Reunión do cluble de lectura de 3º de ESO
As lectoras de 3º de ESO foron as primeiras en reunirse para poñeren en común as súas opinións sobre o libro escollido para este trimestre: RELATOS DO MUSEO, publicado polo Museo Provincial de Lugo. Trátase dun libro de relatos de terror relacionados con algunha obra exposta no museo, e escritos por autores de sona entre as lectoras e lectores máis novos como Andrea Maceiras, Ledicia Costas, Carlos Negro... Foi moi interesante escoitar as súas opinións.
Recomendámosvos a lectura sen dúbida ningunha a todas e todos os que lles gusten os relatos de medo. Ademais pode ser un xeito de desconectar un pouco un pouco de tantas panxoliñas, luces, grinaldas, doces...
Moitas grazas a todas pola vosa participación.
2 comentarios:
A min gustáronme moito estas catro historias, xa que todas teñen intriga e son moi interesantes e divertidas. Persoalmente, a miña favorita é a terceira. Ésta trata sobre un rapaz que quedou castigado no museo e a súa antiga amiga acáballe facendo unha broma que o tivera cheo de medo durante varios días.
Noelia Negreira 3B
Recoméndovos estas catro historias, todas elas moi interesantes e relacionadas co Museo Provincial de Lugo. A min, ao igual que a Rita, a historia que mais me gustou foi a terceira. Se tivera que elixir, a que menos me gustou foi a segunda... pero si vos gusta a mitoloxía, de seguro que vos gusta!
Publicar un comentario