A novela A Metamorfose, do escritor de orixe xudea Franz Kafka
(Praga, República Checa 1883 - Austria 1924), considerada unha das
obras máis influíntes do autor, cumpre un século. Kafka redactou o libro en apenas 20 días, entre el 17 de noviembre y el 7
de diciembre de 1912.
A novela, dotada de rasgos fantásticos e surrealistas, narra a historia dun home, Gregorio Samsa, cheo de soños e ilusións, obrigado a traballar de comerciante nunha empresa para manter aos seus pais e a súa irmá. Sempre pensando nun futuro máis esperanzador, Gregorio esperta unha mañán convertido nun insecto.
Franz Kafka titulou a súa narración Die Verwandlung, cuxa tradución literal é A transformación. Era un tipo extremadamente meticuloso, obsesivo mesmo, coa utilización das palabras, interesáballe a súa precisión e que dixesen exactamente o que din. Así que non utilizou o termo Metamorphose, que tamén existe en alemán e que acouta o significado máis xeral de "transformación" ao referilo especificamente ao cambio que se produce cando os seres humanos se converten en animais, plantas, mananciais, etcétera.
"Eu traducín o libro de contos cuxo primeiro título é A transformación, e nunca souben por que a todos lles deu por poñerlle A metamorfose", explicou Jorge Luis Borges nunha entrevista publicada no PAÍS o 3 de xullo de 1983. "É un disparate. Eu non sei a quen se lle ocorreu traducir así esa palabra do máis sinxelo alemán. Cando traballei coa obra, o editor insistiu en deixala así porque xa se fixera famosa e se lle vinculaba a Kafka".
No terceiro volume das obras completas de Kafka que publicou Galaxia Gutenberg, explícase nas notas que o título procede seguramente dunha precoz tradución (anónima) que se fixo da narración en 1925 en Revista de Occidente. Foi aí onde se titulou A metamorfose.
Dende a biblioteca animámosvos á lectura desta apaixoante novela e a visitar a exposición que temos instalada sobre A Metamorfose e Fanz Kafka.

Ningún comentario:
Publicar un comentario