31 de xaneiro de 2018

Club de lectura xaneiro - Rosa Enríquez

Que ben o pasamos onte!
O alumnado disfrutou coñecendo a faceta de poeta de Rosa Enríquez; falamos de intertextualidade, de catarsis, de porcos, de diálogo, de proceso creativo, de Marilyn Monroe, de labaradas, de llamas...


Xa pasou unha hora? preguntou Aldara cando xa case estabamos concluindo!

Grazas mil, Rosa!!! E grazas ao noso alumnado por participar  na nosa ÁGORA!!!





22 de xaneiro de 2018

Normativa da biblioteca



Rosa Enríquez, Historia do meu corpo en labaradas



Este mes de xaneiro, no club de lectura de 4º e Bacharelato, comentaremos a obra dunha magnífica poeta e profesora do noso centro, Rosa Enríquez.
 Ademais, teremos a sorte de que poderemos contar coa súa presenza para que nos poida resolver calquera dúbida, inquedanza... ou, simplesmente, escoitar como se elaboraron os versos e poesías de Historia do meu corpo en labaradas.

A reunión do club de lectura celebrarase o próximo martes 30 de xaneiro ás 15:15 na Biblioteca do centro.
Non faltedes!


SINOPSIS
Historia de mi cuerpo en llamas constituye una apuesta clara por el conocimiento y reconocimiento de nuestra corporeidad. De alguna manera se quiso hacer visible cómo el cuerpo que somos se ve sometido a juicio. No sólo al ajeno, también al propio. No obstante, hay en este libro otro cuerpo que se declara en llamas, que anhela quitarse el cinturón de seguridad y explorar más allá de las paredes que lo constriñen, porque la voz que lo pronuncia necesita esa libertad. Piénsese en el texto y sus heridas, en las lenguas que lo atraviesan, en todo aquello que lo precede y que, de tanto someterlo a análisis, mina nuestra humanidad. ¿Qué cuentan entonces estos poemas?, podrán preguntarse algunas personas. Marilyn dice que son el relato de un incendio. Yo la creo.
¿Y usted?

16 de xaneiro de 2018

Contos por palabras

Ola a tod@s!!
Hoxe, Mireia, Nerea e Sara (a pesar do incómoda que estaba coa súa escaiola) estiveron lendo fragmentos e comentando o libro de Agustín Fernández Paz Contos por palabras.

Mirade que guapas saíron!!








CINERÁGORA VISITA NUMAX



 CINERÁGORA VISITA NUMAX






O mércores 10 de xaneiro, as cineclubistas de CINERÁGORA visitamos a sala NUMAX para ver
I Am Not Your Negro, un documental no que se dá conta dos textos escritos polo brillante pensador JAMES BALDWIN (foto de arriba)

Este pensador, cuxo traballo foi silenciado durante anos, é recuperado aquí, nun impresionante e crúo documental dirixido polo haitiano RAOUL PECK (foto de abaixo) coa intención de dar a coñecer as reflexións e vivencias deste defensor da negritude, alén de non deixar caer no esquecementos os terríbeis feitos cometidos polos norteamericanos brancos en Estados Unidos durante os anos 40, 50, 60.









Como o noso alumnado cineclubista descoñecía esa parte da historia do mundo, que tan importante nos parece, o luns 8 de xaneiro pola tarde -de 16:00 a 18:30- contamos coa presencia de Alberte Villamarín (foto de abaixo), que, moi amabelmente, aceptou o noso convite para nos achegar a este tramo tan interesante da historia. A charla de Alberte foi ben estimulante. Estámoslle moi agradacidas!





 Deixamos aquí o enlace para que, de vos apetecer, vexades o trailer.

https://www.youtube.com/watch?v=rNUYdgIyaPM.

11 de xaneiro de 2018

Club de lectura - Xaneiro

Ola a tod@s!!

Xa estamos de volta das vacacións de Nadal con moita ilusión e enerxías renovadas!!

