21 de xuño de 2010

Lecturas e películas recomendadas para o verán

Este ano, coma os anteriores, propoñemos unha serie de lecturas para amenizar as moitas horas do verán de toda a familia, desde os máis peques até os adultos. Podedes pedir os libros na biblioteca antes das vacacións e devolvelos en setembro. Agardamos que vos gusten.
Felices vacacións!




Para os máis pequenos







De 12 a 16 anos



Marcos Calveiro (Autor/a)

Colección: INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
Premio Lazarillo, 2009

Contido
________________________________________
Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubriá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez primeira á morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.

Settecento

Calveiro, Marcos (Autor/a)

O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido. Baixo a atenta ollada dun alado león de mármore, Antonio Vivaldi prepara a estrea da súa nova opera, quizais a súa derradeira oportunidade de acadar o éxito de antano, mentres procura por un stradivarius perdido que moitos anos máis tarde escoitaremos nos oficios da catedral de Santiago. É, no celme harmónico deste prodixioso instrumento e nas habelenciosas mans do seu intérprete, onde fica o segredo dunha historia de culpa e redención, de amor e desexo, de loita e resignación, de fulgor e decadencia. Quizabes distintas notas para unha melodía arreo repetida na partitura das nosas vidas. Settecento é un intrigante e vertixinoso relato que confirma a Marcos Calveiro como un dos novelistas primeiros do noso tempo.

A dama da luz
Fernández Paz, Agustín (Autor/a)
Magutis, Jorge (Ilustrador/a)

O avó de Marta garda un enigmático segredo na súa memoria. Un segredo que fala de seres extraños que habitaban na cidade cando era moi distinta, apenas había coches e a xente non vivía coas présas de hoxe, seres como a Dama da Luz ou o Home das Sombras, e de lugares misteriosos como a Casa do Outeiro ou a mítica illa de San Brandán. Un día, algo especial sucede. E entón Marta coñecerá por fin o sorprendente segredo que o seu avó gardaba, unha historia que a levará a descubrir todas as marabillas que a roda da vida nos ofrece. A dama da Luz é un fermoso álbum ideado e ilustrado por Jorge Magutis e escrito por Agustín Fernández Paz ambientado nun Vigo vello e mariñeiro, envolto nunha atmosfera de misterio, e protagonizado por toda clase de criaturas fantásticas e seres extraordinarios que no mar alto asisten a loita entre o Inverno e a Primavera.


A NOITE DO MOUCHO Anxo Rei Ballesteros
Na novela, un vello cóntalles a uns mozos a historia de Aurelio, que intenta fuxir dunha morte segura, a mans duns falanxistas, pouco despois da sublevación militar de 1936. Rei Ballesteros aborda nela algunhas das preocupacións principais da súa singular e inesquecible obra literaria. A idea da identidade como máscara, o tempo e a linguaxe como xeitos de expresión da incerteza da realidade.


A praia dos afogados
Villar, Domingo

Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009
Premio Losada Diéguez de Creación Literaria

Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos esta apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba…


A casa dos encontros

Amis, Martin
Edit. Galaxia
Martin Amis conta en A casa dos encontros o triángulo amoroso no que, ao longo de case unha década, se ven implicados unha rapaza xudía e dous irmáns recluídos nun campo de traballo preto do Círculo Polar Ártico. Na Unión Soviética, a mediados do século XX, as mulleres chegaban a atravesar distancias tan grandes coma continentes coa esperanza de pasar unha noite cos seus homes, confinados en campos de concentracion, os gulags. Á cabana reservada para esas citas chamábanlle "a casa dos encontros". A través dun dos seus protagonistas que, xa vello, lle conta á súa filla a historia daqueles anos terribles e inmisericordes, Amis recrea unha parte fundamental da recente historia europea nun tour de force no que a voz do narrador acada a intensidade e a dureza dos acontecementos que narra.

Galaxia

O retorno
Schlink, Bernhard

Un dos actuais escritores alemáns de maior prestixio, escribe unha novela de prosa intensa, unha investigación subxugante en busca da verdade.

