Neste luns, 23 de abril, iniciamos na Biblioteca as nosas LECTURAS DUN MINUTO
A profesora de Lingua Castelá, Lourdes Lema, deu comezo a estas sesións, acompañada do alumno de 4º ESO, José Cerqueiras, co fragmento inicial de Don Quijote.
A partir de aí, seguiron outros textos ben interesantes, extraídos por exemplo de novelas fascinantes como La Regenta, de Clarín, ou Frankenstein o el Prometeo moderno, de Mary Shilley.
Continuaremos con estas sesións ao longo da semana, no primeiro recreo. A intención non é outra que lle render unha modesta homenaxe á literatura universal, que pon de manifesto a capacidade humana de xerar coñecemento e beleza.
|
José
|
|
Araceli e Candela |
|
Candela e Julia |
|
Carlota e Nerea |
|
Catuxa e Paola |
Ningún comentario:
Publicar un comentario