Por iso, sen esperar máis, o club de lectura reunirase o próximo martes 16 de xaneiro na biblioteca para comentar a última novela que leremos este curso dun dos nosos escritores favoritos:
Agustín Fernández Paz. 
Nesta ocasión comentaremos: "Contos por palabras".



Os once relatos reunidos neste libro son moi diferentes entre si, máis teñen unha orixe común: todos eles naceron a partir dos anuncios por palabras que atopamos a diario nos xornais.
A galería de personaxes destes contos é tan insólita como variada: un unicornio solitario, un Spiderman moi habilidoso, un vampiro sen emprego, un home lobo namorado, unha nai obsesionada pola publicidade, un león con alopecia, un bruxo fascinado pola informática...
Contos por palabras destaca pola súa orixinalidade tanto nas historias como na forma de narralas. Un libro xa clásico que aposta de forma decidida pola fantasía e o humor.

PREMIO LAZARILLO 1990
LISTA DE HONRA DO IBBY 1992

15 de decembro de 2017

Nadal na Biblioteca


Club de lectura - Decembro




Que pouquiño queda para rematar este primeiro trimestre do curso!

Este mes o alumnado do club de lectura Ágora está lendo unha novela gráfica e o próximo martes, 19 de decembro, reunirémonos na Biblioteca para comentar e intercambiar impresións.

Ánimo cos últimos exames!


"Gorda, vacaburra, zampabollos. Si sigues comiendo así te vas a poner como un tonel y no te va a querer nadie.”
Meritxell ha tenido que oír de todo. En casa lleva sufriendo vejaciones desde pequeña. En el cole se arrima a las marginadas y aguanta el chaparrón. Su falta de autoestima y la acumulación de problemas emocionales le llevará a desarrollar una bulimia. Las cosas irán cambiando, pero requerirán tiempo. Yo, gorda es un cómic basado en hechos reales en torno al maltrato psicológico y los trastornos alimentarios. Una confesión autobiográfica que, como dice su propia autora, empieza mal pero acaba bien.

3 de decembro de 2017

Wonder - Biblionamorad@s




Suxerencia para esta próxima ponte.
Non vos esquezades de que temos o libro na Biblioteca!

SINOPSIS

Todos los públicos
Auggie Pullman (Jacob Tremblay) es un niño que nació con una malformación facial. Ahora, tras diez años de hospital en hospital y de largos periodos en su casa, tendrá que hacer frente a un gran reto: asistir por primera vez a la escuela. Gracias al apoyo de sus padres, Isabel (Julia Roberts) y Nate (Owen Wilson), Auggie tratará de encajar entre sus nuevos compañeros y profesores, demostrando que pese a su físico es un niño como otro cualquiera.

Este melodrama basado en el bestseller Wonder de R.J. Palacio está dirigido por Stephen Chbosky (Las ventajas de ser un marginado). Su reparto protagonista está formado por Julia Roberts (Money Monster, Feliz día de la madre), Jacob Tremblay (La habitación, Somnia: Dentro de tus sueños), Owen Wilson (Zoolander No. 2, Puro vicio) y Mandy Patinkin (Homeland, Mentes criminales).

29 de novembro de 2017

Clubs de lectura Ágora - novembro

Este mes de novembro, a pesares dos exames e de todo o esforzo que supón o final do trimestre, o alumnado de 4º e 1º de Bacharelato, non faltou a súa cita co club de lectura.
Alejandro, Nerea, Alba, Iria, Andrea, Aldara, Ángela e Alba




 Nerea, a protagonista do libro Luns de Eli Ríos, suscitou un debate ben interesante sobre a violencia machista que, aínda, neste século XXI, asasina a tantas mulleres.
Dende a Biblioteca intentamos tecer esa rede de afectos, proposta por Eli, para poder axudar, acompañar e loitar con todas as mulleres que nos necesiten.

Alex, Nerea, Mireia, Sara e Anabel disfrutando do libro Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.

