O pasado xoves 15 de abril, como anticipo á celebración do Día do Llibro, recibimos na nosa biblioteca a visita de Pedro Feijoo, que presentou ao alumnado de 1º de Bacharelato e do Club de Lectura de Segundo Ciclo a súa novela A memoria da choiva. Escollemos esta obra pola súa trama trepidante de
novela negra coa poesía de Rosalía e a síua fundación , en Padrón, como pano de fondo. A idea pareceunos xenial e a lectura da obra resultoulles apaixoante.
Nas páxinas da súa novela atopamos, ademáis, un retrato ben irónico da cultura literaria
galega e das súas institucións.
A conversación con Pedro foi un auténtico agasallo para todos nos. Pedro destripou as entrañas da súa obra e do seu proceso de escritura e respondeu a todas as cuestións relacionadas coa mesma durante case dúas horas, que quedáronse curtas.
VISITA DE PEDRO FEIJOO on PhotoPeach
Ningún comentario:
Publicar un comentario