Biblionamorad@s unirase á celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS; o alumnado visionará, grazas a Cinerágora filmes de temática científica, asistirá a charlas de dous divulgadores do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), poderá achegarse á mesa con libros e revistas de temática científica, instalada na entrada do centro e presidida polo esquelete prestado polo Departamento de Bioloxía, e moitas actividades máis, segundo vaian xurdindo!
Por suposto, a Biblioteca participará en coordinación co Equipo de Normalización Lingüística do centro, na celebración do Día Internacional Contra a Violencia de xénero.
De feito, o club de lectura dos maiores deste mes, tendo en conta a importancia da reivindicación desta data, escolleu como lectura o libro de Eli Ríos, Luns, novela gañadora do primeiro Premio Torrente Ballester convocado só para obras en galego, na que a autora presenta á protagonista dende unha perspectiva de xénero innovadora e, como xa lin no Twitter de biblionamorad2s, "sorprendente. Final desconcertante". Ademais, temos a sorte de poder contar con ela o 21 de novembro! Virá a comentar a súa obra co alumnado de 1º de Bacharelato e cos participantes no club de lectura.
Que vos parece?
Benvido novembro!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario