das súas institucións.

A conversación con Pedro foi un auténtico agasallo para todos nos. Pedro destripou as entrañas da súa obra e do seu proceso de escritura e respondeu a todas as cuestións relacionadas coa mesma durante case dúas horas, que quedáronse curtas.



VISITA DE PEDRO FEIJOO on PhotoPeach

26 de marzo de 2014

Visita de Ledicia Costas

 Este luns 14 de marzo contamos na biblioteca coa presenza de Ledicia Costas que presentou ao alumnado de 4º de ESO e do Club de Lectura de 2º Ciclo a súa novela O Corazón de Xúpiter
Falounos da temática da súa novela, en concreto sobre Isla, personaxe central vítima da violencia machista. Tamén nos fixo reflexionar como detrás das redes sociais poden agocharse persoas perigosas. 
Disfrutamos moito coa súa charla e co debate posterior.
Grazas!!!


Visita de Ledicia Costas on PhotoPeach

20 de marzo de 2014

Visita de Marcos Calveiro



Este mércores 19 de marzo contamos de novo na nosa biblioteca coa grata presenza de Marcos Calveiro. Nesta ocasión presentou aos rapaces de 1º de Eso e do Club de Lectura de Primeiro Ciclo a súa fermosa novela Palabras de Auga.
Disfrutamos moitísimo nesta viaxe a África. Adentrámonos no suahili, aprendemos a xogar ao bao e adentrámonos na situación das tribus africanas.
Foi un pracer, coma sempre, escoitar a Marcos. GRAZAS!!!!



20 de febreiro de 2014

O Macías homenaxea a Rosalía de Castro

Este venres 21, o profesor e premio Xerais de novela Manuel Lorenzo Baleirón, presentará no salón de graos o seu último libro Sen agardar a Ulises.  Con el , Baleirón pretende achegar a figura de Rosalía a lectores doutras linguas. En palabras del " é importantenon perdermos esta oportunidade de ofrecerlle a nosa mellor literatura ao mundo e de achegar a outros países a personalidade e a obra que sostén a nosa construción cultural”.

A obra ‘Sen agardar a Ulises. Vida de Rosalía’, que contou co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, inclúe unha tradución ao castelán, realizada polo propio Manuel Lorenzo Baleirón; ao inglés, da autoría de John Rutherford; e ao francés, de Christine García.

Temos unha excelente oportunidade de coñecer facetas descoñecidas da vida de Rosalía e a inmensa sorte de escoitar de novo ao noso compañeiro e profesor  do centro.



Co gallo da presentación do seu libro, o autor concedeu unha entrevista ao programa da TVG "Zig-zag" Se queres ver a entrevista clica aquí.

7 de marzo de 2013

Goretti Sanmartin: Muller e Lingua


Profesora titular de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña e directora do Servizo de Normalización Lingüística de dita universidade, Goretti Sanmartín falou para o alumnado de bacharelato e outos niveis sobre o emprego do galego, desigual entre homes e mulleres, os motivos que poden estar na orixe do feito, e os estereotipos que a sociedade segue a ter sobre os falantes da lingua galega e os da lingua castelá. 
Asegurou que a muller, nos casos de bilingüísmo, emprega menos o galego que os homes, e que hai unha franxa de idade, que di estar entre os 20 e os 45, na que se aprecia este feito moito máis. 
Citando a varios escritores e escritoras, constatou esta afirmación facendo fincapé en como nas súas obras xa insistían na chamada ás mulleres para que empregaran o galego como lingua habitual; o que, según a profesora, evidencia que os homes, que non son interpelados, si a utilizaban.

Á exposición seguiu un pequeno coloquio no que os asistentes puideron preguntar e comentar as súas opinións.

28 de febreiro de 2013

Obradoiro de poesía

O alumnado de 4º de ESO asistiu esta semana a un obradoiro de poesía impartido pola poeta Estíbaliz Espinosa. A biblioteca foi o recinto elexido pola profesola de Galego, que organizou esta actividade,  para iniciar ós seus alumnos e alumnas no mundo da poesía.

A escritora Núria Pradas no Macías

O alumnado do Club de Lectura asistiu a un encontro coa escritora, e antes profesora, catalana Nuria Pradas despois de ler un dos seus libros centrados no mundo dos exipcios, Heka, un viaje mágico a Egipto.
Durante unha hora que soupo a pouco, os alumnos e alumnas preguntaron todo aquelo que un quere saber cando ten diante a alguén que vive da literatura: se iba continuar a triloxía que empezara con este libro, se se inspirara en personaxes reais, se botaba de menos o ensino... E a que non podía faltar: "Que consello lle darías a alguen que quera ser escritor?" Ao que ela contestou:" Formarse, ler moito e , sobre todo, paciencia, paciencia , paciencia.."

A escritora, antes de partir , asinou no libro de honra da biblioteca e deixounos un exemplar coas súas verbas.
Esperamos que este non sexa o derradeiro encontro con creadores de historias; queremos invitar a poetas, contacontos, periodistas... en fin , a quen teña que ver co mundo da cultura ou da comunicación.
Paciencia, paciencia, paciencia...