CLUBE DE LECTURA
BIBLIOMACÍAS
NOVAS
GRUPOS DE LECTURA
Xa están establecidos os grupos do clube de lectura, que quedan como segue:
- Grupo de 1º e 2º ESO a cargo do profesor Xesús López Carreira.
- Grupo de 3º e 4º ESO a cargo da profesora Isabel Mouriño Botana.
- Grupo de 1º de Bach. a cargo da profesora Lourdes Lema Porteiro e do profesor Miguel Ángel Prieto.
CONVOCATORIA DE AXUDAS
- A Consellería concedeu 925 euros de axuda a Biblioteca para incentivar a lectura a través do Clube de lectura.
CONCURSO DE MICRORRELATOS MICROMACIATOS NAMODEADOS
MICROMACIATOS NAMODEADOS
Propoñémosvos un
concurso de micro-relatos encadeados. Consiste na
creación de pequenos relatos a partir dunha oración ou frase dada.
A partir dunha oración ou frase que vos proporemos, teredes que crear o
1º micro-relato.
1) De entre todos os relatos presentados, o
profesorado de LG e o equipo da Biblioteca seleccionará tres. Deses textos
seleccionados, o alumnado participante
escollerá o que considere o mellor.
2) O segundo relato terá como
frase ou oración de inicio aquela coa que remate o primeiro relato
seleccionado. O terceiro relato comezara coa frase ou oración que remate o segundo seleccionado, e así
sucesivamente ata o relato que peche o concurso.
3)
Os relatos deberán subirse en prazo e en formato PDF á aula
virtual de LG do curso da/do
participante ou da Biblioteca.
4)
Os relatos deberán estar en galego e a selección do gañador
ou gañadora de cada fase farase
atendendo á creatividade do texto, así como á corrección formal do mesmo.
5)
Establécense dúas categorías, unha para o alumnado de 1º e 2º
de ESO e outra para o alumnado de 3º e 4º.
6)
Unha vez rematadas as fases do concurso, as/os integrantes do
equipo da Biblioteca do IES escollerán, entre os relatos seleccionados en cada
unha delas, o relato gañador do concurso.
7)
Os relatos seleccionados en cada fase e os
gañadores publicaranse no blog da
Biblioteca do IES Macías o Namorado.
8)
Os relatos deberán manter o seguinte formato:
a) Letra “Calibrí” tamaño 12.
b)
Como encabezamento, na primeira liña e centrado na mesma, en
letras maiúsculas e subliñadas, un título relacionado co contido do relato.
c)
Na segunda liña comezará o relato coa frase ou oración
proposta como inicio (en letra negriña),
e a continuación desta, na letra establecida, o relato.
d) O relato terá unha extensión
dun mínimo de 100 palabras e un máximo de 150, para o que se contará a frase de
inicio pero non o título.
FORMA DE
PRESENTACIÓN DO RELATO:
TÍTULO
DO RELATO
Oración ou frase de inicio do relato e texto do relato...