CONCURSO DE RELATOS METES MEDO!!
POR FIN!! O xurado do concurso precisou moito, moito tempo, para escoller os relatos gañadores;tanto que se lle xuntou Samaín e Nadal. Resultou moi, pero moi difícil, elixir os gañadores, porque foron moitos os relatos entregados e porque todos nos gustaban.
Deixamos aquí os relatos gañadores e outros que foron seleccionados, para que vexades por que a decisión cumpriu pensala moito.
Parabéns a todos e moitas graza por participar.
GAÑADORA NO GRUPO DE
3º E 4º DE ESO:
RUTH BUSTELO BALEIRÓN
““Algo pasa na biblioteca do Macías na semana de Defuntos. Todas as mañás aparecen os libros do mesmo andel estrados polo chan, e unhas misteriosas pegadas que rematan na Dirección...
No consello decidiuse poñer cámaras no instituto, e así foi.
A mañá seguinte, a directora chegou ao instituto, despois de pasar a noite en vela. Comprobou que non sucedera nada. Isto fíxolle pensar que o culpábel encontrábase no consello, xa que prometeran non mencionalo.
Pero cando se dirixía ao seu despacho, decatouse que eran as súas pegadas. Recordou a pregunta do seu marido: ̈Onde vas tódalas noites? ̈
GAÑADORA DO GRUPO DE
1º E 2º DE ESO:
CANDELA BELLO RODRÍGUEZ
AS PANTASMAS DA MEDIA NOITE
“Algo pasa na biblioteca do Macías na semana de Defuntos. Todas as mañás aparecen os libros do mesmo andel estrados polo chan, e unhas misteriosas pegadas que rematan na Dirección... Aínda que ordenasen os libros, todos os días pasaba o mesmo. O venres por fin comprobaron as cámaras e descubriron o que pasaba.
Uns mortos especiais viñan ás agochadas polas noites. Eran uns mortos moi coñecidos que xa foran estudantes do instituto e moi bos lectores cando estana vivos. Xuntábanse arredor dunha vela e cada noite un deles líalles un conto de medo aos compañeiros, que evidentemente matábanse de risa. Despois, ían a Dirección deixarlle notas ao director para que seguise mercando libros de medo para a biblioteca, pois xa estaban rematando de ler os que había.
PODEDES LER ESTOUTROS RELATOS QUE TAMÉN FORAN SELECCIONADOS:
LETRAS DE SANGUE
“Algo pasa na biblioteca do Macías na semana de Defuntos. Todas as mañás aparecen os libros do mesmo andel estrados polo chan, e unhas misteriosas pegadas que rematan na Dirección...
Esa mañá, na porta da directora atopamos escritos con letras de sangue: “Arrebatáchesme o que era meu, que a miña maldición recaia sobre ti” Quedamos todos estarrecidos. Criamos que era unha broma pesada, ata que chegou a directora e nos botou fóra; algo quería ocultar.
Cando saímos, todo se escureceu e escoitáronse uns berros que proviñan da escola. Demos volta correndo, pero ao entrar, a directora estaba morta e cun libro nas mans. Ao seu carón, unhas letras de sangue poñían “A NOSA CONTA ESTÁ SALDADA”
Aínda hoxe nos preguntamos... Que foi o que pasou?
Héctor
Vázquez Pérez (2º ESO)
“Algo pasa na biblioteca do Macías na semana de Defuntos. Todas as mañás aparecen os libros do mesmo andel estrados polo chan, e unhas misteriosas pegadas que rematan na Dirección...“
Hoxe, de novo, Miguel tivo que colocar todos os libros no andel, pero deuse de conta de que había un libro que non coñecía. Parecía un libro antigo e tiña un símbolo satánico na portada. Abriuno e atopou dentro unha man ensanguentada. Tirou o libro ao chan e saíu correndo ata a Dirección.
Cando chegou, a directora parecía estar durmida e ao achegarse viu que lle Fltaba unha man. Deuse a volta para fuxir....DEMASIADO TARDE!! Detrás tiña a xesus disposto a matalo a el tamén.
DANIEL TRIGO RODRÍGUEZ, 1º ESO
HISTORIA QUE NON FOI CONTADA
“Algo pasa na biblioteca do Macías na semana de Defuntos. Todas as mañás aparecen os libros do mesmo andel estrados polo chan, e unhas misteriosas pegadas que rematan na Dirección... A media maña sempre se escoitan uns estrondos procedentes do timbre, intratábel para todos os alumnos. Pero o estraño e que o profesorado non pode ver nin escoitar nada . Será o alumnado está tolo? Detrás disto hai unha historia e só eu a coñezo. .Os alumnos estaban fartos dos comportamentos e regras do instituto e quixeron rebelarse e facer unha revolta. Rematou co director falecendo por accidente. O seu espírito comezou a vagar arredor do instituto atorméntandoos na semana de Defuntos .
