13 de decembro de 2021

 

 

Reunión do cluble de lectura de 3º de ESO

As lectoras de 3º de ESO foron as primeiras en reunirse para poñeren en común as súas opinións sobre o libro escollido para este trimestre: RELATOS DO MUSEO, publicado polo Museo Provincial de Lugo. Trátase dun libro de  relatos de terror relacionados con algunha obra exposta no museo, e escritos por autores de sona entre as lectoras e lectores máis novos como Andrea Maceiras, Ledicia Costas, Carlos Negro... Foi moi interesante escoitar as súas opinións.

Recomendámosvos a lectura sen dúbida ningunha a todas e todos os que lles gusten os relatos de medo.  Ademais pode ser un xeito de desconectar un pouco un pouco de tantas panxoliñas, luces, grinaldas, doces... 


Moitas grazas a todas pola vosa participación.

2 comentarios:

Rita Miguéns 3ºA dixo...

A min gustáronme moito estas catro historias, xa que todas teñen intriga e son moi interesantes e divertidas. Persoalmente, a miña favorita é a terceira. Ésta trata sobre un rapaz que quedou castigado no museo e a súa antiga amiga acáballe facendo unha broma que o tivera cheo de medo durante varios días.


Noelia Negreira dixo...

Noelia Negreira 3B

Recoméndovos estas catro historias, todas elas moi interesantes e relacionadas co Museo Provincial de Lugo. A min, ao igual que a Rita, a historia que mais me gustou foi a terceira. Se tivera que elixir, a que menos me gustou foi a segunda... pero si vos gusta a mitoloxía, de seguro que vos gusta!