24 de outubro de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!!!



NUMAX NA ESCOLA

O vindeiro luns, 29 de outubro, CINERÁGORA visita a Sala NUMAX para participar no programa NUMAX NA ESCOLA.

Estamos con moitas ganas de que chegue o día porque o filme pinta xenial! Trátase do documental de Diana do Teixeiro: TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO. A directora galega aborda o tema da violencia contra as mulleres neste país. A idea é amosar o desequilibrio social. Poderemos escoitar a conversa dunhas mozas sobre a sensación de incomodidade, ou mesmo acoso, que senten en situacións cotiás, tanto no entorno laboral como no espazo educativo. A cousa promete!

http://www.cinemaldito.com/todalas-mulleres-que-conezo-xiana-do-teixeiro/




UN TEXTO, UNHA EMOCIÓN

A semana pasada houbo outra reunión do Club de Lectura que leva Ana Pose. O texto sobre o que se falou foi  ESTA PRESA, de Yolanda Castaño.




Nesta semana a profesora sorprenderá o alumnado cun  texto de Castelao ou ben de Rosalía.
Agardamos que continúe en racha, porque o entusiasmo do grupo e da profe son ben de agradecer!

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

NOVAS ADQUISICIÓNS PARA A NOSA BIBLIOTECA



Velaquí as últimas adquisicións para a Biblioteca.

Protagoniza o noso andel de exposicións INVISIBLES, de Montse Fajardo, que virá no mes de novembro para falar co alumnado de 1º BAC e 4º ESO sobre o libro. Esta charla, organizada polo Dpto de Normalización,  que leva Matilde Pena, ten un grande interese para nós, dada a importancia que lle concedemos neste espazo á produción cultural das mulleres.


Como vedes, tamén figura O PUÑO E A LETRA, a antoloxía en cómic poético de Yolanda Castaño. Neste obxecto-libro recóllense textos da autora pertencentes ao Libro da Egoísta ou Delicia, entre outros. Marabillosos poemas aos que poñen imaxes grandes ilustradoras e ilustradores.


Eis algúns nomes:  Norberto Fernández, Alberto Taracido, Cristian F. Caruncho, Jano, Fran Jaraba, Xulia Pisón, Paula Esteban, Fran Bueno, Xulia Vicente, David Rubín, Miguel Robledo, Manel Cráneo, María Ferreiro, Alicia Jaraba Abellán, Víctor Rivas, Kike J. Díaz, Xosé Tomás, Anxo Cuba, Los Bravú (Dea Gómez & Diego Omil), Yupiyeyo / María Álvarez Hortas, David Pintor, Kiko da Silva, Miguelanxo Prado, Roberta Vázquez, Xan López Domínguez, Siro, Xaquín Marín, Rubén Mariño, Pepe Carreiro, Santy Gutiérrez, Martín Romero, Ramón Trigo, Brais Rodríguez, Miguel Cuba, Cynthia Alonso, Abraldes, Miguel Porto, Dani Xove, Tokio, Fernando Iglesias...


E seguindo coa poesía, tamén vos presentamos "SEIS POEMAS GALEGOS", unha edición ilustrada de Carlos Fernández e Sally Cutting. Delicatessen!!

E ademais velaquí tendes breves manuais de Filosofía, unha área á que lle queremos prestar moita atención, como estes que se ven na imaxe: Leibniz en 90 minutos, Kierkegaard en 90 minutos, ou, La Potencia  según Nietzsche.



Outra das novidades é o libro que vedes arriba.  Non deberíades deixalo pasar sen lelo!

LA  FILOSOFÍA CONTADA POR SUS PROTAGONISTAS III, pretende facer visíbel o pensamento de filósofas ben interesantes como MARÍA ZAMBRANO, HANNAH ARENDT, SIMONE DE BEAUVOIR e ESPERANZA GUISÁN.





 


11 de outubro de 2018

Club de lectura - Outubro



DÍA :                   30 DE OUTUBRO

LUGAR:                BIBLIOTECA DO IES MACÍAS O NAMORADO

HORA:                 15:15





22 segundos, Eva Mejuto
O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase.”Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida”.












Asterix e Cleopatra, R. Coscinny

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de  lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...
 Nesta ocasión, Astérix e Obélix enfróntanse a unha nova misión: construír un palacio para a mesmísima Cleopatra!








Felices lecturas!

10 de outubro de 2018

NOVA SESIÓN CINERÁGORA: ISLAND







Este luns, 8 de outubro, o alumnado do noso Cinerágora acudiu ao centro pola tarde para ver ISLAND.
Despois de vela tivemos unha conversa ben interesante sobre a cuestión da intervención xenética e as consecuencias de clonar seres humanos, ou crear intelixencia artificial con conciencia, sen termos reflexionado sobre cales serían os dereitos destes novos seres e cal a nosa relación con eles. Pensamos que non contemplar esta cuestión dende un punto de vista ético podería derivar nunha nova escravitude...