Velaquí o filme co que gañei o meu primeiro premio no Macías o Namorado.
Sara Bustelo Basadre, 3º A
“Algo pasa na biblioteca do Macías na semana de Defuntos. Todas as ma
ñás
aparecen os libros do mesmo andel estrados polo chan, e unhas misteriosas
pegadas que rematan na Dirección... “
Daniela Domínguez Basadre 3ºA
VACACIÓNS
“Algo pasa na biblioteca do Macías na semana de Defuntos. Todas as mañás aparecen os libros do mesmo andel estrados polo chan, e unhas misteriosas pegadas que rematan na Dirección...
O equipo directivo decide suspender as clases ata que se encontre o culpable e, para iso, chaman á detective Clara García que está durante catro días investigando o caso. O primeiro e o segundo día pásaos mirando as listas dos nenos/as que levaron libros emprestados á casa no último mes, pero non hai nada sospeitoso.
No terceiro día decide ir falar con Uxía, a directora do centro. Pregúntalle cousas coma se se sentiu ameazada por algún alumno no último mes, pero non houbo un "si" como resposta.
No cuarto día, Clara apóiase no andel da biblioteca mentres toma un café xa que está no seu descanso. De súpeto algo chama a súa atención. Hai un cabelo no andel onde faltan os libros que están estrados polo chan. Sen dubidalo, manda ese cabelo á científica para investigalo. Ao día seguinte recibe os resultados da proba de ADN. O pelo pertence a Roi, un alumno de 2ºESO.
-Por que razón fixeches iso?- pregúntalle Uxía a Roi unha vez que este chega ao centro
-Eu só quería unha semana de vacacións!
Ángela González Calle (3ºESO)
“Algo pasa na biblioteca do Macías na semana de Defuntos. Todas as mañás aparecen os libros do mesmo andel estrados polo chan, e unhas misteriosas pegadas que rematan na Dirección...
A señora encargada de manter a limpeza estaba farta de atopar tódolos días o mesmo. Suspirou e comezou a colocar cada libro no andel. Unha vez todo estaba en orde, colleu a fregona e limpou as pisadas do chan, esa molesta pintura vermella que tiña que pasar tempo e tempo frotando para que non quedara rastro algún. Non tardou en chegar á dirección. Abriu a porta e quedou sen alento, incapaz de moverse: a directora estaba descortizada. Tremíanlle as mans, tanto que a fregona esvarou polos seus dedos e caeu ao chan cun golpe forte e seco. Deuse a volta, disposta a correr e marchar de alí, pero detrás dela había unha estraña muller que non recordaba ver nunca. Cando abriu a boca, disposta a gritar, aquela muller xa a matara e a estaba arrastrando fóra do centro. Tirouna ao río e unha risa macabra saíu dos seus beizos. “Non debedes construír edificios enriba da miña tumba...”
Ada Rodríguez Autrán (3ºESO)
PEGADAS SOSPEITOSAS
Algo pasa na biblioteca do Macías na semana de Defuntos. Todas as mañás aparecen os libros do mesmo andel estrados polo chan, e unhas misteriosas pegadas que rematan na Dirección... , xunto á fiestra que fora decorada polo alumnado. Atopamos os libros cheos de sangue e os adornos ciscados no ximnasio e no laboratorio. O primeiro día decidimos durmir dez persoas na biblioteca para saber o que sucedía. Sobre as catro da mañá escoitamos miañar gravemente a un gato peludo, cunha mirada feroz e arrepiante, cheo de carraxe, que levaba agarrotando cos dentes a un rato sen alento.
María Villaverde, 4º de ESO
Paula Reboredo 4º de ESO
5 comentarios:
Encantoume o libro "contos de fantasmas no museo". O conto que mais me gustou foi "A maldición do carneiro alado" , pola estraña historia dos carneiros malditos.
Sophia
A min do libro "contos de fantasmas no museo" so me gustou a terceira historia
xa que ten un final moi inesperado.
Este ano, no club de letura tocounos ler o libro: "contos de fantasmas no museo".
Este libro está formada por catro pequenas historias e a que máis me gustou foi a segunda polo uso dalgúns mitos e dalgúnhas criaturas fantásticas.
No club de lectura deste ano tocounos ler o libro "Contos de fantasmas no museo".
Éste divídese en catro interesantes historias, das cales só me gustaron dúas: "A maldición do carneiro alado" e "Astrágalo", xa que teñen uns finais inesperados.
María
O primerio libro que se nos propuxo ler no club de lectura foi o titulado "Contos de fantasmas no museo". As catro historias das que se compón o libro están ambientadas no Museo Provincial de Lugo e todas son moi entretidas, pero se tivera que escoller unha, sería "Astrágalo", xa que non esperaba ese final e mantívome en vilo ata o último momento.
Recomendaría este libro a todas aquelas persoas ás que lles guste o misterio e o medo.
Publicar un comentario