27 de febreiro de 2019

Onte, no Club de Lectura que coordina Isabel Mouriño, falouse de Ons, a novela de Carlos Meixide (Vilagarcía de Arousa, 1977). Despois de leren Penúltimas tendencias e A balada dos Unicornios, entre outros libros, comentouse esta historia, que, polo visto, gustou moito.

Ons é una novela moi acaída para o grupo que leva Isabel, constituído polo alumnado de 1º ESO e
2º ESO. Nela, o autor dá conta do que acontece na illa de Ons a catro xoves personaxes que se inician na amizade e no amor. Alén disto hai nela un misterio que será finalmente descuberto. Como vedes, este relato xuvenil conta con bos ingredientes para atraer as nosas lectores e lectores. Non nos sorprende entón que esta historia teña enganchado o alumnado do Club de Lectura.
Moitos parabén á profesora polo bo facer!





Ningún comentario: