24 de febreiro, día de Rosalía
Lia Pamina e os Peregrinos musicaron varios poemas de Follas Novas.
Deixámosvos aquí o precioso video que elaboraron. Non o perdades!
24 de febreiro, día de Rosalía
Lia Pamina e os Peregrinos musicaron varios poemas de Follas Novas.
Deixámosvos aquí o precioso video que elaboraron. Non o perdades!
BASES PARA O CONCURSO DE HAIKUS
1ª Concurso aberto a todo o alumnado do IES Macías o Namorado.
2ª Presentaranse versos (con ou sen rima), frases ou aforismos orixinais e non publicados anteriormente nin en medios analóxicos nin dixitais. Tamén se poden presentar textos orixinais seguindo a estructura tradicional do haiku: Estrofa de tres versos que sumen 17 sílabas.
3ª Os textos presentaranse en galego ou castelán e poden ir acompañados dunha ilustración, dun debuxo ou viñeta complementarias.
4ª Pódese presentar máis dun haiku por participante.
5ª O tema único será o amor, relacionándose cun elemento natural ou establecendo unha referencia á Natureza.
6ª A data límite será o día 21 de febreiro de 2020.
7ª Os textos pódense presentar en papel ou na Aula Virtual da Biblioteca.
a) Os textos que se presenten en papel deben escribirse nun folio dobrado, a man, ordenador ou máquina de escribir. Na parte exterior do folio indicarase o nome, apelidos e o curso.
Os textos serán entregados a calquera dos membros da Coordinadora, nas aulas de galego ou castelán, ou na Biblioteca.
b) Os textos que se envíen ao Aula VIrtual deberán entregarse en "TAREFAS CONCURSO" en formarto PDF.
8ª PREMIOS.
Primeiro premio: dous libros de poemas (en galego e castelán) e un vale de 10 euros para a Cafetaría do centro.
Segundo premio: dous libros de poemas (en galego e castelán) e un vale de 5 euros para a Cafetaría do centro.
O nome da gañadora ou gañador do concurso e o día de entrega de premios será o día 27 de febreiro, coincidindo coa celebración do Día de Rosalía no centro.
9ª O Xurado está composto polos membros da Coordinadora da Biblioteca, integrada pola profesora Isabel Mouriño Botana e polos prorfesores Xesús López Carreira e Miguel Ángel Prieto.
Hoxe celébrase o día para non esquecer a participación da muller na ciencia e súa impronta no desenvolvemento científico e técnico. Debemos lembrar que ás mulleres tamén fixeron posible o progreso da humanidade, aínda que moitas veces foron silenciadas. Nos seguintes enlaces podedes atopar dous videos moi interesantes:
www.nomorematildas.com
www.youtube.com/watch?v=Hc6kK168SM8
ELISA E MARCELA: UNHA HISTORIA DE AMOR
Agora que xa pasou a Candeloria e xa casaron os paxariños, toca celebrar o Día dos Namorados.É este un bo día para coñecer a valente historia de amor de Elisa e Marcela.“Unha das máis extraordinarias historias de amor de todos os tempos” en palabras de Manuel Rivas.
No seguinte enlace podes ler (e descargar) a banda deseñada que Xulia Vicente creou sobre a historia destas dúas mulleres. http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4372
Nestoutro enlace podes ver un vídeo para saberes máis sobre o proceso de elaboración desta Banda deseñada.
https://www.youtube.com/watch?v=FmtlGQsB-08&feature=emb_logo
Este martes reunise o clube de lectura de 4º de ESO para partillar impresións sobre o libro O FARO ESCURO de María López Sande. Grazas a todos os participantes, foi ben interesante e divertido escoitar as vosos comentarios.
En breve, publicaranse as bases do II concurso de Haikus namorados. Preparadevos para deixar voar os vosos sentimentos, inquedanzas e desexos. Recordade que haberá uns marabillosos premios para os mellores haikus.
Segue a pleno funcionamento o concurso de micrrorelatos, Micromaciatos Namodeados, con grande aceptación por parte do alumnado.