Os avós de Peter Debauer traballan como correctores para unha colección de literatura popular. Decote, o rapaz debuxa e fai os deberes no dorso dos folios corrixidos e un día dá en ler unha das historias. Intrigado, descobre na narración incompleta dun prisioneiro de guerra alemán retido en Siberia detalles que se relacionan estrañamente coa súa propia vida... Bernhard Schlink (Bielefeld, 1944), un dos actuais escritores alemáns de maior prestixio, escribe unha novela de prosa axustada e intensa, unha investigación subxugante en busca da verdade e en contra do silencio.


PARA OS MÁIS CATIVOS




Galaxia


Pesadelo no tren Chocolate
Casalderrey, Fina

Iria e o seu irmán Lino van emprender a súa primeira viaxe en tren sós.

Cando o tren chega á estación, o avó Manuel osma un agoiro no aire. Parece coma se o tren Chocolate os estivese a advertir dun perigo inminente.


Moure, Gonzalo Moure (Autor/a)
Serrano, Lucía (Ilustrador/a)
Alonso, Fran (Tradutor/a)

O que máis lle gustaba a Malva era que a súa nai lle contase un conto na cama. Para ela oír as palabras “cama e conto” era o mellor do día, o mellor da vida. Con aquelas historias viaxaba ata un mundo de maxia e de fantasía onde todo era posible. Pero des que aprendeu a ler cando cumpriu os seis anos as cousas cambiaron e xa non hai “cama e conto”. Dende entón, a nai de Malva cre que ela xa podía ler os contos soa, o que a rapaza pareceulle unha traizón. Mais Malva tivo unha gran idea para mudar a súa vida… Este é un texto fermoso, moi fermoso, no que Gonzalo Moure pretende compartir cos nenos de hoxe ese espazo de liberdade infinita ao que se pode chegar no acto íntimo dun pai ou unha nai contándolle un conto ao seu fillo. Un libro, deliciosamente ilustrado por Lucía Serrano, que propón unha reflexión sobre os límites da lectura e a necesidade imperiosa de compartila.


Unicrom , Rosa Enríquez
Sotelo Blanco
Nun divertido xogo narrativo, as dintintas voces que describen este desbordante universo conseguen encadearnos ao fío argumental da novela. Un aparello estraño, unha bóla sucia e unha caixa constituirán o legado informativo que permitirá a Irimadeona e Samoa de Lulia coñecer a vida de Asor. Facendo uso da “técnica do manuscrito encontrado”, nesta historia de futuros alternativos e delirantes, a información chegará ás mans de ambos os dous narradores por medio do pizarrador. Con só premer un botón, o universo de Asor aparecerá ante os seus ollos aventurados…

10 de xuño de 2010

La evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly



É un adianto do que recomendamos para este verán. Se es curioso/a e tes inquedanzas científicas,ou se, sinxelamente,che gusta ler, pasarás un bo momento e coñecerás moitas cousas dun xeito divertido.

3 de xuño de 2010

A biblioteca en obras


Estamos de reformas, polo que, perante uns días, non se poderá utilizar a biblioteca. Será pouco tempo e esperamos que o sistema de audio que estamos a instalar compense polas molestias.
Grazas por entendelo.
O Equipo da Biblioteca

27 de maio de 2010

Cuarta lectura de un minuto



O profesor Pedro Expósito e a alumna Celina Laurijssen leron estes dous textos:

Pedro Páramo, de Juan Rulfo
Vine a Comala porque me dijeron que acá vivía mi padre, un tal Pedro Páramo. Mi madre me lo dijo. Y yo le prometí que vendría a verlo en cuanto ella muriera. Le apreté sus manos en señal de que lo haría; pues ella estaba por morirse y yo en plan de prometerlo todo. "No dejes de ir a visitarlo - me recomendó-. Se llama de otro modo y de este otro. Estoy segura de que le dará gusto conocerte." Entonces no pude hacer otra cosa sino decirle que así lo haría, y de tanto decírselo se lo seguí diciendo aun después que a mis manos les costó trabajo zafarse de sus manos muertas.
Todavía antes me había dicho:
- No vayas a pedirle nada. Exígele lo nuestro. Lo que estuvo obligado a darme y nunca me dio... El olvido en que nos tuvo , mi hijo, cóbraselo caro.
- Así lo haré, madre.
Pero no pensé cumplir mi promesa. Hasta que ahora pronto comencé a llenarme de sueños, a darle vuelo a las ilusiones. Y de este modo se me fue formando un mundo alrededor de la esperanza que era aquel señor llamado Pedro Páramo, el marido de mi madre. Por eso vine a Comala.

