18 de abril de 2018

Día mundial do Libro 2018

        Achégase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2018.


        Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, poeta e editor Fran Alonso, quen xenerosamente cedeu un texto para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas posibilidades e nos efectos da lectura.



17 de abril de 2018

Divinas palabras revolution

"El que esté libre de pecado que tire la primera piedra"


Hoxe, dende a calma que  nos proporciona o paso do tempo, e impactad@s pola representación de Chévere no CDG, reflexionamos sobre o mundo da Galicia do século XXI, dominado pola violencia, a irracionalidade e as paixóns humanas.

Os comentarios máis escoitados entre o noso alumnado foron: "necesito reflexionar sobre a obra", "necesito tempo para asimilar a mensaxe"...

O certo é que non deixou a ninguén indiferente!

A obra conseguiu remover conciencias, activar o pensamento crítico, a reflexión...

Grazas mil por "revolucionar" ao noso estudantado!!!


7 de abril de 2018

Club de lectura Ágora - abril

Divinas palabras Revolution - CDG

O próximo martes 17 de abril, o alumnado de Bacharelato asistirá á representación de Divinas palabras Revolution, unha produción do Centro Dramático Galego a partir do texto de Ramón María del Valle-Inclán.
Deixámosvos esta presentación como "aperitivo"!

21 de marzo de 2018

Novas adquisicións

A Biblioteca recibiu esta semana moitas novidades.

Esperamos que disfrutedes moito coa súa lectura!


20 de marzo de 2018

Día mundial de la Poesía, 21 de marzo

«La poesía es una ventana a la diversidad excepcional de la humanidad». Irina Bokova, Directora General de la UNESCO


Clubes de lectura Ágora


O club de lectura dos "maiores" tampouco faltou a súa cita cos libros na nosa Biblioteca.



 
 Dolores Redondo non defraudou @s nos@s lectores/as!!

El guardián invisible un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora a Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado. Unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le.






 Hoxe, ademáis, tivemos unha sorpresa especial.
 Laura presentounos e convidounos a ler un libro que descubriu hai pouco tempo; INDOMABLE un fenómeno superventas de poesía e a voz máis irreverente de Twitter.


Vémonos no mes de abril!!

Club de Lectura 1º e 2º ESO

Ola a tod@s!!

Hoxe comentamos Escarlatina, a cociñeira defunta, no club de lectura de 1º e 2º ESO.

Aquí podedes ver algunhas fotos desta sesión, pero fixádevos sobre todo na que Mireia está escribindo, porque está tomando nota dalgunha das recetas que aparecen no libro de Ledicia Costas, para que degustemos na próxima sesión de abril.

Apetece, non? Pois a xa sabedes o que tendes que facer o próximo curso!!!!!










18 de marzo de 2018

Club de lectura 1º, 2º ESO

E para rematar a segunda avaliación o club de lectura de 1º e 2º ESO reúnese este martes, 20 de marzo, para comentar o libro de Ledicia Costas: 
Escarlatina, a cociñeira defunta.


15 de marzo de 2018

Encarna Otero. "Mulleres das Irmandades da Fala: María Miramontes"

Onte, mércores 14 de marzo, na biblioteca do IES Macías o Namorado, tivemos  o pracer de escoitar e disfrutar da charla da historiadora e feminista Encarna Otero.

"Mulleres das Irmandades da Fala: María Miramontes" foi o titulo escollido para esta conferencia destinada para o alumnado de Bacharelato.




Escoitamos nomes como Maria Miramontes, Amparo López Jean, Micaela Chao Manciñeiras, Elvira Bao, Pura Lorenza, Coroa González, entre outras. "Mulleres do seu tempo, modernas, traballadoras e activistas", din, que "foron pioneiras en moitos aspectos como o de loitar para que a muller fose suxeito político".












"Elvira Bao" en persoa, grazas á marabillosa colaboración da profesora Carme Saborido, non dubidou en asistir á conferencia para presentar, ao noso alumnado, á historiadora Encarna Otero.









4 de marzo de 2018

Club de Lectura 1º e 2º ESO

Ola a tod@s!

Aquí tedes as fotos da última sesión do Club de Lectura de 1º e 2º ESO do martes 27 de febreiro, na que lemos e comentamos o libro de Carlos Calveiro: Palabras de auga.

Como podedes ver este alumnado traballa moitísimo!!







21 de febreiro de 2018

Club de lectura 1º e 2º ESO

Imparable!!!!

O Club de Lectura de 1º e 2º da ESO reunirase por segunda vez este mes de febreiro o próximo martes 27.

Comentaremos o libro de Marcos Calveiro Palabras de Auga.



7 de febreiro de 2018

Concurso de cartas de amor!

Non vos despistedes!

Xa quedan só dous días para depositar as vosas cartas de amor no buzón situado la Biblioteca!!!❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️


Concurso de cartas de amor




Club de lectura


Onte, martes 6 de febreiro  o club de lectura de 1º e 2º da ESO reuniuse para comentar o libro de Núñez Singala, O Achado do Castro, pero os catro protagonistas do noso club animáronse e interpretaron o último acto da obra teatral. 

Aquí podedes ver a Arpexia (Sara), o Emperador (Alex), Carmiñae (Mireia) e Soldado 1 (Nerea).









Club de lectura - Ana Pose

Aquí vos deixamos unhas fotos da sesión do 26 de xaneiro do clube de lectura organizado e coordinado pola profesora Ana Pose.



A semana pasada, tras rapear con certo éxito varios poemas de Antonio García Teijeiro, comezaron  a preparar un rap co poema de Rosalía de Castro, "Lugar máis fermoso", para o día de 24 de febreiro.



Seguro que vai ser todo un éxito!!!!!




III
Lugar máis hermoso
non houbo na terra
que aquel que eu miraba,
que aquel que me dera.
Lugar máis hermoso
no mundo n’hachara
que aquel de Galicia,
¡Galicia encantada! (...)
 



5 de febreiro de 2018

Club de lectura - febreiro




https://imagessl5.casadellibro.com/a/l/t0/95/9788499144795.jpgDolores Redondo Meira, unha autora navarra de ascendencia galega, constrúe en O gardián invisible, a súa segunda novela, un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora a Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado. Unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le.
O gardián invisible de Dolores Redondo, editada en trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, noruegués, holandés, euskera, grego e galego.


Este mes seleccionamos unha novela de crimen e misterio para comentar no clube de lectura ÁGORA.





1 de febreiro de 2018

Club de lectura - Febreiro

O club de lectura de primeiro e segundo da ESO,
reunirémonos este martes 6 de febreiro para comentar a obra de Manuel Núñez Singala O Achado do Castro.