Amosando publicacións coa etiqueta visitas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visitas. Amosar todas as publicacións

19 de abril de 2018

Charla María Reimóndez

Onte, 18 de abril, disfrutamos da presenza na nosa Biblioteca de María Reimóndez; non só nos falou da súa novela Corredora (lectura obrigatoria en 1º da ESO, voluntaria en 3º da ESO e libro de lectura do clube do primeiro ciclo deste mes), senón que tamén compartiu con nós a súa labor en Implicadas/os no desenvolvemento  e a súa faceta como intérprete.


Grazas, María Reimóndez por lembrarnos que o mundo precisa de accións no noso micromundo!



15 de marzo de 2018

Encarna Otero. "Mulleres das Irmandades da Fala: María Miramontes"

Onte, mércores 14 de marzo, na biblioteca do IES Macías o Namorado, tivemos  o pracer de escoitar e disfrutar da charla da historiadora e feminista Encarna Otero.

"Mulleres das Irmandades da Fala: María Miramontes" foi o titulo escollido para esta conferencia destinada para o alumnado de Bacharelato.




Escoitamos nomes como Maria Miramontes, Amparo López Jean, Micaela Chao Manciñeiras, Elvira Bao, Pura Lorenza, Coroa González, entre outras. "Mulleres do seu tempo, modernas, traballadoras e activistas", din, que "foron pioneiras en moitos aspectos como o de loitar para que a muller fose suxeito político".












"Elvira Bao" en persoa, grazas á marabillosa colaboración da profesora Carme Saborido, non dubidou en asistir á conferencia para presentar, ao noso alumnado, á historiadora Encarna Otero.