19 de decembro de 2018
18 de decembro de 2018
Clubs de lectura _Decembro
Felices de despedir este primeiro trimestre con todos os nosos corazóns lectores xunto á árbore de Nadal que preside este mes a biblioteca!!!
Grazas mil por este tempo compartido!!!
12 de decembro de 2018
NOVIDADES NA BIBLIOTECA
Dende o poder das palabras de Safo ....
Me parece un igual a los los dioses
el hombre que se sienta enfrente de ti
y te escucha de cerca cuando hablas
con ternura
y cuando ríes seductora. Entonces
el corazón me tiembla dentro del pecho,
pues en cuanto te miro no me sale
ni un hilo de voz,
la lengua se me traba y un sutil
fuego me corre por debajo de la piel,
mis ojos no ven nada y los oídos
me retumban,
el sudor se me vierte por encima, se adueña
de mí el espanto, estoy más pálida
que la hierba y me parece
que voy a morirme.
Pero hay que atreverse a todo, porque...
.... ata a potencia do que escribe Aldao en "Todo isto antes era noite".
Celebramos este seu primeiro libro, porque queriamos vela en papel dende hai tempo. Unha vez que o temos diante, a sensación de atopala nos textos e poder reler todo aquilo que nos marabillou na súa boca provoca estrañeza. É unha sensación puntual que esmorece ao cabo dun par de minutos.
A idea de levala connosco no bolso e poder botarlle un ollo en calquera momento faise ben sedutora. É coma se puidésemos habitala, facernos coa súa voz e roubarlla... E mira que sabemos que, como diría dicía Emily Dickinson, "non hai que querer atrapar a volvoreta", pero nada. Aldao pode con nós. Lévanos polo mal camiño. E como nos gusta!
Velaquí o fragmento inicial dun dos nosos textos favoritos, para que vaiades facendo boca:
"Foron os teus ollos os que entraron na miña casa empuñando fachos.
Creouse así esa luz fermosa e falsa que manipula a realidade
cando cae o sol
e cae de pé
e todo o que molesta ti apartábalo con pequenas patadiñas
ata afeitarlle ó cuarto a súa longa melena de anos de despiste.
Velaquí a fórmula da infiel:
facer do desexo o valente termo que enche a boca das covardes.
Quen me dese equivocarme.
..."
Eis outras novidades interesantes! Coma esta que vedes abaixo:
Ou estoutras!!
De entre todo este verxel de libros amados, destacamos este:
Destacámola, porque nos interesa o seu discurso, esa voz que xa nos seduciu co seu Seique, e que agora regresa neste libro para poñer luz na sombra, abrir a caixa de pandora e sandar algunhas feridas que dormen no espazo do silencio, nesa intimidade tan nosa, habitada por segredos que berran dende o máis profundo das nosas chagas: "(...) aquilo que todo o mundo conhece mas ningém diz, por calado."
Eu conto? Ti contas? E se todas contásemos? " Susana Aríns teno claro: "aquilo que acontece dentro de nós e só é sabido se verbalizado". Nisto, a autora recolle un pouco a idea de Sartre, pon o foco no que lle interesa facer visíbel. Sabe que "se taire", calarse, ficar en silencio, é tamén falar. O que calamos revela algo de nós, deixa ver o que nos inquieta, o que tememos, ou o que, por intereses propios, preferimos/eliximos non mencionar. "Se taire ce n'est pas être muet, c'est réfuser de parler, donc parler encore..." (Sartre)
CALARSE É SEGUIR FALANDO. Esa é a idea. Por iso Susana abre o silencio polo seu centro e nos ofrece este libro, porque hai algo importante que nos quere dicir, algo que, en ocasións, aparece en versos coma estes, malia non ser este un libro de poemas. Nós decidimos partillar convosco aquí, neste espazo virtual, un deses poemas que atopamos neste libro de Susana. Velaquí o tendes:
road movie
e na volta da curva
um ramalhete
quatro cravos
marcando modernas
valas comuns
na berma da estrada
cascalhos metálicos
trauma cranioencefálico
25 anos as tuas amizadesnao te esquecem

11 de decembro de 2018
Club de lectura - Decembro
CLUBS DE
LECTURA ÁGORA
DÍA : 18
DE DECEMBRO
LUGAR: BIBLIOTECA
DO IES MACÍAS O NAMORADO
HORA: 15:15
" Soños. Arquivos. Cartas " é
unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co
xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades
de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva,
o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros.
Este é
un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto para
todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa
dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa
a voz que nunca tivo.
5 de decembro de 2018
UN TEXTO, UNHA EMOCIÓN
O venres 30 de decembro reuniuse o Club de Lectura de Ana Pose -Un texto, unha emoción- para comentar o poema de Pablo Carvajal titulado "En manos de la ira". A idea foi a de se adentrar nesa emoción que estala de socato por algunha razón concreta, pero que, malia nós o querer, non sempre somos quen de identificar. Por que nos enfadamos?; de que maneira manifestamos esa ira?; que outro xeito temos de a canalizar para eliminar a violencia que implica?... Alén deste tipo de custións, a lectura do poema de Carvajal deu tamén pé a un xogo literario que consistiu na creación de sinestesias. "Ira perfumada con ruídos salgados para o noso asombro" foi unha das nosas favoritas!
3 de decembro de 2018
NADAL EN BIBLIONAMORAD@S
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)