27 de outubro de 2011

UN LIBRO DE JEAN GIONO PARA OS MÁIS NOVOS

Xa tivemos a primeira reunión do club de lectura. A asistencia foi abondosa pero algúns despistadiños esquenceron a data e a responsable do club tivo que ir buscalos polo instituto ou viñeron noutro momento á procura do libro e do" caderno de viaxe".
Como xa estaba postado, para o segundo grupo ofertouse o libro Si tú me dices ven lo dejo todo....pero dime ven. O primeiro grupo, o dos máis novos, lerán o libro El hombre que plantaba árboles ; como este xa o tiñan lido algúns, cambiouselles por La invención de Hugo Cabret.

Para tratar o libro El hombre que plantaba árboles, reunímonos este venres 11 no 1º recreo na biblioteca. No 2º recreo veremos a película.

23 de outubro de 2011

A Biblioteca convoca o III Certame de microrrelatos

 SEMANA DO TERROR


Terror 2011 on PhotoPeach

III Certame de microrrelatos Macías o Namorado
“A Casa de Cadavid”
Corren rumores de pantasmas, meigas, espíritos e demais entes nos arredores do instituto Macías o Namorado. Que hai de verdade?
Dende a biblioteca propoñémosche que nos achegues información sobre este tema. Podes facelo de dúas maneiras:
Velaí as bases:

Modalidade A: Traballo de investigación1. Recollerás información acerca da Casa de Cadavid e todo o que dela se di: a lenda e a realidade. Poderás preguntarlles aos veciños do lugar, aos vellos que saben a historia, mesmo ás pedras se consegues que che falen…
2. Indicarás a idade e nome dos informantes, así como a relación de parentesco e o lugar ao que pertencen.
3. Poderás acompañalo con debuxos e fotografías, e darlle o aspecto que che pareza.
4. Estará escrito en letra Arial ou Verdana, tamaño 12p., con un interlineado de 1,5.
5. Na portada figurarán o título e o seudónimo do autor ou autora.
6. Entregarase unha copia en papel e outra en formato dixital (CD). Ambas as dúas deberán introducirse nun sobre grande en cuxo exterior figurará a modalidade elixida, o título e o seudónimo.
7. No mesmo sobre introducirase un sobre pequeno coa seguinte información: nome e apelidos , curso e grupo (dentro); modalidade e seudónimo (fóra).
8. Os exemplares entregaranse na Biblioteca do centro durante o segundo recreo de calquera día do mes de novembro.

Modalidade B: Relato fantástico1. Redactarás un texto de terror que teña por tema a Casa de Cadavid.
2. Terá unha estensión exacta de 20 liñas (sen contar o título).
3. Poderás acompañalo con debuxos e fotografías, e darlle o aspecto que che pareza.
4. Estará escrito en letra Arial ou Verdana, tamaño 12p., con un interlineado de 1,5
5. Entregaranse dúas copias do microrrelato nun sobre grande no que figurarán a modalidade elixida, un seudónimo e o título do relato.
6. No mesmo sobre introducirase un sobre pequeno coa seguinte información: nome e apelidos , curso e grupo (dentro); modalidade e seudónimo (fóra).
7. Os exemplares entregaranse na Biblioteca do centro durante o segundo recreo de calquera día do mes de novembro.


O premio (uno para cada modalidade) fallarase a principios de decembro e o gañador ou gañadora levará un agasallo terrorífico.

17 de outubro de 2011

O libro do mes: Si tú me dices ven, lo dejo todo... pero dime ven


Para este ano, o equipo da biblioteca decidiu recomendar un libro por mes cunha pequena reseña. Para este mes eliximos Si tú me dices ven, lo dejo todo... pero dime ven, de Albert Espinosa. Además, será o primeiro libro do club de lectura, Liñas de Fuga. Podes entrar na páxina web do autor (é preciosa) para saber máis de él.
O libro trata unha historia tenra, pero nunca cursi; cunha estructura moi orixinal e nada forzada; cunha chea de frases para pensar...
Disfrutádeo.

Imaxe:potablava13.blogspot.com

4 de outubro de 2011

Empeza un novo curso

Prefeririamos outra fotografía para ilustrar o comezo do curso, pero a realidade é esta: folgas, manifestacións, concentracións, paros... e aínda estamos no inicio.

Pola defensa do ensino público e en contra dos recortes que se veñen facendo na nosa comunidade, concentrámonos hoxe pais, nais, alumnado e profesorado do IES Macías o Namorado. Tamén tivemos o apoio doutros centros da zona que, coma nós, protestan polo abandono que vén sufrindo o ensino público e polo detrimento da figura do profesorado, levados a cabo polas autoridades educativas con declaracións que evidencian o descoñecemento do labor que fai o profesorado e co aumento de tarefas baixo a aparencia da reorganización do noso traballo.


Desde o equipo da biblioteca queremos darvos, de todolos xeitos, a benvida ao novo curso.