Terceira lectura de un minuto



Rosa Enríquez, coordinadora da biblioteca, leu un texto de Cien años de soledad, e a alumna Débora Pardal, un de Eduardo Galeano.

Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez
- La tierra es redonda como una naranja.
Úrsula perdió la paciencia. "Si has de volverte loco, vuélvete tú solo - gritó. Pero no trates de inculcar a los niños tus ideas de gitano." José Arcadio Buendía, impasible, no se dejó amedrentar por la desesperación de su mujer, que en un rapto de cólera le destrozó el astrolabio contra el suelo. Construyó otro, reunió en el cuartito a los hombres del pueblo y les demostró, con teorías que para todos resultaban incomprensibles, la posibilidad de regresar al punto de partida navegando siempre hacia el Oriente. Toda la aldea estaba convencida de que José Arcadio Buendía había perdido el juicio, cuando llegó Melquíades a poner las cosas en su punto. Exaltó en público la inteligencia de aquel hombre que por pura especulación astronómica había construido una teoría ya comprobada en la práctica, aunque desconocida hasta entonces en Macondo, y como una prueba de su admiración le hizo un regalo que había de ejercer una influencia terminante en el futuro de la aldea: un laboratorio de alquimia.
Para esa época, Melquíades había envejecido con una rapidez asombrosa. En sus primeros viajes parecía tener la misma edad de José Arcadio Buendía. Pero mientras éste conservaba su fuerza descomunal, que le permitía derribar un caballo agarrándolo por las orejas, el gitano parecía estragado por una dolencia tenaz. Era, en realidad, el resultado de múltiples y raras enfermedades contraídas en sus incontables viajes alrededor del mundo. Según él mismo le contó a José Arcadio Buendía mientras lo ayudaba a montar el laboratorio, la muerte lo seguía a todas partes, husmeándole los pantalones, pero sin decidirse a darle el zarpazo final.

"Caminos de alta fiesta", de Espejos, de Eduardo Galeano
¿Adán y Eva eran negros?
En África empezó el viaje humano en el mundo. Desde allí emprendieron nuestros abuelos la conquista del planeta. Los diversos caminos fundaron los diversos destinos, y el sol se ocupó del reparto de los colores.
Ahora las mujeres y los hombres, arcoiris de la tierra , tenemos más colores que el arcoiris del cielo; pero somos todos africanos emigrados. Hasta los blancos blanquísimos vienen de África.
Quizá nos negamos a recordar nuestro origen común porque el racismo produce amnesia, o porque nos resulta imposible creer que en aquellos tiempos remotos el mundo entero era nuestro reino, inmenso mapa sin fronteras, y nuestras piernas eran el único pasaporte exigido.

20 de maio de 2010

Segunda lectura de un minuto


Esta vez correu a cargo de Ángela Precedo e Ángeles Sandino. O texto da alumna é orixinal; presentouno a un concurso e foi seleccionado para a súa publicación nun libro que teremos na biblioteca ben cedo.

El transcurso del tiempo , de Ángela Precedo Blanco

Soy un alma esperando,
esperando mi muerte,
muerte que me mira con ojos de pan,
muerte que sabe a miel, melosa miel,
guardada en una caja de seda,
de la que no puede escapar,
escapar una sonrisa,
pues ya a nadie le importo,
pues ya todo el mundo me olvidó.

Soy como un rizado erizo,
en este castaño dorado,
dorado por la miel, melosa miel.
Las cerraduras de las tripas, de la espina,
resbalan por las sábanas de seda.
Es duro saber que en la piel tersa
donde en tiempos hubo balas,
ahora no hay nada,
pues el fósil quedó estéril.
Y, aun así, es delicioso saber…
que el tiempo pasa.

Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño

- É certo que me amaches? É verdade que me deixaches repousar no teu corazón?
- Tan certo como que de non existir Ítaca xamais te abandonaría. Tan certo como respiro e como o mar tira por min. Non é só que te amase, é que foi canda ti que coñecín o amor.
- Xúrame entón que me has querer en todas as túas mulleres futuras - Ulises fitouna atónito-, xura que este o noso amor servirá para que mudes o teu xeito de ollar as mulleres. Mozas ou vellas, fermosas ou feas, túas ou alleas, xura que desde agora todas han ser merecedoras do teu respecto, que nunca máis has ver ningunha como un ser inferior, como algúen sen criterio nin desexo propios, como un instrumento para as túas ansias ou ambicións... Oh, Ulises, tes que me prometer que a túa estadía en Eea foi algo máis que unha parada na túa singradura. Se o home que chegou a min non foi o mesmo que abandonou Ítaca, tampouco o home que parta das miñas beiras pode ser o mesmo que chegou a estas praias pedindo refuxio. Ti cambiáchesme moito, nobre laertiada, tampouco eu son a mesma deusa chea de xenreira que te recibiu. Faime sentir que tamén ti mudaches pola miña compaña, que no teu xeito de ver o mundo se pode agora seguir o rastro da miña ollada. Dime que deixei pegada forte na túa alma e que non serán só os teus brazos os que me estrañen.Non permitas, meu heroe, que chegue o día en que me arrepinta por te amar.

A primeira lectura de un minuto


O alumno Alberte Villamarín e a profesora Maruxa Guitián foron os primeiros en ler un texto para todos os asistentes da biblioteca. Os textos foron estes:

Seda, de Alessandro Baricco
Fica así, quero mirarte moitas veces, pero non eras para min, agora es para min, non te achegues, por favor, queda tal como estás, temos unha noite para nós, e eu quero mirarte, non te vira nunca así, co teu corpo para min, a túa pel, fecha os ollos , e acaríciate, por favor,
dixo Madame Blanche, Hervé Joncour escoitaba,
non abras os ollos se es capaz, e acaríciate, son tan fermosas a túas mans, soñeinas tantas veces que agora as quero ver, gústame velas na túa pel, así, segue por favor, non abras os ollos, eu estou aquí, ningén nos pode ver e eu estou ao teu carón, acaríciate señor meu amado, acaricia o teu sexo, por favor, a modo,
ela detívose, Continúe, por favor, dixo el,
é fermosa a túa man no teu sexo, non pares, a min gústame mirala e mirarte, señor meu amado, non abras os ollos, aínda non, non debes ter medo, estou ao teu carón, séntesme? estou aquí, podería rozarte, isto é seda, séntela?, é seda do meu vestido, non abras os ollos e terás a miña pel,

Como unha novela, de Daniel Pennac
O verbo ler non soporta o imperativo. Aversión que comparte con algúns outros:o verbo "amar"... o verbo "soñar".
Desde logo, sempre se pode intentar. Imos ver: "¡Ámame!" "¡Soña!" "¡Le!" "¡Pero, le dunha vez, por Deus!" "¡Ordénoche que leas!".
- ¡Sube ó teu cuarto e le!
- ¿Resultado?
- ¡Nada!
Durmiuse enriba do libro. A fiestra, de súpeto, pareceulle inmensamente aberta sobre algo fascinante... e por alí botouse a voar. Para lle escapar ó libro. Pero é un sono vixiante: o libro permanece aberto diante del. A pouquiño que abramos a porta da súa habitación, atoparémolo sentado á súa mesa de estudio, obedientemente ocupado na lectura. Aínda que subamos moi silandeiros, desde a superficie do seu sono, oiranos chegar.
- ¿Que, gústache?
- Xamais dirá que non, iso sería un crime de lesa maxestade. O libro é sagrado. ¿ Como non lle vai gustar ler? Non, vainos dicir que as descripcións son demasiado longas.
Tranquilizados, regresamos ó noso posto fronte á tele. Mesmo pode acontecer que esta reflexión suscite un apaixonante debate entre nós e os nosos...
- Encontra demasiado longas as descripcións. Hai que comprendelo, estamos no s
eculo dos audiovisuais, evidentemente, os novelistas do XIX tiñan que describilo todo...
- ¡Iso non é unha razón para lle deixar saltar a metade das páxinas!
Non nos fatiguemos. Volveuse durmir.