Libros e galletas!!!! 
 A "familia" dos biblionamorad@s vai pouco a pouca facéndose máis grande.
Este mes, Ana Pose, a profe de Sociais e Plástica, fíxose cargo dun novo club de lectura a ritmo de: O piano / no no pía/ fachendoso polo día..
Moitas felicidades polo éxito de convocatoria e a participación activa do alumnado!
         


21 de novembro de 2017

Charla con Eli Ríos. Biblionamorad@s espazo libre de violencia machista

Hoxe, o alumnado de 1º de Bacharelato e 4º da ESO disfrutou coa presenza e coas contundentes palabras de Eli Ríos dende o primeiro minuto da súa intervención!
 

"A conciencia pesa por todos o minutos que puido salvar" (Luns, Eli Ríos) 


8 de novembro de 2017

Club de lectura ÁGORA - Novembro

       O martes, 28 de novembro, celebraremos a segunda reunión dos clubs de lectura ÁGORA.
Coma a vez anterior, xuntarémonos na Biblioteca do centro ás 15:15.
      O alumnado de primero e segundo, coordinado pola profesora Anabel, comentará o libro de Agustín Fernández Paz, Cartas de inverno.
      Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.

 
   


      As rapazas e rapaces de 4º e de 1º de Bacharelato, acompañados pola súa profesora Lourdes, farán o mesmo, pero co libro de Eli Ríos, Luns.

     Nerea ten a vida organizada. Pode considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e un fillo, casada e con casa propia. No entanto, un luns recibe un diagnóstico de cancro de mama que o cambia todo. Vai morrer e ten apenas dous meses por diante e mil cousas pendentes por facer, que non poden ficar sen resolver. Moi pouco tempo e á vez suficiente para se decatar de que a súa realidade non lle permite encontrar un modo de se enfrontar á situación. Coa certeza da morte pairando en cada recuncho toma consciencia dunha realidade que non sempre é o que parece. Unha realidade oculta a plena luz do día. " Luns " , gañadora do Premio Torrente Ballester de novela en 2016, está escrita cunha técnica arriscada, valente e innovadora, que prescinde de adobíos e consegue conmover, logrando facer partícipe a quen a le das circunstancias que acontecen no día a día de Nerea.
Contamos con vós!

6 de novembro de 2017

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

MANIFESTO DE ÁNGEL CARRACEDO


Un grande empresario dicíame non hai moito tempo: “Aos científicos valorarannos aquí cando algún se faga moi rico cos seus achados”.
A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba de todo.
Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar.
Gustaríalles traballar na súa terra, pero para iso precisan medios para investigar e un salario que lles permita vivir. Non lles importa que non sexa moito o que gañen, pero si que o proxecto, o grupo onde traballan e o ambiente sexa estimulante.
E temos que procurar entre todos que estas condicións se dean aquí. O noso número de investigadores é aínda moi baixo e as condicións nas que se desenvolve o seu traballo distan moito de ser comparables coas dos países máis desenvolvidos.
E é preciso cambiar esta situación. A investigación é o motor do desenvolvemento e da riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento e mesmo captar novo talento do exterior.
Tamén temos, os propios científicos, que integrarnos máis na sociedade, na nosa cultura, no noso sistema produtivo, e sobre todo contar o que estamos facendo.
Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante, pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que aínda non conseguimos chegar a entender. Saber isto é a única maneira de que a xente valore o que os científicos fan, pero sobre todo é a única maneira de comprender o mundo que nos rodea e poder xulgar criticamente o que nos din, o que é igual que ser máis libres.
E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo no nosa lingua. “Sentímolo noso”, escribía unha mestra dun dos institutos (o meu favorito) onde cada vez que podo voulles contar o que facemos aos alumnos. Entusiasmo e proximidade son a clave da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran dedicarse a ela.
Texto do científico Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia

1 de novembro de 2017

Benvido novembro!

O equipo da Biblioteca xa case ten todo preparado para disfrutar das actividades deste mes.