17 de febreiro de 2011

O club de lectura visita a Fundación Torrente Ballester

Despois de asistir á Fundación, foron a Caixa Galicia para ver unha exposición de pintura contemporánea vangardista
propiedade de Aena .


























Estas son algunhas das imaxes do alumnado que visitou Caixa Galicia. Moitos asistiron a un obradoiro artístico.

3 de febreiro de 2011

Día 30 de xaneiro: Día da PAZ

Durante toda esta semana celebramos o Día da Paz. Na biblioteca podes escoitar música para a paz e ver caligramas que teñen este mesmo tema, feitos en distintos idiomas por alumnos e alumnas do centro.

Aquí tes un poema que fala de paz e amor na terra.

A ILLA EN REBELION

Soño
cun mundo no que o ser humano
xa non desprecie o ser humano
onde reine o amor na terra
onde adorne a paz os camiños.
Soño cun mundo no que todos
se diexen ir polas sendas doces da liberdade,
onde a cobiza non ensombreza os nosos días.
Soño cun mundo no que brancos e negros
sexa cal sexa a vosa raza,
compartan os dons da terra,
onde todo ser humano sexa libre,
onde a miseria vergonzante agachará a cabeza,
e a ledicia como unha perola preciosa,
colmará os anhelos da humanidade.
Velaiqui o mundo co que soño.

Langston Hughes

20 de xaneiro de 2011

Club de lectura


Xa tivo lugar a primeira reunión do club de lectura de 1º de ESO o pasado luns 17 de xaneiro no primeiro recreo. Tratouse o libro Rapazas, de Agustín Fernández Pas. O próximo será O bebé máxico , de Rivadulla, e esperamos que lles guste tanto coma o anterior.
O xoves 27 de xaneiro , no segundo recreo, trataremos co grupo dos maiores a obra de Torrente Ballester Crónica del rey pasmado.

13 de xaneiro de 2011

Concurso de poesía en castelán

Quen non escribiu algunha vez un poema? Quen non sentiu a tristeza , o amor, o desengano, a ledicia, o despertar dos sentidos?


O Departamento de Lingua Castelá ten convocado un concurso de poesía , de tema libre, ó que se poderá concurrir ate o 31 de xaneiro.


As bases podes lelas en calquera das aulas de Lingua Castelá e nos taboleiros do Centro.


16 de decembro de 2010

Lecturas recomendadas para este Nadal

“As palabras son só pedras postas atravesando a corrente dun río. Se están aí é para podermos chegar á outra beira. A outra beira é o que importa.”

J. Saramago


De 10 a 14 anos...Con Almodóvar, Jáuregui, Michael Ende e Xabier Docampo poderedes pasar uns ratiños ben entretidos.










De 15 en adiante.......aventuras, misterio, maxia que non vos deixarán indiferentes























Para os que gosten da banda deseñada, aquí van algúns títulos necesarios:





















Para os maiores da casa, a testemuña dunha muller heróica, unha excelente novela de Padura sobre o asasinato de Troski,a última do recente Nóbel Vargas Llosa e unha excelente ollada ao mundo do narcotráfico no noso país levado da man de Manuel Rivas.




9 de decembro de 2010

Morreu Marcos Varcárcel


O escritor e historiador Marcos Valcárcel morreu o día 5 de decembro. Profesor nun instituto de Ourense, deixounos despois dunha longa enfermidade. A sua obra abrangue varios aspectos relacionados co xornalismo, a comunicación, a literatura , a política e, sobre todo, a historia.
Recibiu o premio anual do Pen Club 2009, o Otero Pedrayo 2009 e a Medalla Castelao.
Mentras a enfermidade llo permitiu, mantivo aberto o seu blog As uvas na solaina.
Foi despedido por moitos amigos nunha homenaxe na que se leron poemas adicados á sua figura.
Imaxe:www.literauria.org/?page_id=164

2 de decembro de 2010

Semana da música

O equipo da biblioteca sumouse á celebración da Semana da música cun amplo repertorio de obras dos máis prestixiosos compositores de todos os tempos. A música soa de xeito ininterrumpido desde a primeira hora da mañana até o remate das aulas.
O profesor de música elixiu unha ampla selección desde a Idade Media , pasando polo Renacemento, Barroco, Clasicismo, Romanticismo e Século XX.
Disfrutádea.
E, aproveitando que onte foi o Día Mundial adicado a SIDA, aquí tedes o vídeo da película California, de Bruce Springsteen

25 de novembro de 2010

Visita á Televisión de Galicia


O 25 de novembro, os/as integrantes do club de lectura fixeron unnha visita á TVG. Viron as instalacións onde lles explicaron como funcionaba a televisión por dentro, as mesas de son, a función do rexidor, os distintos platós... Tamén coñeceron o presentador do programa Luar, Xosé Manuel Gayoso (Jaioso para os amigos),co que se retrataron e de quen recibiron un autógrafo que podedes ver no libro de firmas da biblioteca.
Ao final, agasalláronos cun CD para cada un e unha caixa de libros para o noso centro.