29 de abril de 2010

Lecturas de un minuto


A partir do próximo mércores e durante todo o mes de maio terá lugar na biblioteca a actividade "Lecturas de un minuto" para celebrar o Mes das Letras: representantes do profesorado e do alumnado lerán un pequeno texto no segundo recreo, ás 12:25. Se queredes participar, apuntádevos na biblioteca.
O calendario previsto é o seguinte:
* 5 de Maio... Alberte Villamarín e Maruxa Guitián.
* 12 de Maio.. Ángela Precedo e Ángeles Sandino.
* 19 de Maio.. Débora Pardal e Rosa Enríquez.
* 26 de maio.. Celina Laurijssen e Pedro Expósito

22 de abril de 2010

Uxío Novoneyra



Este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado a Uxío Novoneyra. A obra deste poeta está fortemente vinculada á tradición e ao popular, sen deixar por iso de ser vangardista
Parada do Caurel (Elexías do Caurel e outros poemas), lugar do seu nacemento, honrará o escritor con diferentes actos culturais, como o que se realizará o domingo 9 de maio cun paseo desde A Ferrería até Parada.

15 de abril de 2010

Intercambio de libros




Semana do Intercambio do IES Macías o Namorado!!!!
Do Mércores 21 ao Mércores 28 de Abril

Se tes material para intercambiar (libros, DVD, cómics, CD, revistas, películas...) fala cun dos membros do equipo da biblioteca (Pilar, Esperanza, Maruxa, Alfonso, Ángeles, Rosa, Sixto e Rosendo) ou coa persoa que estea nela de garda. Tes de prazo ata o mércores 21 de abril.

8 de abril de 2010

Hans Christian Andersen

Foi un escritor cunha grande imaxinación, que escribiu moitos dos contos cos que gozamos na nenez: O patiño feo, O soldadiño de chumbo, A sereíña, A princesa e o chícharo... Naceu o 2 de abril de 1805, por iso elixíuse esa data para conmemorar o Día do Libro infantil e xuvenil.




Se queres saber máis da súa vida e ler os seus contos, pincha na entrada.




17 de marzo de 2010

O 12 de marzo morreu Miguel Delibes



Foi un gran escritor. Demostrouno con obras como El Camino, Cinco hora con Mario, Los santos inocentes (a imaxe pertenece a un fotograma da versión cinematográfica desta obra) o El hereje.
Pero tamén foi un gran home, preocupado polos problemas medioambientais, o avance da tecnoloxía ou as relacións persoais. Se queres saber o que pensaba de moitos destes temas, le o seu Discurso de entrada na Academia .

11 de marzo de 2010

Bibliotecas del mundo

Se gozamos do xantar, estaremos encantados de ir a restaurantes bonitos con ambientes agradables.
Se nos gusta nadar, encontrarémonos de marabilla nunha piscina olímpica.
Se ler é algo maravilloso, imaxínate o que pode supoñer facelo nun lugar como estes que aparecen na seguinte presentación .

4 de marzo de 2010

CLUBE DE LECTURA "LIÑAS DE FUGA"


No clube de lectura empezamos cun novo libro. Trátase de Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros.
Agardamos que vos guste.

3 de marzo de 2010

Mesa de debate sobre a situación actual da lingua

O venres día 5 de marzo, ás 12:45 no salón de graos do IES, terá lugar un acto sobre a situación do galego na nosa Comunidade.
Falarán
- Francisco X. Rei, filólogo e portavoz da Plataforma Queremos Galego.
- Pedro Ortueta, moderador.
- Unha persoa do mundo da cultura, aínda por determinar.
O acto está organizado polo Equipo de Normalización Lingüística do Macías o Namorado.

/profesorborja.blogia.com

24 de febreiro de 2010

Contra a violencia machista

No salón de graos do noso Intituto, Macías o Namorado, celebrouse o día 11 de febreiro un acto solidario coa familia de Mari Luz Posse (familiar dun alumno noso) asasinada hai dous anos no cuartel da Garda Civil pola sua ex_parella, Jaime Maiz Sanmartin, a día de hoxe en liberdade.
A familia reclama xustiza e nós, dende aquí, quixemos darlle VOZ.


MANIFESTO SOLIDARIO COA FAMILIA DE Mari Luz Posse – 11 /02/10

Queremos manifestar que:
Hoxe, hai 2 anos, 1 mes e 27 días acontecía a tráxica morte de Mari Luz Pose a mans da exparella; unha morte machista máis, que pasa a engrosar as filas de mulleres asasinadas.

Queremos manifestar que:
A xustiza non sempre é xusta, ou polo menos neste caso, errou de cheo, por un asunto de sinaturas, por cuestions de descoido, en definitiva por unha neglixencia xudicial.