ÁGORA: UN TEXTO, UNHA EMOCIÓN



Deu comezo o Club de Lectura que conduce Ana Pose: ÁGORA: UN TEXTO, UNHA EMOCIÓN. Eis o alumnado participante lendo o poema que lle foi entregado a principios da semana pasada para comentalo o venres, 5 de outubro.

Este ano, as lecturas deste Club versarán sobre emocións ou sentimentos. O mes de outubro o tema será O AMOR. Nesta ocasión falouse dun poema de Girondo. Ana decidiu proxectar imaxes dalgunhas obras de Chagal para acompañar a conversa e "poñer cara" as palabras e a reflexión que estas suscitan.

Pensamos que a reunión foi ben, así é que estamos moi contentas. E esta semana máis e mellor!
Moitos parabéns ao alumnado participante e a súa profe, que é fantástica!

Por certo, por se se animar alguén máis, aclaramos que neste Club de Lectura os textos son moi breves. A extensión máxima é dun folio.



30 de setembro de 2018

Club de lectura do profesorado do IES Macías o Namorado

          Convidámosvos a participar nesta actividade organizada polo equipo da Biblioteca

Propoñemos tres lecturas (unha por trimestre) de tres escritoras galegas coas que teremos a oportunidade de manter un encontro ao longo do curso:


  • María do Cebreiro: Soños. Arquivos. Cartas.
  • Susana Sánchez Aríns: Seique. 
  • Emma Pedreira: Bibliópatas e fobólogos.


  • Animádevos a participar!!!!
    biblionamorad@s

REINICIANDO!

24 de setembro de 2018

CINERÁGORA 2018-2019

MATRIX, LUNS 26 DE SETEMBRO DO 2018

 Comezamos a primeira sesión do noso cineclub coa proxección de MATRIX, que formará parte do ciclo de Ciencia Ficción deste primeiro trismestre de curso. Listas, cámara, ACCIÓN!
Vémonos esta tarde!










30 de maio de 2018

CINERÁGORA, luns 28 de xuño: LA FUGA DE LOGAN

As cineclubistas acudiron o pasado luns, 28 de xuño, para ver outro filme de Ciencia Ficción -un xénero ao que non estaban afeitas-, LA  FUGA DE LOGAN, dirixida por Michael Anderson.
Ao rematar tivemos unha interesante debate non só sobre a necesidade e urxencia de cuestionar certas "verdades absolutas" mais de que xeito podemos facelo ao adequirir coñecementos sólidos e fondos que si nos permitirán defender as nosas ideas e axudar na construción dunha sociedade máis xusta.



Antes deste filme vimos, o luns 30 de abril,  FARENHEIT 451, dirixida por François Truffaut, unha xoia da Ciencia Ficción na que se pon enriba da mesa a importancia da lectura como medio para acceder ao coñecemento e favorecer a reflexión que nos permita acadar iso que tanto interesa: ter un pensamento propio.






E antes de Farenheit 451, vimos, o luns 23 de abril,  INTELIXENCIA ARTIFICIAL, dirixida por Steven Spielberg. A raíz do visionado do filme falouse dunha nova área de traballo e coñecemento moi interesante e necesaria, a bioética. Tamén se comentou algo sobre o Golem de Praga, a mención do mesmo xa nos Salmos da Biblia, e, por suposto, xurdiu o tema da clonación   humana.

A nosa intención, se é posíbel, será poñer LA ISLA no mes de xuño.

TO BE CONTINUED? En efecto!








23 de maio de 2018

Club de lectura 1º, 2º e 3º ESO

O próximo luns, 28 de maio, reunirémonos o club de lectura de 1º, 2º e 3º ESO, para comentar o libro titulado Os Piratas na Illa da Esperanza de X. H. Rivadulla Corcón.


FESTA DA LINGUA EN PADRÓN

A festa das Letras en Padrón foi unha celebración por todo o alto. Fomos á praza Macías O Namorado. Alí estivemos a escoitar música e textos deliciosos en homenaxe á escritora galardoada este ano 2018: María Victoria Moreno. Un dos poemas que foron lidos escribiuno Matilde, a profa de inglés!
Botade un ollo ao vídeo e desfrutade moito!

