Con estas verbas referíase o escritor Xosé Neira Vilas ao seu amigo Isaac Díaz Pardo. Considerado un dos maiores intelectuais de Galicia, morreu ós 91 anos despóis dunha vida adicada ó estudo.
Pintor, ceramista, diseñador e editor, fundó con otros socios a fábrica de cerámica do Castro. Como escritor de ensayo y crítica, destacan Xente do meu Rueiro, O ángulo de pedra, , El Marqués de Sargadelos, Castelao, etc, además de una gran cantidad de artículos en periódicos.
Concedido ó poeta chileno Nicanor Parra o Premio Cervantes 2011.
Picando na súa fotografía, podes ver e escoitar a súa obra. Aquí tedes unha pequena mostra dunha poesía. Se queres lela enteira, accede desde o seu nome.
Manifiesto Señoras y señores Esta es nuestra última palabra. -Nuestra primera y última palabra- Los poetas bajaron del Olimpo. Para nuestros mayores La poesía fue un objeto de lujo Pero para nosotros Es un artículo de primera necesidad: No podemos vivir sin poesía.
Primeiro obxectivo conseguido; imos polo segundo: De ratos e homes , de John Steinbeck, é o seguinte libro proposto para o club de lectura dos maiores. Xa podedes collelo na biblioteca e comezar a lelo. Seguro que vos gustará tanto coma o anterior!
Xa tivemos a primeira reunión do club de lectura. A asistencia foi abondosa pero algúns despistadiños esquenceron a data e a responsable do club tivo que ir buscalos polo instituto ou viñeron noutro momento á procura do libro e do" caderno de viaxe".
III Certame de microrrelatos Macías o Namorado “A Casa de Cadavid”Corren rumores de pantasmas, meigas, espíritos e demais entes nos arredores do instituto Macías o Namorado. Que hai de verdade?
Dende a biblioteca propoñémosche que nos achegues información sobre este tema. Podes facelo de dúas maneiras:
Velaí as bases:
Modalidade A: Traballo de investigación1. Recollerás información acerca da Casa de Cadavid e todo o que dela se di: a lenda e a realidade. Poderás preguntarlles aos veciños do lugar, aos vellos que saben a historia, mesmo ás pedras se consegues que che falen…
2. Indicarás a idade e nome dos informantes, así como a relación de parentesco e o lugar ao que pertencen.
3. Poderás acompañalo con debuxos e fotografías, e darlle o aspecto que che pareza.
4. Estará escrito en letra Arial ou Verdana, tamaño 12p., con un interlineado de 1,5.
5. Na portada figurarán o título e o seudónimo do autor ou autora.
6. Entregarase unha copia en papel e outra en formato dixital (CD). Ambas as dúas deberán introducirse nun sobre grande en cuxo exterior figurará a modalidade elixida, o título e o seudónimo.
7. No mesmo sobre introducirase un sobre pequeno coa seguinte información: nome e apelidos , curso e grupo (dentro); modalidade e seudónimo (fóra).
8. Os exemplares entregaranse na Biblioteca do centro durante o segundo recreo de calquera día do mes de novembro.
Modalidade B: Relato fantástico1. Redactarás un texto de terror que teña por tema a Casa de Cadavid.
2. Terá unha estensión exacta de 20 liñas (sen contar o título).
3. Poderás acompañalo con debuxos e fotografías, e darlle o aspecto que che pareza.
4. Estará escrito en letra Arial ou Verdana, tamaño 12p., con un interlineado de 1,5
5. Entregaranse dúas copias do microrrelato nun sobre grande no que figurarán a modalidade elixida, un seudónimo e o título do relato.
6. No mesmo sobre introducirase un sobre pequeno coa seguinte información: nome e apelidos , curso e grupo (dentro); modalidade e seudónimo (fóra).
7. Os exemplares entregaranse na Biblioteca do centro durante o segundo recreo de calquera día do mes de novembro.
O premio (uno para cada modalidade) fallarase a principios de decembro e o gañador ou gañadora levará un agasallo terrorífico.
Para este ano, o equipo da biblioteca decidiu recomendar un libro por mes cunha pequena reseña. Para este mes eliximos Si tú me dices ven, lo dejo todo... pero dime ven, de Albert Espinosa. Además, será o primeiro libro do club de lectura, Liñas de Fuga. Podes entrar na páxina web do autor (é preciosa) para saber máis de él. O libro trata unha historia tenra, pero nunca cursi; cunha estructura moi orixinal e nada forzada; cunha chea de frases para pensar... Disfrutádeo.
Prefeririamos outra fotografía para ilustrar o comezo do curso, pero a realidade é esta: folgas, manifestacións, concentracións, paros... e aínda estamos no inicio.
Pola defensa do ensino público e en contra dos recortes que se veñen facendo na nosa comunidade, concentrámonos hoxe pais, nais, alumnado e profesorado do IES Macías o Namorado. Tamén tivemos o apoio doutros centros da zona que, coma nós, protestan polo abandono que vén sufrindo o ensino público e polo detrimento da figura do profesorado, levados a cabo polas autoridades educativas con declaracións que evidencian o descoñecemento do labor que fai o profesorado e co aumento de tarefas baixo a aparencia da reorganización do noso traballo.