Tamén estiveron no MUPEGA, o museo das escolas, onde lles contaron como xurdiron as escolas de indianos e poideron contemplar aulas de distintas épocas, así coma os xoguetes e os libros que un día tiveron os seus abós.

22 de novembro de 2010

Semana contra a violencia machista


Celebrouse na biblioteca un coloquio en torno ó libro El diario violeta de Carlota, que o alumnado de 3º de ESO leu na aula de Lingua Castelá. Nel evidéncianse as situacións de discriminación que sofren as mulleres en todo o mundo. En forma de diario, a autora, Gemma Lienas, propón un xeito de combatir as inxustizas e, sobre todo, de tomar conciencia delas para loitar polo seu rexeitamento.

Estes mesmos alumnos e alumnas asistirán o día 2 de decembro a unha charla que completará o tema : Movementos populares na defensa da igualdade, a cargo de Puri Cabido, invitada polo equipo da biblioteca dentro das actividades que ten programadas na semana contra a violencia machista.

Imaxe http://www.grup62.cat/es/llibre/el-diario-violeta-de-carlota_7018.html?ebookOnly=1

4 de novembro de 2010

Unha fiestra á arte

Invitamoste a unha visita rápida do Museo del Prado. Disfrutaa.

O pintor do sombreiro de malvas


O grupo do segundo ciclo da ESO do clube de lectura ten xa rematada a lectura de Las metamorfosis de Ovidio, en castelán. Agora están lendo un novo libro, O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro. O autor visitaranos o 23 de novembro ás 11:45 para ter un encontro cos alumnos e alumnas do clube Liñas de fuga e tratar a sua obra.


28 de outubro de 2010

Xa temos novo grupo do clube de lectura Liñas de Fuga


Un grupo de quince alumnas e alumnos dos novos grupos de 1º de ESO entrou xa a formar parte do clube de lectura Liñas de fuga. A primeira obra que están a traballar é un relato baseado nunha historia real, a de Iqbal Masih, un neno de Pakistán que loitou polos dereitos dos máis pequenos.

21 de outubro de 2010

Coñezo a miña biblioteca


A biblioteca do noso centro é un gran servidor central onde están a rexistrarse todos os recursos bibliográficos e multimedia que posúe o centro. Pertencemos a unha rede de bibliotecas que abrangue desde bibliotecas de ensino ata bibliotecas minicipais, comarcais , de fundacións, museo... Esta rede chámase "Proxecto Meiga".
Aquí temos libros, películas, documentais ou música. Desde as nosas casa podemos entrar e facer unha reserva de algún exemplar e dar a nosa opinión sobre os libros que estamos lendo.
Estamos procesando informaticamente todo o material, pero aínda queda moito traballo por facer.
Para que non vos perdades nela, temos pensado un xogo de pistas no que participaredes por turnos e grupos. Será divertido e axudará a atopar ese exemplar que estades buscando.
Ánimo!

imaxe escuelamfbiblioteca.blogspot.com/

14 de outubro de 2010

Carpe diem


Un tema cada vez máis presente, que nos incita a aproveitar o momento porque o Tempo fará desaparecer todo aquelo que amamos. Así o expresou Ronsard no seu famoso poema.


Mignonne, allons voir si la rose A Cassandre

Mignonne, allons voir si la rose
Qui ce matin avoit desclose
Sa robe de pourpre au Soleil,
A point perdu ceste vesprée
Les plis de sa robe pourprée,
Et son teint au vostre pareil.

Las ! voyez comme en peu d'espace,
Mignonne, elle a dessus la place
Las ! las ses beautez laissé cheoir !
Ô vrayment marastre Nature,
Puis qu'une telle fleur ne dure
Que du matin jusques au soir !

Donc, si vous me croyez, mignonne,
Tandis que vostre âge fleuronne
En sa plus verte nouveauté,
Cueillez, cueillez vostre jeunesse :
Comme à ceste fleur la vieillesse
Fera ternir vostre beauté.

Pierre de RONSARD (1524-1585)

Imaxe www.hellradio.org/ahoraevolucion/

7 de outubro de 2010

Vargas Llosa, Premio Nobel de Literatura 2010

Por fin, un premio largamente esperado: el Nobel de Literatura al escritor peruano Mario Vargas Llosa.
Sus novelas, muchas y de temática muy variada, nos han acompañado durante gran parte de nuestra vida. Desde aquella lejana La ciudad y los perros, a Travesuras de la niña mala, pasando por las inolvidables Conversación en La Catedral o La fiesta del Chivo; sin olvidar la novela corta Los Cachorros. Sería muy larga la lista de sus obras.
Nuestra enhorabuena.
Si queréis escuchar una pequeña y entretenida conferencia del escritor, pinchad en la imagen siguiente.

fotografía:historiadenuestroperuydelmundo.blogspot.com

Teatro na Casa-museo de Rosalía


O Clube de lectura "Liñas de fuga" asistirá o venres 8 de outubro á Casa de Rosalía para ver a obra poético-teatral Ao raso coas lebres, en conmemoración do 150 aniversario do casamento de Rosalía e Murguía.