25 de abril de 2022

               Día do libro, 23 de abril

O día 23 de abril, celebramos un ano máis o Día Internacional do Libro. Esta festa foi creada pola Unesco no 1995 para poñer de relevo a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural.

Deixámosvos unha ligazón á PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DIXITAL DA XUNTA, onde poderás atopar, por exemplo, os libros máis lidos nos clubes de lectura:

https://bega-elbe2.edu.xunta.es/

 

 

 Velaquí os libros máis lidos nos clubes de lectura

5 comentarios:

Anónimo dixo...

O libro quue máis me gustou foi Izan o da saca, sobre todo polo ambiente de misterio que se vai creando arredor dun misterioso personaxe. Golpes de luz, sendo diferente o tema, tamén te atrapa tanto a histoira como a narración, xa que a histoira se conta desde distintos punto de vista e a veardade non se coñece ata case a última páxina do libro.

Anónimo dixo...

Gustáronme todo os libros que lin no clube de lectura, especialmente 22 segundos, porque trata un tema de actualidade co que temos que concienciarnos

Anónimo dixo...

A min gustoume máis O neno do pixame de raias

Anónimo dixo...

Todos os libros de lectura estiveron moi ben. A min, o que máis me gustou foi "22 segundos", porque trata sobre o respecto que debemos ter nas opinións e pensamentos dos demais. Éste é un tema moi importante na nosa sociedade.

Anónimo dixo...

Este curso lemos no Clube de lectura diferentes libros. Un dos que máis me gustou foi "22 segundos". Neste libro, que trata sobre un rapaz transexual, podemos observar como o protagonista se dá conta, pouco a pouco, de que non se sente identificado co xénero que lle asignaron ao nacer. Paréceme un libro moi interesante xa que considero que o tema que trata pode axudar a moitas persoas que se identifican co protagonista e, ao mesmo tempo, facer visible algo que está a ocorrer con moita frecuencia, pero que non é comprendido por algunhas persoas.