Desde o equipo da biblioteca queremos darvos, de todolos xeitos, a benvida ao novo curso.
Durante toda esta semana celebramos o Día da Paz. Na biblioteca podes escoitar música para a paz e ver caligramas que teñen este mesmo tema, feitos en distintos idiomas por alumnos e alumnas do centro.
Aquí tes un poema que fala de paz e amor na terra.
A ILLA EN REBELION
Soño cun mundo no que o ser humano xa non desprecie o ser humano onde reine o amor na terra onde adorne a paz os camiños. Soño cun mundo no que todos se diexen ir polas sendas doces da liberdade, onde a cobiza non ensombreza os nosos días. Soño cun mundo no que brancos e negros sexa cal sexa a vosa raza, compartan os dons da terra, onde todo ser humano sexa libre, onde a miseria vergonzante agachará a cabeza, e a ledicia como unha perola preciosa, colmará os anhelos da humanidade. Velaiqui o mundo co que soño.
Xa tivo lugar a primeira reunión do club de lectura de 1º de ESO o pasado luns 17 de xaneiro no primeiro recreo. Tratouse o libro Rapazas, de Agustín Fernández Pas. O próximo será O bebé máxico , de Rivadulla, e esperamos que lles guste tanto coma o anterior. O xoves 27 de xaneiro , no segundo recreo, trataremos co grupo dos maiores a obra de Torrente Ballester Crónica del rey pasmado.
“As palabras son só pedras postas atravesando a corrente dun río. Se están aí é para podermos chegar á outra beira. A outra beira é o que importa.”
J. Saramago
De 10 a 14 anos...Con Almodóvar, Jáuregui, Michael Ende e Xabier Docampo poderedes pasar uns ratiños ben entretidos.
De 15 en adiante.......aventuras, misterio, maxia que non vos deixarán indiferentes
Para os que gosten da banda deseñada, aquí van algúns títulos necesarios:
Para os maiores da casa, a testemuña dunha muller heróica, unha excelente novela de Padura sobre o asasinato de Troski,a última do recente Nóbel Vargas Llosa e unha excelente ollada ao mundo do narcotráfico no noso país levado da man de Manuel Rivas.
O escritor e historiador Marcos Valcárcel morreu o día 5 de decembro. Profesor nun instituto de Ourense, deixounos despois dunha longa enfermidade. A sua obra abrangue varios aspectos relacionados co xornalismo, a comunicación, a literatura , a política e, sobre todo, a historia. Recibiu o premio anual do Pen Club 2009, o Otero Pedrayo 2009 e a Medalla Castelao. Mentras a enfermidade llo permitiu, mantivo aberto o seu blog As uvas na solaina. Foi despedido por moitos amigos nunha homenaxe na que se leron poemas adicados á sua figura. Imaxe:www.literauria.org/?page_id=164
O equipo da biblioteca sumouse á celebración da Semana da música cun amplo repertorio de obras dos máis prestixiosos compositores de todos os tempos. A música soa de xeito ininterrumpido desde a primeira hora da mañana até o remate das aulas. O profesor de música elixiu unha ampla selección desde a Idade Media , pasando polo Renacemento, Barroco, Clasicismo, Romanticismo e Século XX. Disfrutádea. E, aproveitando que onte foi o Día Mundial adicado a SIDA, aquí tedes o vídeo da película California, de Bruce Springsteen
O 25 de novembro, os/as integrantes do club de lectura fixeron unnha visita á TVG. Viron as instalacións onde lles explicaron como funcionaba a televisión por dentro, as mesas de son, a función do rexidor, os distintos platós... Tamén coñeceron o presentador do programa Luar, Xosé Manuel Gayoso (Jaioso para os amigos),co que se retrataron e de quen recibiron un autógrafo que podedes ver no libro de firmas da biblioteca. Ao final, agasalláronos cun CD para cada un e unha caixa de libros para o noso centro.
Tamén estiveron no MUPEGA, o museo das escolas, onde lles contaron como xurdiron as escolas de indianos e poideron contemplar aulas de distintas épocas, así coma os xoguetes e os libros que un día tiveron os seus abós.
Celebrouse na biblioteca un coloquio en torno ó libro El diario violeta de Carlota, que o alumnado de 3º de ESO leu na aula de Lingua Castelá. Nel evidéncianse as situacións de discriminación que sofren as mulleres en todo o mundo. En forma de diario, a autora, Gemma Lienas, propón un xeito de combatir as inxustizas e, sobre todo, de tomar conciencia delas para loitar polo seu rexeitamento.
Estes mesmos alumnos e alumnas asistirán o día 2 de decembro a unha charla que completará o tema : Movementos populares na defensa da igualdade, a cargo de Puri Cabido, invitada polo equipo da biblioteca dentro das actividades que ten programadas na semana contra a violencia machista.
O grupo do segundo ciclo da ESO do clube de lectura ten xa rematada a lectura de Las metamorfosis de Ovidio, en castelán. Agora están lendo un novo libro, O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro. O autor visitaranos o 23 de novembro ás 11:45 para ter un encontro cos alumnos e alumnas do clube Liñas de fuga e tratar a sua obra.