CLUBS DE
LECTURA ÁGORA
DÍA : 18
DE DECEMBRO
LUGAR: BIBLIOTECA
DO IES MACÍAS O NAMORADO
HORA: 15:15
" Soños. Arquivos. Cartas " é
unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co
xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades
de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva,
o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros.
Este é
un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto para
todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa
dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa
a voz que nunca tivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario