7 de xaneiro de 2021

Novas do Clube

 CLUBE DE LECTURA 

BIBLIOMACÍAS

NOVAS

GRUPOS DE LECTURA

Xa están establecidos os grupos do clube de lectura, que quedan como segue:

- Grupo de 1º e 2º ESO a cargo do profesor Xesús López Carreira.

- Grupo de 3º e 4º ESO a cargo da profesora Isabel Mouriño Botana.

- Grupo de 1º de Bach. a cargo da profesora Lourdes Lema Porteiro e do profesor Miguel Ángel Prieto.

                              


CONVOCATORIA  DE AXUDAS

- A Consellería concedeu 925 euros de axuda a Biblioteca para incentivar a lectura a través do Clube de lectura.

 

CONCURSO DE MICRORRELATOS MICROMACIATOS NAMODEADOS 


MICROMACIATOS NAMODEADOS

            Propoñémosvos un concurso de micro-relatos encadeados. Consiste na creación de pequenos relatos a partir dunha oración ou frase dada.

A partir dunha oración ou frase que vos proporemos, teredes que crear o 1º micro-relato.

1)       De entre todos os relatos presentados, o profesorado de LG e o equipo da Biblioteca seleccionará tres. Deses textos seleccionados,  o alumnado participante escollerá o que considere o mellor.

2)      O segundo relato terá como frase ou oración de inicio aquela coa que remate o primeiro relato seleccionado. O terceiro relato comezara coa frase ou oración que  remate o segundo seleccionado, e así sucesivamente ata o relato que peche o concurso.

3)      Os relatos deberán subirse en prazo e en formato PDF á aula virtual de LG do curso da/do participante ou da Biblioteca.

4)      Os relatos deberán estar en galego e a selección do gañador ou gañadora  de cada fase farase atendendo á creatividade do texto, así como á corrección formal do mesmo.

5)      Establécense dúas categorías, unha para o alumnado de 1º e 2º de ESO e outra para o alumnado de 3º e 4º.

6)      Unha vez rematadas as fases do concurso, as/os integrantes do equipo da Biblioteca do IES escollerán, entre os relatos seleccionados en cada unha delas, o relato gañador do concurso.

7)       Os relatos  seleccionados en cada fase e os gañadores  publicaranse no blog da Biblioteca do IES Macías o Namorado.

8)      Os relatos deberán manter o seguinte formato:

a)      Letra “Calibrí” tamaño 12.

b)      Como encabezamento, na primeira liña e centrado na mesma, en letras maiúsculas e subliñadas, un título relacionado co contido do relato.

c)       Na segunda liña comezará o relato coa frase ou oración proposta como inicio (en letra negriña),   e a continuación desta, na letra establecida, o relato.

d)      O relato terá unha extensión dun mínimo de 100 palabras e un máximo de 150, para o que se contará a frase de inicio pero non o título.


                        


 

FORMA DE PRESENTACIÓN DO RELATO:

 

                                                        TÍTULO DO RELATO

Oración ou frase de inicio do relato e texto do relato...

Ningún comentario: