18 de marzo de 2022

Clube de Lectura de 3º de ESO

As rapazas do 3º de ESO mergulláronse este trimestre no libro  Mentira de Caré Santos.


A historia trata de Xenia, unha moi boa estudante que  namora de Marcelo, un rapaz ao que coñece por internet. Ela quere saber cousas del e comeza a investigar… Agárdaa unha sorpresa non moi agradable: nin a foto nin o nome do seu namorado son reais. Quen é en realidade o rapaz do que namorou?   Un paquete que lle envían desde o  correccional de menores vai aclarar todo.

Moitas grazas ás nosas lectoras. 


 

 

9 de marzo de 2022

Macías, o poeta namorado


Este ano celebramos o Día dos Namorados achegándonos á figura do trobador Macías, que nunca renunciou ao seu amor, mesmo que lle custase a vida. No seguinte vídeo podedes ver algunhas das actividades que se fixeron.



Este venres, 11 de marzo entregaremos os premios aos gañadores do concurso Canto sabes de Macías?

Non vos esquezades de pasardes pola biblioteca! Moitas grazas a todas e a todos por participardes!

 

25 de febreiro de 2022

 

 

"Sementade pensamentos"  

Semana de Rosalía 2022

Grazas á profesora Rosa Enríquez pola tradución deste poema de Rosalía


Fraîches roses, ouvrez,

brillez, les oeillets,

de leur jardin, les arbres

habillez-vous avec de belles feuilles vertes.

 

Vigne qui nous ombragea

quelque temps, á vous couvrir

de branches, revenez.


Belle natures

éternellement la même

dis aux mortels,

dis encore aux fous

qu´ils en périssent plus.

 

Poème de Rosalia de Castro, appartenant à son livre intitulé FOLLAS NOVAS

Traduction: Rosa,  profesora de francés.


 

 

 


 

 

 

 

 

 

               
 
 
 
 
 

           

Actividades  da Semana de Rosalía

Grazas a todos e a todas pola vosa participación nas actividades desta semana

 

Visita á exposición "A casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía"




Participación na homenaxe do Concello a Rosalía