Queremos manifestar que:
Cando a familia comeza a asimilar a dor e a ausencia dunha persoa querida,o seu asasino esta xa na rúa , esta vivindo unha vida que non lle corresponde, porque todas e todos sabemos onde tería que estar: cumprindo a pena na cadea.

Queremos manifestar que:
Unha sociedade sá e que defende a liberdade e a xustiza non pode consentir nin abandonar ás familias nin ás persoas que son víctimas deste tipo de violencia. Porque, se non, que tipo de sociedade estamos a crear, que modelos defendemos? Onde está a solidariedade , o apoio, a xustiza?

Por todo isto,

Aquí, neste lugar de ensino, e agora, a 11 de febreiro de 2010, vémonos na querencia, na necesidade e na obriga de rexeitar este tipo de neglixencia gravísima, vémonos na querencia, na necesidade e na obriga de esixir que a xustiza se exerza cos delincuentes e que a sociedade se pronuncie e sinale aos agresores e que apoie e defenda ás familias víctimas da violencia.

Decidimos manifestalo aquí e agora, porque non é un caso alleo, é un caso cercano a nós, porque tanto Pablo, o sobriño de Mari Luz, como a súa familia, forman parte da nosa comunidade educativa.

Finalmente, dicir que denunciamos e condenamos enérxicamente este tipo de actuacións por parte da xustiza, e que rexeitamos a laxitude e deixadez en todos e cada un dos casos de violencia machista porque, cando asasinan a unha muller, dalgunha maneira asasínanos a todas. Todas somos Mari Luz.

3 de febreiro de 2010

Reparto de mochilas viaxeiras


Como outros anos, a Biblioteca vai iniciar a actividade das Mochilas viaxeiras. Estas as recibirán algúns alumnos e alumnas do primeiro ciclo de Eso para levar ás súas casas e compartir cos seus familiares. Nelas atoparán diverso tipo de libros nas dúas linguas (ningún en inglés...), así como material audiovisual.
Este ano incluímos unha libretiña na que podedes apuntar o que vos pareceu, o que vos gustou e o que non, ou calquera cousa que queirades comunicarnos.
Esperamos que a selección feita sexa do voso agrado.

28 de xaneiro de 2010

Que é para ti o amor?


Atreveste a definilo en cinco liña como máximo? Necesitamos todas as vosas ideas para poñer nos muros, no teito , no chan...
Deixa a tua mensaxe nesta mesma entrada, pinchando en "comentarios".

Tes de prazo ata o LUNS 15 DE FEBREIRO

22 de xaneiro de 2010

Visitamos VERBUM


O 20 de xaneiro as/os integrantes do Clube de Lectura visitaron a Casa das Palabras, coñecida tamén como Verbum.
Unha guía ensinoulles a exposición na que encontraron libros como el Corán ou a Biblia, escoitaron poemas musicados, souberon da censura de libros prohibidos nalgún momento da historia e xogaron ás palabras no labirinto.
Despois da visita, acudiron a un obradoiro de literatura no que leron greguerías e haikus, inventaron un pequeno relato e crearon caligramas.

21 de xaneiro de 2010

En defensa do galego



O día 21 o instituto estivo case baleiro. A maioría do profesorado fixemos unha folga para protestar polo retroceso que supón para a nosa lingua o novo decreto que se quere facer e impoñer nas aulas . So asistiron nove alumnos/as.
A manifestación que tivo lugar en Compostela reuniu a milleiros de persoas que non quixeron calar cando sentiron a aldraxe. Homes e mulleres, nenos e nenas, mozos e mozas, adultos... repetindo o mesmo berro: QUEREMOS GALEGO

14 de xaneiro de 2010

Concurso de Microrrelatos de Terror


O xurado resolveu o concurso de microrrelatos de terror e decidiu dar un Primeiro premio e un Accésit na categoría superior. Na categoría inferior non se outorgou ningún polos erros de forma dos participantes, tales como asinar o traballo presentado ou non ter os datos xunto co pseudónimo. A próxima vez haberá que poñer máis atención ás normas.
Noraboa ó gañador e á finalista!

PRIMEIRO PREMIO : ALBERTE VILLAMARÍN RODRÍGUEZ, de 1º curso de Bacharelato

REN
Caín na conta de que non tiña mans. En verdade vin que non tiña unllas, logo desaparecéronme os dedos e agora as mans. Deus, que horror! Desespérome, que é isto? que me pasa? Algo apértame o peito, non sei que é. De súpeto a cheminea fica sen lume e o cuarto escurece. Choro, altérome, xa non sinto nin os brazos, é arrepiante, un pesadelo, desapareceríanme xa? Suo, respiro axiña e sen me decatar sinto como unha fría man arríncame o corazón. Déixame baleiro, sen nada. Esvaézome. A dor remata comigo. Xa non importa se agora teño dedos ou pés, xa nada importa, non sinto REN.

ACCÉSIT: SILVIA MÉNDEZ MIGUÉNS, de 1º curso de Bacharelato

O PODER DAS TELETENDAS
Caín na conta de que non tiña mans cando non fun capaz de acender a televisión. Pedinllo a meu pai. Queixeime, berrei, mais ignoroume. Puxo na teletenda e marchou. Tiven que fastidiarme e vela, pois non tiña maneira de cambiar. Pasaron ao seguinte anuncio. E eso? Vendían mans! Desespereime, chorei, berrei, e , nese intre vin algo familiar. Demasiado. As miñas mans! Necesitabaas! Que facían aí? Quen mas quitara? Cando? Como? Por que?

17 de decembro de 2009

Recomenda un libro



Se tes leído un libro que che gostara moito e cres que lle podería interesar a alguén para agasallar neste Nadal, escribe un comentario e indica o título e o autor. Seguro que haberá quen cho agradeza.

10 de decembro de 2009

Un pouco de ioga


É tempo de exames e o mellor para facelos ben é preparalos mellor, pero non é menos importante saber relaxarse para rendir ó máximo. Pode que un pouco de ioga vos axude a conseguilo.

3 de decembro de 2009

Un poema do obradoiro de poesía


O alumnado que asiste ó obradoiro de poesía compuxo este poema que terá , de seguro, continuidade. Disfrutade del.

O supercan can Barciera
camiña pola pradeira.
El e máis lady Cadelia
os dous vestidos de seda.

No outro lado do campo
Floribunda merendando,
rilla que rilla no galgo,
trágao gorxa abaixo.

Supercan vendo o festín,
vai ao fondo do xardín
coa escopeta de balíns
metida no maletín.

Balíns sobre Floribunda.
A raiva da tremebunda
esmorece á luz da lúa.
A flor cae moribunda.

26 de novembro de 2009

La letra con sangre entra


Estamos a piques de rematar o mes do Samaín. Decataríaste do cartel que presidiu a biblioteca este mes que adicamos ó terror...Daba medo, verdade? Pois na época dos vosos abós e aboas e mesmo na dos vosos pais e nais non era unha broma, como foi para nós poñelo: aínda que o coitelo non aparecía, o arrepío que producía ir aunha aula onde che podían maltratar por non saber ou por non facer o que debías era real.
Non permitas o maltrato e tampouco maltrates ti; empuxar, insultar, rir de alguén, facer burla... tamén son formas de violencia.

22 de novembro de 2009

NON á violencia contra as mulleres

O 25 de novembro homes e mulleres de todo o mundo berrarán NON á violencia contra as mulleres. De ti depende que ese berro se extenda a todos os días do ano.

19 de novembro de 2009

Frases


"Canto máis coñezo aos homes, menos os quero; se poidese decir o mesmo das mulleres, iríame moito mellor."
Din que esta frase é de Lord Byron.Que che parece?

18 de novembro de 2009

Obradoiro de poesía


O xoves 19 terá lugar unha nova reunión do obradoiro de poesía, ás 16 h. na bilblioteca.
Non faltes. Ti e os teus poemas podedes ser portada no noso blog...Quen sabe!

Yolanda Castaño no Macías o Namorado



A poeta Yolanda Castaño visitou o noso centro e deu unha charla sobre a "poesía última", á que asistiron os alumnos e alumnas do clube de lectura. Foi unha das actividades programadas pola Biblioteca para este trimestre.
Yolanda Castaño asinou no libro de honra cunha orixinal adicatoria.

5 de novembro de 2009

OUTONO

Nestes días nos que a choiva vén mollar as folla caídas das árbores, escoita ó tempo que les este poema de Verlaine.



Chanson d’Automne

Les sanglots longs
Des violons
De l'automne
Blessent mon coeur
D'une langueur
Monotone.

