29 de abril de 2018

Venres (1º recreo) - Lecturas dun minuto

E por fin lle tocou o turno ao inglés!!

Comezaron Lúa e Rocío (4ºESO-A) lendo un fragmento de The Lost Paradise de John Milton.

Lúa e Rocío - 4ºA

Lúa e Rocío - 4ºA


Pasamos despois a un dos grandes escritores da literatura universal de todos os tempos: William Shakespeare. Deste autor, procedeuse á lectura e interpretación do monólogo de Hamlet que levou a cabo o alumnado de 2º BACH: Antón García, Cristina Susavila e Miguel de Tena.

Miguel de Tena, Antón García e Cristina Susavila. 2ªA- Bach


Continuaron con tres sonetos moi coñecidos de Shakespeare, pero cunha dificultade engadida xa que o leron en inglés antigo, actual e a tradución.

Soneto nº2 (Xocas Vázquez, David Vidal e Valeria Márquez)


Valeria Márquez, David Vidal e Xocas Vázquez - 2ºBACH - A
Xocas Vázquez - 2º BACH - A


Soneto nº73 (Carla Reboredo, Carla Castaño e Cristina Torres)

Carla Reboredo, Carla Castaño e Cristina Torres - 2ºBACH - A



Marcos Boullón - 2º BACH - B
Carlota Gómez - 2º BACH - B


Soneto nº15 (Carlota Gómez e Marcos Boullón)















Como profesora de inglés de 2ºBACH e 4ºESO-A o meu especial agradecemento ao alumnado que participou o venres no primeiro recreo, coas lecturas dun minuto, xa que tanto os de 4º da ESO como os de 2º de Bacharelato están nun período de moitos exames, non sendo éste motivo para deixar de participar nesta actividade.

Ningún comentario: