Amosando publicacións coa etiqueta Lecturas dun minuto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lecturas dun minuto. Amosar todas as publicacións

25 de abril de 2019

Semana do Libro 2019 - Lecturas de 1 minuto




Na semana do 24 de abril e de principios de maio tivemos na nosa Biblioteca
unha actividade incesante !
Organizamos unhas xornadas de lectura nos recreos, AUTORAS DUN
MINUTO, na que tanto o alumnado coma o profesorarado
leron fragmentos das súas escritoras favoritas. O percorrido literario foi
pois longo. De Safo a Despentes. De Beauvoir a Dickinson. De Olga Novo
a Estíbaliz Espinosa. Cada lectura era introducida por un breve comentario
na que a persoa participante explicaba o motivo da súa elección.


Alén destas sesións de lectura, houbo dous Obradoiros de Poesía,
impartidos por Rosa, destinados aos dous Clubs de Lectura:

O mércores, 24 de abril: Obradoiro de Poesía
para 1º e 2º ESO (5 horas)
O venres, 26 de abril: Obradoiro de Poesía
para 1º BAC (5 horas)

A verdade é que as persoas que integramos o equipo da
biblioteca -Lourdes Lema, Isabel Mouriño,
Ana Pose e Rosa Enríquez- estamos moi satisfeitas co
ambiente xerado neses días con todas estas actividades.

Seguimos entón facendo camiño para dar luz
e foco a un dos espazos máis necesarios en calquera centro
educativo: a biblioteca escolar.

30 de abril de 2018

Venres (2º recreo) - Lecturas dun minuto


Pablo Neruda (1904-1973)
 POEMA 20

PUEDO escribir los versos más tristes esta noche.

Escribir, por ejemplo: "La noche está estrellada, 

y tiritan, azules, los astros, a lo lejos".



El viento de la noche gira en el cielo y canta.

Puedo escribir los versos más tristes esta noche. 
Yo la quise, y a veces ella también me quiso.


En las noches como ésta la tuve entre mis brazos.

La besé tantas veces bajo el cielo infinito (...)



Pablo Neruda, Veinte poemas de amor y una canción desesperada.


LECTURAS DUN MINUTO

A actividade foi todo un éxito de participación, por iso, o venres, tivemos que ampliar a lectura ao segundo recreo para poder escoitar a todo o alumnado e profesorado que se implicou co Equipo da Biblioteca.

Despois de disfrutar de William Shakespeare no 1º recreo, escoitáronse poemas de Xosé Luís Méndez Ferrín, de Federico García Lorca, de José de Espronceda e de Pablo Neruda. Non faltou a novela, Sonia e Ángela leron o comenzo de Crónica de una muerte anunciada; nin o teatro, Estela e Joel leron unha escena de La zapatera prodigiosa. Nuria, a profesora de ximnasia, aportou a parte máis emotiva lendo un texto titulado Valgo, que nos convida a que disfrutemos cada día intensamente da vida.


Sonia e Ángela

José Manuel e Ana Villaverde



Nerea 1º ESO C



Estela e Joel 1º ESO B


Nuria
Rematamos as sesións coa intervención  da nosa poeta e coordinadora da Biblioteca, Rosa Enríquez (deleitounos co poema 20 de Pablo Neruda , un poeta "inmenso", como ela mesmo o definiu).


Rosa Enríquez


ESCRIBO PARA NON MORRER PORQUE AS PALABRAS


non queren esluír na boca. desexan ser pronunciadas
aquí.
ti sempre dicías que puxese a alma enteira no que digo.
que difícil pensei. refírome a iso de poñer a alma.
e se a alma é só aquilo que nace da boca de dous?
non é bo que pense tanto as cousas. case mellor abandonarse. (...)

HISTORIA DO MEU CORPO EN LABARADAS

O Equipo da Biblioteca agradece a todo o alumnado e profesorado implicado, tanto na lectura coma na súa presenza durante toda a semana, a colaboración para que esta actividade fora tan exitosa.
Grazas mil!!!

26 de abril de 2018

Xoves - Lecturas dun minuto



Fernando Pessoa (1888-1935)




Começo a conhecer-me. Não existo.
Sou o intervalo entre o que desejo ser e os outros me fizeram,
Ou metade desse intervalo, porque também há vida...
Sou isso, enfim...
Apague a luz, feche a porta e deixe de ter barulho de chinelas no corredor.
Fique eu no quarto só com o grande sossego de mim mesmo.
É um universo barato.

Álvaro de Campos (heterónimo de Fernando Pessoa)


                                             LECTURAS DUN MINUTO

Tivemos hoxe a nosa cuarta xornada de Lecturas dun minuto. Deu comezo á actividade a profesora de Lingua Castelá, Sonia Iglesias, cun texto de Lorca. Puxo pois o nivel moi alto! Seguimos con Miguel Hernández, Salinas, Dieste, Castelao, Ferrín...
Agradecemos ao noso alumnado a participación nestes encontros literarios, que consideramos moi interesantes para toda a comunidade educativa. Isto inclúe a algunhas profesoras asiduas, que estiveron TODOS OS RECREOS dando apoio ao alumnado participante e animándoo en todo momento.

Para elas vai o noso máis sinceiro agradecemento.

 De todo o Equipo de Biblioteca

Alba e Ángela
Alexandra e Sonia



Sara e José Manuel

Carmen e Lucía

Raquel e Silvia

Enmanuel e Claudia




Paz e Palmira