Tout suffocant
Et blême, quand
Sonne l'heure,
Je me souviens
Des jours anciens
Et je pleure

Et je m'en vais
Au vent mauvais
Qui m'emporte
Deçà, delà,
Pareil à la
Feuille morte

29 de outubro de 2009

Novo título para o blog de lectura: Alicia do outro lado do espello


Xa empezou o tempo de lectura deste segundo libro de Lewis Carroll. Se o primeiro vos gustou, con este disfrutaredes tamén.
Os que aínda non estades no club podedes inscribiros hoxe ou mañá.
¿Gústache ler? Ven con nos, temos reservadas moitas sorpresas...

22 de outubro de 2009

Obradoiro de poesía


O xoves 22 terá lugar na biblioteca do Centro unha nova sesión do obradoiro de poesía. Quen estea interesado/a poderá acudir ás 16:30.
Gustouche a anterior? Nesta disfrutarás máis.

21 de outubro de 2009

Samaín en novembro

No IES Macías o Namorado imos celebrar o Samaín durante o mes de novembro. Unha das actividades que o Departamento da biblioteca pensa levar a cabo é a proxección de tres películas de terror nas seguintes datas:
* Martes 10 de novembro: 1º e 2º de ESO
A noiva cadáver

* Martes 17 de novembro: 3º e 4º de ESO
Pesadelo antes do Nadal
* Martes 24 de novembro: 1º e 2º de bacharelato e ciclos
Psicose

18 de outubro de 2009

Reunión do clube de lectura


O próximo luns, 19 de outubro, terá lugar a primeira reunión do clube de lectura deste curso para comentar a obra Alicia no país das maravillas.
Lémbrate de ir á biblioteca no primeiro recreo.

15 de outubro de 2009

I Premio de Microrrelatos Macías o Namorado


A biblioteca convoca, co gallo da festa d´O Samaín, o I Certame de Microrrelatos Macías o Namorado.



Bases do concurso:
1. Tema: Texto de terror que debe empezar coa frase:"Caín na conta de que non tiña mans".
2. Lingua: Galego ou castelán.
3. Estensión: Un máximo de 100 palabras.
4. Lugar de entrega: A biblioteca.
5. Prazo de entrega: Do 15 de outubro até o 20 de novembro.
6. Categorías:
A- Alumnos/as de ESO
B- Alumnos/as de Bacharelato e Ciclos
7. Condicións: Entregaránse tres copias do microrrelato nun sobre grande cun seudónimo, a categoría e o título do relato escritos fora. No interior do sobre grande irá tamén un sobre pequeno fechado que contenga os datos do autor ou autora; é decir: Nome e apelidos, e curso.
8. Os premios faránse públicos no festival de Nadal.

8 de outubro de 2009

Chegou o outono!

Vento de outono, tan fugaz coma ti foise o meu amor.

Masajo Suzuki

Pois xa que o amor fuxiu, le o que sentiron outros que tamén quedaron soíños:

Cumbres borrascosas, de Emily Brontë

Werther, de Goethe

Sentido y sensibilidad, de Jane Austen

1 de outubro de 2009

Obradoiro de poesía

Pode que cando che falen de poesía, digas que a ti non che gusta; pode que prefiras quedar na casa vendo a televisión; pode que non sepas o que perdes se non vés ó instituto o venres 2 de outubro ás 4 da tarde.

Alicia en el país de las maravillas


Alicia representa a liberdade da imaxinación humana e a curiosidade insaciable.
Sabías que Alicia... é moito máis que unha obra literaria? Aínda que, cando leas este libro, non cho pareza, deu pé a moitas interpretacións relixiosas, políticas, lóxico-matemáticas, psicoanalícicas...
É un libro para disfrutar ; e a violencia ou o absurdo do mundo que nel se expresan non teñen moralexa.
Se estás no clube de lectura , lembra que teremos a reunión para comentar esta obra o luns 19 de outubro no primeiro recreo. Agardámoste!

24 de setembro de 2009

Comeza o clube de lectura do curso 2009/10


Se che gusta ler, esta é a túa oportunidade. Disporás dos libros máis interesantes, terás quen che explique o que non entendas e estarás en contacto con moitos compañeiros e compañeiras cos que compartirás aficións.
Ponte en contacto coa encargada da biblioteca e empeza a disfrutar co primeiro libro deste ano.