31 de xaneiro de 2019

Clubs de lectura_Xaneiro

O pasado martes, disfrutamos na nosa Biblioteca dunha animada xornada adicada a unha das actividades que máis nos gusta, o encontro cos nosos "clubistas".


O clube de lectura do alumnado de Bacharelato comentou El incidente del perro a medianoche. Cristopher, o protagonista, conquistou o corazón dos nosos lectores desde o primeiro capítulo, a empatía co personaxe foi total; tanto  que o tema que máis debate suscitou foi o comportamento, segundo eles, tan "ilóxico e antinatural" da súa nai.
Este libro tamén nos permitiu afondar no coñecemento do síndrome de Asperger para axudarnos a coñecelo millor.



O clube de lectura do primeiro  ciclo estivo comentado o libro , A balada dos unicorniosde Ledicia Costas, unha das escritoras máis lidas nos clubs de lectura do curso anterior.




Este ano empezámolo con moita alegría porque cada vez se suman máis corazóns lectores á "familia" da nosa Ágora!! 
Benvid@s!!!!

Ningún comentario: