25 de abril de 2018

Mércores - Lecturas dun minuto



Vivamus, mea Lesbia, atque amemus,
rumoresque senum severiorum
omnes unius aestimemus  assis.
Soles occidere et redire possunt:
nobis, cum semel occidit brevis lux,
nox est pepertua una dormienda.

Catulo (87 a C- 57 a. C)










Emocionante a sesión de hoxe! Demos paso ás lecturas cun poema de Catulo e continuamos co capítulo IX de Le petit Prince, a novela de Exupéry. Fíxose esta lectura en francés, portugués, castelán e galego. Despois seguimos cun fragmento de La théorie King kong, da feminista punki Virginie Despentes, algúns poemas de Lois Pereiro, etc.

Valeria e Cristina
Antón e Alejandra


Alba e Carlota
Aldara e Sara



24 de abril de 2018

Club de lectura de 4º da ESO e 1º BACHARELATO

          Esta foto, sacada hoxe no clube de lectura do mes de abril, móstranos a presentación da última lectura (con un pouco de pena) do clube de lectura dos maiores.
          O entrañable señor Linh deixa paso ao misterioso mundo dos irmáns Marrowbone; seguro que esta última lectura nos vai deixar con ganas de máis.

Vémonos en maio!!!!


CLUB DE LECTURA 1º,2º,3º ESO

Hoxe, 24 de abril reuniuse o club de lectura para comentar o paso da escritora María Reimóndez polo noso instituto.


Foi unha sesión extraordinaria e o noso alumnado estivo encantado coa presenza desta fantástica escritora e comentaron que foi maravillosa a posibilidade de poder falar con ela persoalmente debido ao seu prestixio profesional!!


Estaban entusiasmados coa idea de poder repetir a mesma experiencia para o próximo curso!!


Martes - lecturas dun minuto




                                                                            Roland BARTHES (1915-1980)

                                 
 Discrédité par l'opinion moderne, la sentimentalité de l'amour doit être assumée par le sujet amoureux comme une transgression forte qui le laisse seul et exposé ; par un renversement de valeurs, c'est donc cette sentimentalité qui fait aujourd'hui l'obscène de l'amour.

Roland BARTHES, "Fragments d' un discours amoureux"


 Desacreditada pola opinión moderna, a sentimentalidade do amor ten de ser asumida polo suxeito amoroso coma unha forte transgresión, que o deixa só e exposto; por unha inversión de valores, é pois esta sentimentalidade o que constitúe hoxe o obsceno do amor.

(Tradución)


                                       LECTURAS DUN MINUTO

O coronel non ten quen lle escriba, dixo Damian. Creo era un tipo diferente, alguén solitario. De feito, dicíanlle O lobo estepario, e, sempre sempre sempre, dende aquela altura, xusto no cumio d' A Montaña máxica, experimentaba De profundis, todo o saber daquela morea de xente. Vuelva usted mañana, e despois cante, cante ese Canto a Teresa, pronuncie un amor altísimo, diga o de que imos vivir en los pronombres. Acéptese iso de que La voz a ti debida é un pouco a que nos rouban algunhas veces.

A voz da boca:  esa que muere en tus ojos, que son, niña, verdes como el mar te quejas....

Entregámoslle ao noso alumnado este fío que agroma nas miradas limpas que tanto agradecemos cando veñen ler eses textos deliciosos de Espronceda, Aleksander Pushkin, Pessoa, Ferrín, Celso Emilio..

Lúa
Rocío




Roi e Natalia

Martín e Carme

Rodrigo e Sabela


Lidia e Miguel Ánxel

23 de abril de 2018

TROCO DE LIBROS



 Animádevos a participar nesta interesante iniciativa do Equipo da Biblioteca!!

LUNS - LECTURAS DUN MINUTO


Neste luns, 23 de abril, iniciamos na Biblioteca as nosas LECTURAS DUN MINUTO
A profesora de Lingua Castelá, Lourdes Lema, deu comezo a estas sesións, acompañada do alumno de 4º ESO, José Cerqueiras, co fragmento inicial de Don Quijote.

A partir de aí, seguiron outros textos ben interesantes, extraídos por exemplo de novelas fascinantes como La Regenta, de Clarín, ou  Frankenstein o el Prometeo moderno, de Mary Shilley.
Continuaremos con estas sesións ao longo da semana, no primeiro recreo. A intención non é outra que lle render unha modesta homenaxe á literatura universal, que pon de manifesto a capacidade humana de xerar coñecemento e beleza.
José


Araceli e Candela



Candela e Julia



Carlota e Nerea
Catuxa e Paola




22 de abril de 2018

Club de lectura 1º, 2º e 3º ESO

O Club de lectura de 1º, 2º e 3º ESO, reunirase o próximo martes, 24 de abril, no RECREO, nunha sesión extraordinaria, para comentar e valorar o paso da escritora María Reimóndez polo noso Instituto e analizar o seu libro "Corredora".





