O pasado martes, 27 de novembro, Iria Veiga Ramos veu ao noso centro para falar co alumnado de 4º ESO e 1º BAC sobre intelixencia artificial e intervención xenética. Este encontro tivo lugar na Biblioteca
a 3ª hora, despois de termos visto o filme GATTACA nas dúas primeiras horas de clase.
Foi moi interesante todo o que escoitamos nesa charla, da que aprendemos todas as persoas presentes. Non unicamente o alumnado de ciencias, que era a quen ía dirixida a charla. Tamén ás profesoras de Bioloxía, Matemáticas e Galego que decidiron acompañarnos e darnos, polo tanto, todo o seu apoio.
Ben, alén dos agradecementos ás profesoras que si nos acompañaron, queremos suliñar o que máis nos interesou do encontro con de Iria. Referímonos ao tema dos tranxénicos, da posíbel prolongación da vida, e, por riba de todo, da intervención xenética en humanos. A verdade é que todos estes temas darían para outra hora máis, como aseguraron moitas alumnas ao remate. Isto de quedar con ganas de máis é un moi bo síntoma. Nós interpretámolo coma un medidor do interese, que nos permite determinar a satisfacción que sentiu o alumnado coa actividade. Estamos contentas!
30 de novembro de 2018
29 de novembro de 2018
Club de lectura - Novembro
O pasado martes 27 de novembro, os nosos corazóns lectores non faltaron a súa cita cos libros; os máis nov@s coa poesía de Fran Alonso, e os veteran@s coa novela de María Solar.
apertando na gorxa.
Sentir un globo de nada
inchando o ventre.
Sentir que todo dá voltas
moito máis rápido
do que os meus ollos
poden seguir.
Sentir a miña respiración acelerada
na negrura viscosa da escuridade.
Sentir o meu pulso disparado
e tolo
sen poder evitalo.
O medo.
Os nenos da varíola
"Baseada na historia real dos 22 nenos orfos da expedición Balmis que levaron no seu corpo a vacina da varíola a América"
Biblionamorad@s
28 de novembro de 2018
INVISIBLES, DE MONTSE FAJARDO
O xoves, 23 de novembro, Montse fajardo veu visitar o noso centro para falar co alumnado de 4º ESO e 1º BAC sobre o seu libro INVISIBLES. Este encontro foi organizado polo Departamento de Normalización Lingüística coa idea de poñer enriba da mesa un tema moi grave: a violencia contra as mulleres.
Matilde Pena, a coordinadora de Normalización, escolleu este libro entón non só polo tema que aborda, como podería parecer de entrada. Tamén, e moi importante, porque os relatos son reais. As mulleres das que escribe Montse existiron e padeceron a violencia das súas parellas. Dende a Biblioteca entendemos que o Equipo de Normalización quixo facer visíbel que un tema tan grave coma este, do que se ten falado tanto en todos os medios de comunicación, non desaparece, entre outras cousas porque, á hora da verdade, poucas persoas ousan denunciar o seu veciño, pai, tío ou colega. Por esta razón, as nosas amigas, nais, curmás, veciñas non sempre atopan o apoio social que precisan e fica na máis absoluta INIVISIBILIDADE, vitimizadas e soas. Que esta violencia que se produce no espazo íntimo é unha cuestión política e social que nos afecta a todas e todos, é algo que aínda temos que aprender a levar á práctica para non sermos cómplices. Fajardo falou disto, deste silencio que converte en INVISIBLES os maltratadores. Quen son?; como se chaman?; onde viven?
O alumnado estivo moi atento e manifestou grande interese polo que relatou a autora durante a charla. Fixeron pois moitas preguntas, algo que nos agradou, porque se xerou unha conversa moi arriquecedora para toda a comunidade educativa. Dende a biblioteca aplaudimos esta actividade!
22 de novembro de 2018
R2D2 Y EL CABALLERO DE LA TRISTE FIGURA
Hoxe, o noso alumnado de 1º e 2º da ESO asistiu á representación dunha libre versión de Don Quijote en singular duelo teatral con R2D2 (¡Arturito!), da man do actor arxentino Ricardo Frazer.

