27 de xaneiro de 2021

Reunión do clube de lectura de 3º de ESO

 

 

O venres 15 de xaneiro tivemos a primeira reunión do club de lectura de 3º de ESO. Tivo que ser telemática, polo dichoso virus, pero non nos queda outra.

A nosa primeira lectura foi O CORAZÓN DE XÚPITER, dunha das vosas escritoras favoritas, Ledicia Costas. Todos coincidimos en que foi unha lectura dura pero gratificante. Ledicia Costas toca temas que lamentablemente non deixan de ser actualidade: a pederastia, o acoso escolar, o engano… Pero tamén teñen presenza a amizade e o amor.

Animádevos a lelo!

 

                                               


2 comentarios:

Unknown dixo...

A protagonista desta historia é unha rapaza chamada Isla que se muda a un novo pobo. Alí coñece a Mar, a súa nova mellor amiga. Ésta é a miña personaxe favorita xa que ten as ideas claras e sempre apoiou a Isla.
Por outra parte está Carballo, un compañeiro de clase que lle facía a vida imposible a Isla. Por esta razón é o personaxe que menos me gustou, aínda que ao final do libro deume un pouco de pena o que lle aconteceu e penso que esta pode ser a causa do seu mal comportamento.
É un libro que me gustou moito e recomendo que o leades xa que hai momentos nos que, pola intriga, non ides poder deixar de ler.

Unknown dixo...

Este libro trata dunha rapaza chamada Isla, a protagonista, dun rapaz chamado Carballo, que é un compañeiro da clase e a mellor amiga de Isla, que é Mar.
Isla tivo que mudarse a outro pobo, polo que todo sería novo para ela, como comezar nun novo instituto sen coñecer a ninguén. Debido a Carballo todo se lle complicou, xa que lle fixo a vida imposible. Pero Isla ten unha gran amiga chamada Mar, coñeceuna no pobo onde vive actualmente, ésta apóiaa tanto nos momentos malos como nos bos, grazas a ela todo foi más sinxelo.
A personaxe que máis me gustou foi Mar, xa que defendía e apoiaba moito a Isla. E a que menos me gustou foi Carballo, xa que o seu comportamento non era nada bo. A min gustoume moito este libro e recoméndoo, xa que che deixa coa intriga todo o tempo e así faise máis ameno.