19 de abril de 2018

Lecturas de 1 minuto - Día do libro 2018

Charla María Reimóndez

Onte, 18 de abril, disfrutamos da presenza na nosa Biblioteca de María Reimóndez; non só nos falou da súa novela Corredora (lectura obrigatoria en 1º da ESO, voluntaria en 3º da ESO e libro de lectura do clube do primeiro ciclo deste mes), senón que tamén compartiu con nós a súa labor en Implicadas/os no desenvolvemento  e a súa faceta como intérprete.


Grazas, María Reimóndez por lembrarnos que o mundo precisa de accións no noso micromundo!



18 de abril de 2018

Día mundial do Libro 2018

        Achégase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2018.


        Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, poeta e editor Fran Alonso, quen xenerosamente cedeu un texto para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas posibilidades e nos efectos da lectura.



17 de abril de 2018

Divinas palabras revolution

"El que esté libre de pecado que tire la primera piedra"


Hoxe, dende a calma que  nos proporciona o paso do tempo, e impactad@s pola representación de Chévere no CDG, reflexionamos sobre o mundo da Galicia do século XXI, dominado pola violencia, a irracionalidade e as paixóns humanas.

Os comentarios máis escoitados entre o noso alumnado foron: "necesito reflexionar sobre a obra", "necesito tempo para asimilar a mensaxe"...

O certo é que non deixou a ninguén indiferente!

A obra conseguiu remover conciencias, activar o pensamento crítico, a reflexión...

Grazas mil por "revolucionar" ao noso estudantado!!!


7 de abril de 2018

Club de lectura Ágora - abril

Divinas palabras Revolution - CDG

O próximo martes 17 de abril, o alumnado de Bacharelato asistirá á representación de Divinas palabras Revolution, unha produción do Centro Dramático Galego a partir do texto de Ramón María del Valle-Inclán.
Deixámosvos esta presentación como "aperitivo"!

21 de marzo de 2018

Novas adquisicións

A Biblioteca recibiu esta semana moitas novidades.

Esperamos que disfrutedes moito coa súa lectura!


20 de marzo de 2018

Día mundial de la Poesía, 21 de marzo

«La poesía es una ventana a la diversidad excepcional de la humanidad». Irina Bokova, Directora General de la UNESCO


Clubes de lectura Ágora


O club de lectura dos "maiores" tampouco faltou a súa cita cos libros na nosa Biblioteca.



 
 Dolores Redondo non defraudou @s nos@s lectores/as!!

El guardián invisible un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora a Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado. Unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le.






 Hoxe, ademáis, tivemos unha sorpresa especial.
 Laura presentounos e convidounos a ler un libro que descubriu hai pouco tempo; INDOMABLE un fenómeno superventas de poesía e a voz máis irreverente de Twitter.


Vémonos no mes de abril!!

Club de Lectura 1º e 2º ESO

Ola a tod@s!!

Hoxe comentamos Escarlatina, a cociñeira defunta, no club de lectura de 1º e 2º ESO.

Aquí podedes ver algunhas fotos desta sesión, pero fixádevos sobre todo na que Mireia está escribindo, porque está tomando nota dalgunha das recetas que aparecen no libro de Ledicia Costas, para que degustemos na próxima sesión de abril.

Apetece, non? Pois a xa sabedes o que tendes que facer o próximo curso!!!!!










18 de marzo de 2018

Club de lectura 1º, 2º ESO

E para rematar a segunda avaliación o club de lectura de 1º e 2º ESO reúnese este martes, 20 de marzo, para comentar o libro de Ledicia Costas: 
Escarlatina, a cociñeira defunta.


15 de marzo de 2018

Encarna Otero. "Mulleres das Irmandades da Fala: María Miramontes"

Onte, mércores 14 de marzo, na biblioteca do IES Macías o Namorado, tivemos  o pracer de escoitar e disfrutar da charla da historiadora e feminista Encarna Otero.

"Mulleres das Irmandades da Fala: María Miramontes" foi o titulo escollido para esta conferencia destinada para o alumnado de Bacharelato.




Escoitamos nomes como Maria Miramontes, Amparo López Jean, Micaela Chao Manciñeiras, Elvira Bao, Pura Lorenza, Coroa González, entre outras. "Mulleres do seu tempo, modernas, traballadoras e activistas", din, que "foron pioneiras en moitos aspectos como o de loitar para que a muller fose suxeito político".












"Elvira Bao" en persoa, grazas á marabillosa colaboración da profesora Carme Saborido, non dubidou en asistir á conferencia para presentar, ao noso alumnado, á historiadora Encarna Otero.









4 de marzo de 2018

Club de Lectura 1º e 2º ESO

Ola a tod@s!

Aquí tedes as fotos da última sesión do Club de Lectura de 1º e 2º ESO do martes 27 de febreiro, na que lemos e comentamos o libro de Carlos Calveiro: Palabras de auga.

Como podedes ver este alumnado traballa moitísimo!!