Convidamos ao noso alumnado a disfrutar das distintas versións desta obra, pertencente á literatura universal, que temos na nosa biblioteca.
CLUBS DE LECTURA ÁGORA - NOVEMBRO
CLUBS DE LECTURA ÁGORA
LUGAR: BIBLIOTECA DO IES MACÍAS O NAMORADO
HORA: 15:15
A historia
comeza en 1803. Na miseria dos orfanatos. Nun barco que pode ser tamén unha
tumba. Nun mar hostil e desapiadado. No medio dese universo cruel, a esperanza
e un posible futuro. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro,
xa non o serán máis nunca.
Street Poems, Fran Alonso
21 de novembro de 2018
CLUB DE LECTURA DE PROFES
Este martes, 20 de novembro, tivemos a primeira reunión do Club de Lectura de profes sobre o último libro de María do Cebreiro: Soños. Arquivos.Cartas.
A experiencia foi gratificante porque axiña se xerou unha interesante conversa sobre os diversos eixos temáticos que percibimos no libro. Falamos entón da presencia do corpo como territorio político e textual no que agroman o pracer e a dor. Pareceunos atraente a visión do amor da poeta, así é que, por exemplo, Lourdes leu en alto un poema enteiro que lle encantou e que di así:
M. (4)/ E
"Hai nomes que queiman os dedos cando escribo, aínda que me deteña na inicial.
A xente fala de superar a dor pero ningunha dor verdadeira se supera. Limítaste a enterrala e logo esperas a que floreza como florece a flor branca das patacas.
O tempo cura porque mata.
Unha remolacha non é unha pataca. Ábrela e sangra nas túas mans, como sangraría o teu corazón se cho arrincasen. "
Despois da lectura deste poema, Rosa citou un verso de María sobre o amor que sintetiza perfectamente a visión da poeta sobre este sentimento que tanta importancia ten nas nosas vidas.Velaquí o verso en cuestión:
"E eu aprendín dunha vez que o amor non era eterno senón infinito"
Despois desta cuestión, a profesora de Arte e Xeografía, Mar, falou das feridas do corpo, da dor en contraposición á ledicia, que, inferimos entre todas, pode ser, en parte, construída por nós, sempre que o contexto non sexa demasiado desfavorábel.
Tanto Lourdes coma min, pensamos que a reunión foi moi amena, porque a conversa fluiu en todo momento, así é que quedamos con ganas de máis.
20 de novembro de 2018
7 de novembro de 2018
UN TEXTO, UNHA EMOCIÓN
A pasada semana pasada o Club de Lectura para o alumnado de reforzo, que conduce Ana Pose, comezou o ciclo de lecturas deste mes. O tema? A IRA. O texto sobre o que traballaron foi A XUSTIZA POLA MAN, da nosa poeta máis querida: Rosalía de Castro. Parece que a reunión foi ben interesante, así é que si, estamos en racha!
Deixamos aquí unha das fotos tomadas durante a reunión:
Velaquí este poema inmenso, tanto pola intensidade dramática de seu como polo seu carácter visionario. Rosalía foi quen de integrar a poesía social no seu traballo e denunciar o abuso dun sistema que oprimía, e oprime, a clase traballadora. O que podemos ler aquí non é outra cousa que a historia dun desafiuzamento, algo que está a acontecer, tirstemente, a día de hoxe en moitas familias
Aqués que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.
―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.
Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.
Rosalía de Castro.

31 de outubro de 2018
NUMAX NA ESCOLA: TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO
O luns, 29 de outubro, fomos a NUMAX co alumnado de 4º ESO e 1º BAC para ver o filme de Xiana do Teixeiro "Tódalas mulleres que coñezo". A experiencia foi ben interesante, porque o documental de Teixeiro afonda nun tema de grande interese a día de hoxe: a violencia contra as mulleres.
Xiana dá voz entón a un grupo de mozas que conversan na terraza dun bar sobre este asunto. Cada unha delas conta o que lle pasou e como se sentiu despois. Todas aseguraban, obviamente, sentirse inseguras nas rúas polas noites, por exemplo, porque sempre hai algún "baboso" -dicían- que xera tensión e incomodidade.
A verdade é que este filme debería pasarse en todos os institutos.
CLUBS DE LECTURA DE OUTUBRO
Onte, 30 de outubro, os clubs de lectura da ESO e de Bacharelato disfrutamos do primeiro encontro do curso.
Disfrutamos de reanudar unha actividade tan gratificante; xa tiñamos ganas de reencontrarnos cos nosos corazóns lectores!
A rapazada de 1º estivo comentando coa profesora Isabel Mouriño o cómic de Asterix e Cleopatra. Aproveitando que temos a película na Biblioteca, tamén visionaron uns minutos para comparar os dous formatos nos que se pode atopar a historia.
Os maiores estiveron comentando coa súa profesora, Lourdes Lema, 22 segundos de Eva Mejuto, novela que suscitou bastante debate sobre un tema tan sensible como é o da transexualidade. Tamén visionamos un corto titulado Vestido Nuevo, un corto trans infantil que mostra unha escena que pode desencadenarse en calquera momento na escola actual.

24 de outubro de 2018
DÍA DE GARCÍA LORCA EN GALICIA
Neste 2018 cúmprense 120 anos do nacemento do escritor e cen anos do seu primeiro libro, Impresiones y paisajes
e; por iso, desde o Concello de Santiago toman a iniciativa da
declaración do 25 de outubro como ‘Día de García Lorca en Galicia’ tras
unha campaña iniciada pola Editora Alvarellos e, nomeadamente, polo seu
director, Henrique Alvarellos que quixo resaltar que Compostela é a
cidade “máis lorquiana en Galicia”.
Lorca, quizais un dos poetas máis grandes de todos os tempos, decidíu escribir na nosa lingua. Coñeceu a poesía de Rosalía de Castro e publicou Os Seis Poemas Galego;
a publicación en galego con maior proxección internacional. “Llevo a
Galicia en el corazón” chegou a recoñecer nunha entrevista en 1933. Unha
declaración de amor por unha terra e por unha cultura.
Na Biblioteca están dispoñibles varias obras de Federico García Lorca, pero mañán, sumándonos á homenaxe que lle adica o Concello de Santiago, situaremos nun lugar sinalado OS SEIS POEMAS GALEGOS.

Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura
herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma de cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago,lonxe do sol
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura
herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma de cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago,lonxe do sol
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.
NUMAX NA ESCOLA
O vindeiro luns, 29 de outubro, CINERÁGORA visita a Sala NUMAX para participar no programa NUMAX NA ESCOLA.
Estamos con moitas ganas de que chegue o día porque o filme pinta xenial! Trátase do documental de Diana do Teixeiro: TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO. A directora galega aborda o tema da violencia contra as mulleres neste país. A idea é amosar o desequilibrio social. Poderemos escoitar a conversa dunhas mozas sobre a sensación de incomodidade, ou mesmo acoso, que senten en situacións cotiás, tanto no entorno laboral como no espazo educativo. A cousa promete!
http://www.cinemaldito.com/todalas-mulleres-que-conezo-xiana-do-teixeiro/

A semana pasada houbo outra reunión do Club de Lectura que leva Ana Pose. O texto sobre o que se falou foi ESTA PRESA, de Yolanda Castaño.
Nesta semana a profesora sorprenderá o alumnado cun texto de Castelao ou ben de Rosalía.
Agardamos que continúe en racha, porque o entusiasmo do grupo e da profe son ben de agradecer!
Nesta semana a profesora sorprenderá o alumnado cun texto de Castelao ou ben de Rosalía.
Agardamos que continúe en racha, porque o entusiasmo do grupo e da profe son ben de agradecer!
NOVIDADES NA BIBLIOTECA
NOVAS ADQUISICIÓNS PARA A NOSA BIBLIOTECA
Velaquí as últimas adquisicións para a Biblioteca.
Protagoniza o noso andel de exposicións INVISIBLES, de Montse Fajardo, que virá no mes de novembro para falar co alumnado de 1º BAC e 4º ESO sobre o libro. Esta charla, organizada polo Dpto de Normalización, que leva Matilde Pena, ten un grande interese para nós, dada a importancia que lle concedemos neste espazo á produción cultural das mulleres.
Como vedes, tamén figura O PUÑO E A LETRA, a antoloxía en cómic poético de Yolanda Castaño. Neste obxecto-libro recóllense textos da autora pertencentes ao Libro da Egoísta ou Delicia, entre outros. Marabillosos poemas aos que poñen imaxes grandes ilustradoras e ilustradores.
Eis algúns nomes: Norberto Fernández, Alberto Taracido, Cristian F. Caruncho, Jano, Fran Jaraba, Xulia Pisón, Paula Esteban, Fran Bueno, Xulia Vicente, David Rubín, Miguel Robledo, Manel Cráneo, María Ferreiro, Alicia Jaraba Abellán, Víctor Rivas, Kike J. Díaz, Xosé Tomás, Anxo Cuba, Los Bravú (Dea Gómez & Diego Omil), Yupiyeyo / María Álvarez Hortas, David Pintor, Kiko da Silva, Miguelanxo Prado, Roberta Vázquez, Xan López Domínguez, Siro, Xaquín Marín, Rubén Mariño, Pepe Carreiro, Santy Gutiérrez, Martín Romero, Ramón Trigo, Brais Rodríguez, Miguel Cuba, Cynthia Alonso, Abraldes, Miguel Porto, Dani Xove, Tokio, Fernando Iglesias...
E seguindo coa poesía, tamén vos presentamos "SEIS POEMAS GALEGOS", unha edición ilustrada de Carlos Fernández e Sally Cutting. Delicatessen!!
E ademais velaquí tendes breves manuais de Filosofía, unha área á que lle queremos prestar moita atención, como estes que se ven na imaxe: Leibniz en 90 minutos, Kierkegaard en 90 minutos, ou, La Potencia según Nietzsche.
Outra das novidades é o libro que vedes arriba. Non deberíades deixalo pasar sen lelo!
LA FILOSOFÍA CONTADA POR SUS PROTAGONISTAS III, pretende facer visíbel o pensamento de filósofas ben interesantes como MARÍA ZAMBRANO, HANNAH ARENDT, SIMONE DE BEAUVOIR e ESPERANZA GUISÁN.

11 de outubro de 2018
Club de lectura - Outubro
DÍA : 30
DE OUTUBRO
LUGAR: BIBLIOTECA DO IES MACÍAS O NAMORADO
HORA: 15:15

22 segundos,
Eva Mejuto
O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía
sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora
xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase.”Son Álex, un mozo
transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida”.
Asterix e
Cleopatra, R. Coscinny
Nesta ocasión, Astérix e Obélix enfróntanse a unha nova misión: construír un palacio para a mesmísima Cleopatra!
Felices lecturas!
10 de outubro de 2018
NOVA SESIÓN CINERÁGORA: ISLAND
Este luns, 8 de outubro, o alumnado do noso Cinerágora acudiu ao centro pola tarde para ver ISLAND.
Despois de vela tivemos unha conversa ben interesante sobre a cuestión da intervención xenética e as consecuencias de clonar seres humanos, ou crear intelixencia artificial con conciencia, sen termos reflexionado sobre cales serían os dereitos destes novos seres e cal a nosa relación con eles. Pensamos que non contemplar esta cuestión dende un punto de vista ético podería derivar nunha nova escravitude...
ÁGORA: UN TEXTO, UNHA EMOCIÓN

Deu comezo o Club de Lectura que conduce Ana Pose: ÁGORA: UN TEXTO, UNHA EMOCIÓN. Eis o alumnado participante lendo o poema que lle foi entregado a principios da semana pasada para comentalo o venres, 5 de outubro.
Este ano, as lecturas deste Club versarán sobre emocións ou sentimentos. O mes de outubro o tema será O AMOR. Nesta ocasión falouse dun poema de Girondo. Ana decidiu proxectar imaxes dalgunhas obras de Chagal para acompañar a conversa e "poñer cara" as palabras e a reflexión que estas suscitan.
Pensamos que a reunión foi ben, así é que estamos moi contentas. E esta semana máis e mellor!
Moitos parabéns ao alumnado participante e a súa profe, que é fantástica!
Por certo, por se se animar alguén máis, aclaramos que neste Club de Lectura os textos son moi breves. A extensión máxima é dun folio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)