Biblionamorad@s unirase  á celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS; o alumnado visionará, grazas a Cinerágora filmes de temática científica, asistirá a charlas de dous divulgadores do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), poderá achegarse á mesa con libros e revistas de temática científica, instalada na entrada do centro  e presidida polo esquelete prestado polo  Departamento de Bioloxía, e moitas actividades máis, segundo vaian xurdindo!

Por suposto, a Biblioteca participará en coordinación co Equipo de Normalización Lingüística do centro, na celebración do Día Internacional Contra a Violencia de xénero.

 De feito, o club de lectura dos maiores deste mes, tendo en conta a importancia da reivindicación desta data, escolleu como lectura o libro de Eli Ríos, Luns, novela gañadora do primeiro Premio Torrente Ballester convocado só para obras en galego, na que a autora presenta á protagonista dende unha perspectiva de xénero innovadora e, como xa lin no Twitter de biblionamorad2s, "sorprendente. Final desconcertante". Ademais, temos a sorte de poder contar con ela o 21 de novembro! Virá a comentar a súa obra co alumnado de 1º de Bacharelato e cos participantes no club de lectura.

Que vos parece?

Benvido novembro!!!!

25 de outubro de 2017

Clubs de lectura - Outubro

Aquí vos deixamos unhas fotos dos clubs de lectura Ágora.
Pasámolo moi ben!
Vémonos en novembro con máis lecturas!!



Orgullos@s do noso alumnado!!!

Moitísimas felicidades!!!
Dende a Biblioteca, ágora aberta a nosa comunidade educativa, queremos felicitar ao noso alumnado de Bacharelato polo traballo ben feito e recoñecido no OUFF (Festival de cine internacional de Ourense).


22 OUFF | VERBA | OUFF ESCOLA from OUFF - Ourense Film Festival on Vimeo.

24 de outubro de 2017

Feliz día das Bibliotecas!

Feliz día das Bibliotecas!!!!


Convidámosvos a disfrutar deste vídeo das Bibliotecas máis fermosas da Terra.😉📚📚📚



19 de outubro de 2017

O PROXECTO ÁGORA: UN ESPAZO DE RESISTENCIA COA FILOSOFÍA

Onte mércores, 18 de outubro, a nosa benquerida María Vilas e Jorge Cendón, estudantes de filosofía, viñeron á nosa biblioteca para presentar LAZARUS, unha revista de Filosofía e Arte confeccionada polo alumnado da súa facultade. A verdade é que este encontro con Vilas e Cendón resultou moi interesante, porque nel saiu a colación algo ben importante: a construción dun pensamento libre, propio, que xorde sempre do autocoñecemento. María Vilas incidiu na idea de que a filosofía aparece no momento no que unha persoa, independentemente do seu nivel cultural, comeza a facerse preguntas sobre aquilo que a arrodea, porque decide non aceptalo sen máis. Insistiu por tanto tamén na recuperación do feito de filosofar como algo que todas e todos podemos facer. Non só cando cuestionamos os nosos sistema de crenzas, mais tamén cando actuamos. Así, para ela, viaxar é tamén filosofía, do mesmo xeito en que o é falar de arte, de cinema ou de teatro. A filosofía, engadiu Jorge Cendón está en todo. Tamén na xestión das emocións.

Nesta conversa, pareceunos moi atinado o que apuntou o novo profe de Filosofía, Álvaro, que puxo enriba da mesa algo ben interesante. Referímonos á idea que latexaba polo baixo da charla e da propia revista LÁZARUS: a necesidade de crear ESPAZOS DE RESISTENCIA, porque neles poden facer oír a súa voz, para manifestaren opinións, ideas ou, moi importante, elaborar proxectos en común.

Álvaro, o profe de Filosofía, a falar dos ESPAZOS DE RESISTENCIA.


María Vilas e Jorge Cendón presntando LÁZARUS.

O alumnado de 1º de BACHARELATO durante a charla.