Club de lectura - MAIO


CLUB DE LECTURA ÁGORA

DÍA:        29 DE MAIO

LUGAR:    BIBLIOTECA DO IES MACÍAS O NAMORADO

HORA:      15:15

SINOPSIS

     

       Cuatro hermanos se acaban de quedar huérfanos. Tras la muerte de su madre urden un plan para escapar juntos y evitar que los separen. Se refugiarán en una granja abandonada en medio del bosque. Los huérfanos escriben y pintan en un cuaderno otra realidad que les aleje de sus miserias, pero empiezan a experimentar sucesos extraños. La ruinosa granja esconde un secreto. Hay algo que acecha, observa y se oculta entre las sombras, mientras los hermanos intentan volver a la normalidad. ¿Conseguirán mantenerse unidos? ¿Será demasiado tarde para escapar?
Una obra ilustrada, basada en el guion de Sergio Sánchez para la película homónima.



CONTAMOS CON VÓS!

Regalo de libros en Biblionamorad@s

O Equipo da Biblioteca, durante todo este mes, pon a disposición da Comunidade Educativa libros procedentes de distintas donacións.

Agardamos que sexan do voso agrado!



Novas adquisicións!!!

Xa se pode disfrutar das últimas adquisicións da Biblioteca!

No expositor que está na entrada, tendes as novidades deste mes; ensaio, novela gráfica, poesía e moito cinema!


15 de maio de 2018

Premio ao mellor guión - Olloboi 2018

Moitísimos parabéns aos 12 alumn@s de 1º, 2º e 4º da ESO do IES Macías o Namorado polo premio ao mellor guión recibido o venres, 11 de maio, no Encontro Olloboi 2018 (festival de cine para escolares).

Curtametraxe realizada no IES Macías O Namorado de Padrón nun obradoiro de audiovisual para tratar o tema da mediación en conflictos. Inclúe a canción de Sés: «Readmirando a condición».


Sentímonos moi orgullos@s do voso traballo e talento!


2 de maio de 2018

NOVIDADES - MAIO

Este mes temos moitas e suxerentes NOVIDADES na nosa Biblioteca. 
  
Animamos a toda a Comunidade educativa a disfrutar das lecturas!

Ana Frank, Federico García Lorca, Frida Kahlo, Femen...

















María Victoria Moreno Márquez, María Reimóndez e Susana Sánchez Arins

30 de abril de 2018

Venres (2º recreo) - Lecturas dun minuto


Pablo Neruda (1904-1973)
 POEMA 20

PUEDO escribir los versos más tristes esta noche.

Escribir, por ejemplo: "La noche está estrellada, 

y tiritan, azules, los astros, a lo lejos".



El viento de la noche gira en el cielo y canta.

Puedo escribir los versos más tristes esta noche. 
Yo la quise, y a veces ella también me quiso.


En las noches como ésta la tuve entre mis brazos.

La besé tantas veces bajo el cielo infinito (...)



Pablo Neruda, Veinte poemas de amor y una canción desesperada.


LECTURAS DUN MINUTO

A actividade foi todo un éxito de participación, por iso, o venres, tivemos que ampliar a lectura ao segundo recreo para poder escoitar a todo o alumnado e profesorado que se implicou co Equipo da Biblioteca.

Despois de disfrutar de William Shakespeare no 1º recreo, escoitáronse poemas de Xosé Luís Méndez Ferrín, de Federico García Lorca, de José de Espronceda e de Pablo Neruda. Non faltou a novela, Sonia e Ángela leron o comenzo de Crónica de una muerte anunciada; nin o teatro, Estela e Joel leron unha escena de La zapatera prodigiosa. Nuria, a profesora de ximnasia, aportou a parte máis emotiva lendo un texto titulado Valgo, que nos convida a que disfrutemos cada día intensamente da vida.


Sonia e Ángela

José Manuel e Ana Villaverde



Nerea 1º ESO C



Estela e Joel 1º ESO B


Nuria
Rematamos as sesións coa intervención  da nosa poeta e coordinadora da Biblioteca, Rosa Enríquez (deleitounos co poema 20 de Pablo Neruda , un poeta "inmenso", como ela mesmo o definiu).


Rosa Enríquez


ESCRIBO PARA NON MORRER PORQUE AS PALABRAS


non queren esluír na boca. desexan ser pronunciadas
aquí.
ti sempre dicías que puxese a alma enteira no que digo.
que difícil pensei. refírome a iso de poñer a alma.
e se a alma é só aquilo que nace da boca de dous?
non é bo que pense tanto as cousas. case mellor abandonarse. (...)

HISTORIA DO MEU CORPO EN LABARADAS

O Equipo da Biblioteca agradece a todo o alumnado e profesorado implicado, tanto na lectura coma na súa presenza durante toda a semana, a colaboración para que esta actividade fora tan exitosa.
Grazas mil!!!